sábado, 21 de diciembre de 2013

BO NADAL E FELIZ 2014



Con moito agarimo desexo a todos os meus seguidores unhas magníficas Festas de Nadal e un Feliz Aninovo 2014, cheo de esperanza e oportunidades para todos e que saibamos cun corazón sinxelo gozar das cousas que proporcionan a felicidade: a amizade, o amor, a Natureza, a poesía, a música, a lectura, o teatro, o cine, a pintura, a conversa amigable...; as cousas sinxelas, non precisamente materiais. Desexo que atopemos a Verdade, que acolle todas as verdades; non a túa verdade, a verdade.

Nesta Adoración dos Pastores, da fachada da Natividade do templo da Sagrada Familia de Gaudí, de Barcelona personifico as palabras anteriores. Aos pastores, xente humilde, sinxela, do pobo pobre, Deus dase a coñecer nunha Epifanía que nos indica quen son os preferidos de Deus. Son tamén os nosos preferidos?

Existe un vínculo inseparable entre nuestra fe y los pobres. Nunca los dejemos solos. (Papa Francisco).

jueves, 19 de diciembre de 2013

ACTUACIÓN DE CHALUMIAUX EN EL CENTRO COMERCIAL AROUSA



Dentro del ciclo de conciertos, PONLE MÚSICA A LA NAVIDAD, este sábado 21 a las 17:00 h. actúa el grupo de clarinetistas CHALUMIAUX del Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa. Es un grupo joven, lleno de alegría y buena música, no en vano recibieron un primer premio en la III MOSTRA MUSICAL del Eixo Atlántico. Tenemos, pues, en este ciclo navideño una cita con CHALUMIAUX este sábado a partir de las 17:00 h. en la segunda planta del CENTRO COMERCIAL AROUSA. Nos veremos allí.

martes, 17 de diciembre de 2013

NOVO LIBRO DE SABELA MUÑIZ





O sábado 21, ás 19:00 h. no Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, Sabela Muñiz presenta a súa segunda novela, que ten por título: A PORTA DE EUROPA. Acompañaremos neste acto literario, de parto feliz dun novo libro da moza e importante escritora vilagarciá. Contaremos coa animación musical do grupo de acordeóns e voces AROUSA BAY, dirixido por Alfonso Galbán. A todos os amantes da literatura galega animámolos a participar neste acontecemento tan grato como é a presentación en público dun novo libro e paralelamente gozaremos da boa música do grupo AROUSA BAY.

martes, 10 de diciembre de 2013

ACTUACIÓN DO CORO PARROQUIAL DE VILAXOÁN



O venres 14 de decembro ás 20:30 h. na segunda planta do Centro Comercial Arousa, actuará o Coro Parroquial de Vilaxoán, dentro do ciclo de concertos de Nadal: "Ponle música a la Navidad". Na primeira parte, ofrecerán un repertorio de cancións populares de toda a vida, na segunda, ofrecerannos un amplo repertorio de vilancicos. Esta é a historia do grupo:

        El Coro Parroquial de Vilaxoán, data de marzo del 1977. Surge por iniciativa de su cura párroco Don Lino Arcos Salgado y nace de la mano de su directora-fundadora, ya desde aquel entonces y hasta hoy, doña   Mª del Carmen Muñiz Soto; con el propósito de acompañar la celebración de la eucaristía el la catequesis del domingo.
        Son muchos los niños y jóvenes que con sus voces y a lo largo de estos treinta y cinco años de vida, hacen de este grupo un referente, hoy ya consolidado, cuenta entre sus miembros con dos generaciones, y es motivo de satisfacción.

        En su trayectoria destacamos su participación en concursos de villancicos, consiguiendo la mayoría de la veces el mayor galardón, además están presentes en las celebraciones propias de la parroquia: Corpus Christi, Corazón de Jesús, Festividades del Carmen y del Rosario, y como no de su patrón San Martiño, así como en determinados actos; comuniones, bodas, aniversarios, homenajes, eventos deportivos, etc.

        Además de esto, colaboran con organizaciones benéficas como son Cáritas Parroquial e Interparroquial y Fundación Amigos de Galicia, y por estas fechas tan señaladas visitan y amenizan con sus canciones residencias de ancianos y centros de día.

        Hoy nos acompañan para dar muestra de su buen cantar, con temas de hoy y de siempre y otros propios de su repertorio que esperamos sean del agrado de todos ustedes, agradeciendo de antemano la invitación a participar en este acto que aquí nos reune.

HOXE A NOSA QUERIDA AMIGA E COMPAÑEIRA DA MESA DAS VERBAS, MARÍA PALACIOS, PASOU Á CASA DO PAI. AGORA ESTARÁ TECENDO ENTRE AS ESTRELAS OS SEUS SENTIDOS E SEMPRE FERMOSOS VERSOS, ELA QUE FOI "EN EL BUEN SENTIDO DE LA PALABRA, BUENA" DISFRUTA XA EN PAZ DO SEU XESÚS CÓSMICO, DA VIDA PLENA E MISTERIOSA DO COSMOS. MARÍA PARA SEMPRE NA NOSA LEMBRANZA. (A XXXIII MESA DAS VERBAS, CORRESPONDENTE AO MES DE XANEIRO, SERÁ UN HOMENAXE POÉTICO A MARÍA PALACIOS). LEMBRÉMOLA SEMPRE VITAL E DIGNA, E AMEMOS O QUE ELA AMABA, A VIDA. 12/12/2013, FESTIVIDADE DE NOSA SEÑORA DE GUADALUPE.

jueves, 5 de diciembre de 2013

CONCERTOS DE NADAL


Nestes momentos de dificultade, compre fixarse e disfrutar das cousas sinxelas e pequenas da vida. Coa música podemos olvidar as penas, compartir a ledicia, pasar uns intres divertidos e agradables. Eso é o que se pretende con esta serie de concertos, que axudamos a xestionar e poñer en marcha. O día 7 ás 20:30 h., podemos gozar da actuación do coro VOCES AMIGAS DE VILAGARCÍA, dirixido por Chiruca Rivera. Unha semana despois, o sábado 14, actuará o veterano CORO PARROQUIAL DE VILAXOÁN, tamén ás 20:30 h. Para finalizar o ciclo, o sábado 21, pero ás 17:00 h. é a quenda do grupo de clarinetes CHALUMIAUX do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa. Todos os concertos terán lugar na segunda planta do CENTRO COMERCIAL AROUSA. /// Xa de antemán BO NADAL e feliz ANINOVO-2014 e a gozar coa música neste Nadal.

domingo, 24 de noviembre de 2013

BENVIDA A REINAUGURACIÓN DO SALÓN GARCÍA












Como limiar, indicar que os orzamentos públicos deberan repartirse con criterios obxectivos e non con criterios electoralistas ou ser utilizados nun lugar cando converxen administracións “amigas”. Deixando xa clarexado o asunto da utilización dos cartos públicos, que son de todos, dar a benvida á esperada e desexada volta do Salón García, máis coñecido en Vilagarcía como o Mercantil. É unha sala de espectáculos pequena, coqueta, histórica (creada en 1884) e a única que sobreviviu á maldita “piqueta” que levou por diante: o Varietés, o Vilagarcía, o Arosa, o Cervantes, o Fantasio... En Vilagarcía non soubemos respectar a riqueza arquitectónica e o valor histórico de tantos edificios e barrios emblemáticos da cidade, o bestial e erróneo desenvolvemento urbanístico priváronnos de tantos interesantes edificios que só quedan na lembranza e ao ollar vellas fotografías e antigas postais. Ou en documentais, como o estreado nesta reinauguración e confeccionado polo departamento de Comunicación do noso Concello. O Salón García será un lugar oportuno para a utilización de tantos grupos e artistas como ten Vilagarcía, aos que hai que potenciar e apoiar, brindándolles a todos tempos e espacios para que poidan ofrecer a toda a poboación a súa arte. Coas súas 320 localidades é un salón apropiado para espectáculos que non atraen a un gran público, aquí os artistas sentiranse máis acollidos, nun salón familiar e fermoso e non nun frío, mal insonorizado, amén doutras moitas deficiencias, onde con trescentos ou catrocentos espectadores semella que estás na soidade máis absoluta. Con esto, non quero dicir que o Auditorio non teña a súa función e a súa utilidade e que foi un ben para Vilagarcía e que esta se merecía (agravios comparativos si os había en sintonía co que diciamos no limiar) e aínda e a pesares de todas as deficiencias que atesoura un edificio de todo un premio nacional de arquitectura, como algúns din que dixo Castelao: “Cousas veredes”. Dámoslle a entusiasta benvida ao Salón García, que agora dispón de numerosos camerinos, salas auxiliares, almacén... Parabéns e polo menos outros 130 anos máis para o Salón García e que nel se repita moito: Arriba o pano! (AS IMAXES FORON TOMADAS O DOMINGO 17/11/2013, A PARTIRES DAS 13:00 H., NO ACTO DE PRESENTACIÓN AOS GRUPOS LOCAIS DO SALÓN GARCÍA).




miércoles, 13 de noviembre de 2013

XXXII MESA DAS VERBAS


O 15 temos preparada unha Mesa / chea de verbas, de estrelas e cantares. / Vinde todos probar versos e ilusións, / todos gozaremos con tan gorentosos xantares. // Espallade a ledicia de compartir / tempo e poemas para vivir. /// Nesta ocasión, compartimos Mesa e versos: Manoel Xosé de Oliveira, Rafa Gómez, José Tizado, Tere Briones, Carme Abalo, José González, Begoña, Encarna, Jean Carballo, Alfonso Saavedra, Maruxa Ribadulla,  Eduardo Víctor Castro López, Enrique Brumbéck, Augusto Guedes, Andrea Fernández, Xermán Manoel Torres. /// Quedámonos cuns versos escollidos de nosa amiga Begoña: "La amistad es tan delicada / como una rosa... / porque sin amistad / no podemos vivir. / ¡Oh, bella amistad!

 

viernes, 8 de noviembre de 2013

XII MEMORIAL FILGUEIRA VALVERDE (III)






















O xoves 7 de novembro de 2013, como sempre coa máxima puntualidade, sobre as 20:00 h., comeza esta terceira sesión do XII MEMORIAL FILGUEIRA VALVERDE. Procede á presentación do conferenciante nesta sesión de clausura do memorial, José Carlos Valle Pérez, director do Museo de Pontevedra. Indica que o conferenciante de hoxe é o máximo experto do tema que vai desenvolver, a arte do Neolítico en espacios funerarios e vaino facer na súa dobre condición de experto e conservador de arte. O feito de que esta sala estivera repleta de público durante estes tres días, é significativo do interese que suscitan os temas que se trataron. Remata agradecendo ao público a súa fidelidade e tamén amosa a súa gratitude á Vicerretoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo polo seu apoio ao Memorial e agarda que o vindeiro ano poida celebrarse aquí mesmo a edición XIII. Cédelle a palabra ao conferenciante, Fernando Carrera Ramírez, da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, que vai disertar sobre: ARTE NA ÉPOCA NEOLÍTICA. EXPRESIÓNS EN ESPAZOS FUNERARIOS. Empeza dicindo que coñece de vai moito tempo a Valle Pérez e ao Museo, cos que ultimamente e por medio da Escola Superior de Conservación ten unha constante e fructífera colaboración que desexa continúe. No Neolítico e na época do Megalitismo prodúcese o inicio da agricultura, da domesticación de animais... E xorden as primeiras construccións monumentais, o chamado megalitismo (dolmens, mámoas). Aparecen unhas expresións artísticas e monumentais de certa complexidade. Falamos de hai seis mil anos e as produccións son de gran interese patrimonial. Trátase de patrimonio real, tanxible, relevante; que desgraciadamente carece de recoñecemento social. Os dolméns estaban sempre decorados con pinturas e gravados, alomenos os grandes dolmens. A relevancia social non está conseguida por eivas na súa transmisión e divulgación. Este patrimonio é moi débil e sensible, de difícil conservación e coa posibilidade de que se perda. Oxalá se produza un cambio de tendencia cara a protección deste relevante patrimonio. Na miña faceta de conservador falarei das perdas irreparables que teñen lugar e que se podería facer para frear esta dinámica. Ultimamente, estanse a consolidar equipos de traballo, proxectos de investigación e aumentan as publicacións, os traballos escritos, o número de achados tamén téñense multiplicado, sobre todo de xeito cualitativo máis que cuantitativo, non deixan de medrar o número de xacementos. Irán aparecendo máis monumentos con gravados e pinturas, nos monumentos ao aire libre as pinturas vanse perdendo. Os grandes monumentos albergarían aos difuntos e aos deuses ou a ambos xuntos. Como non trasladaron a monumentalidade aos seus hábitats naturais e cotiás? O carácter funerario está máis relacionado cos "túmulos" que cos dolmens, aínda que coinciden; non ten sentido un dolmen sen "túmulo". E curioso sinalar que os corredores teñen orientación Sur, Sureste. A continuación relaciona toda unha serie moi importante de monumentos: - ROZA DAS MODIAS (Vilalba-Lugo), aquí de momento só se atoparon gravados, cando se excave máis quizais aparezan pinturas. - CHAN DE ARQUIÑA (Moaña - Pontevedra), posúe pinturas. - A MINA PARXUBEIRA (Mazaricos - A Coruña). -ANTA DO MEIXUEIRO (Vigo - Pontevedra). - PEDRA CUBERTA (Vimianzo - A Coruña), con pinturas de moita calidade. - CASA DOS MOUROS (Vimianzo - A Coruña). Lamentablemente todos os dolmens foron violados en busca de posibles tesouros. Posuían técnicas de pintura e destrezas na utilización de distintos materiais e utillaxes, realizaban uns rebocos en branco, entrando na cámara todo era branco e con decoración. - ANTA DE AXEITOS (Ribeira - A Coruña). - DOMBATE. Haberá que tomar as precaucións necesarias para que non desaparezan as pinturas, que o fan con moita facilidade. - ARCA DO BARBANZA (Boiro - A Coruña). Sinalar a relevancia simbólica dos dolmens e a capacidade e habilidades técnicas para trasladar as lousas sen fracturalas e a distancias considerables. ARTE PARIETAL, atopámolo, por exemplo, na MÁMOA DA CRUZ (Lalín - Pontevedra), con interesantes gravados. - PICOTO DO VASCO (Vila Nova de Paiva - Portugal). O gravado e a pintura son fenómenos paralelos. - MOTA GRANDE (Verea - Ourense). - ROZA DAS MODIAS (Ourense). - MÁMOA 2 PORTELA DO PAU (Melgaço - Portugal). PINTURA: Destacan en: - MÁMOA DE EIREIRA (Viana do Castelo - Portugal) con pigmentos vermellos. - MÁMOA DO AGRO DA PENA (Dozón - Pontevedra). - ANTA DE ANTELAS (Oliveira de Frades - Portugal), A paleta de cores que utilizaban eran o branco, vermello e negro. - DOLMEN DO PADRAO (Paredes - Portugal). E os motivos dos debuxos e gravados que se repiten, existindo unha especie de tradición cultural son: ondulados, zig-zags. - DOLMEN DE DOMBATE (Cabana - A Coruña), que está totalmente excavado e que ofrece unha moi ampla e rica información. Nas pinturas topamos dúas técnicas, unha simple e outra complexa. - FORNO DOS MOUROS (Toques - A Coruña). A arte megalítica esta exposta non só ao deterioro da metereoloxía senón tamén as accións humanas. - MÁMOA 1 DE JUNCAL (San Pedro do Sul - Portugal). - ORCA DO TANQUE (V.N. Paiva - Portugal). Sábese que se reutilizaban materiais que se trasladaban doutros monumentos. Como vimos mantendo as grandes construccións do Neolítico contaban con pinturas e incluso esculturas. A arte megalítica é evolutiva, que mellora, avanza, se perfecciona. As lousas que moitas veces son reubicadas e reutilizadas son representacións antropomorfas. - MÁMOA DO MONTE DOS MARXOS (Rodeiro, Pontevedra).: Abrasión, pintura simple, pintura complexa, reestructuración, datación con C-14: 4.380 - 3980 / 3.810 - 3.630. Inclinámonos por unha antigüidade de entre catro mil cen anos e catro mil douscentos. Son tan sensibles a pintura e os monumentos megalíticos que están expostos a múltiples agresións que fan que desaparezan moitos restos. Como xa dixemos repítense nas pinturas e gravados os mesmos motivos (zig-zags, ondulados), incluso un motivo por non sabelo definir nin nomear ben, recibe nunha coñecida publicación a denominación de "la cosa", propio de aquí é a técnica do reboco, que xa temos indicado. Posiblemente o dolmen teña unha orixe funeraria, para co paso do tempo ter un uso como un lugar de culto, como un templo para celebrar ritos simbólico-relixiosos e pasar de ser tumbas comúns a enterramentos de certos caudillos ou personaxes notables. Son cuestións difíciles de dilucidar, de moi complicada contestación. Pero pode constatarse que hai unha certa unidade cultural. A pintura, por exemplo, é unha característica común de todos os dolmens. Diante da pregunta sobre a diferencia entre mámoa e dolmen, o conferenciante contesta que a mámoa e o "túmulo"; mámoa en galego; "túmulo en castelán. E sendo as 21:40 h. finaliza a conferencia e dase por clausurado este XII MEMORIAL FILGUEIRA VALVERDE, en honra e lembranza do erudito pontevedrés que foi director do instituto da súa querida Pontevedra, director do seu Museo e alcalde da súa cidade natal (1959-1968), ademais de ser un dos grandes intelectuais e personaxe importantísimo da nosa amada Galicia.

jueves, 7 de noviembre de 2013

XII MEMORIAL FILGUEIRA VALVERDE (II)

O mércores 6 de novembro de 2013, ás 20:00 h., da comezo a segunda sesión do Memorial. Antonio de la Peña Santos abre o acto agradecendo a organización deste Memorial por xuntar nesta oportunidade a tres dos grandes pesos pesados da Prehistoria de Galicia. Continúa dicindo que hai máis de trinta anos que coñece e é amigo do conferenciante de hoxe, Ramón Fábregas Valcarce. Os dous somos persoas incómodas para a Administración, un investigador ha ser crítico co poder. O conferenciante de hoxe é o Catedrático de Prehistoria na Universidade de Santiago de Compostela, á condición académica se xunta que é un referente da Prehistoria en Galicia, é a cabeza visible desa disciplina na nosa comunidade. Sempre tivo a iniciativa de formar equipos de traballo. É tamén un dos poucos investigadores de Galicia que da a coñecer os seus traballos por medio de publicacións, ademais é unha persoa culta. Estamos a demostrar nestas xeiras que Galicia non estaba tan atrasada como se pensaba. O concepto tópico de Galicia como un lugar atrasado, estase a amosar inapropiado e estase a rachar con esa dinámica. / Toma a palabra o conferenciante, Ramón Fábregas Valcarce, quen disertará sobre: COVA EIRÓS: OS PRIMEIROS ARTISTAS DE GALICIA. Empeza indicando que non merece as louvanzas e os merecementos que lle atribúe o seu presentador, aludindo á película Doctor Zhivago, e tal como dicía a súa protagonista, non se recoñece nesas palabras. Prosigue sinalando que o labor do investigador, simplificando moito, é resolver problemas. Existe o perigo de que todo o mundo se crea un experto en arqueoloxía. Hónrase de coordinar a equipa que está a desenvolver o seu traballo no interior de Galicia. Fala da Banda Caliza e das Calizas de Cándana e das Calizas de Vegadeo. Só pretende ser un continuador co fin de intentar ir resolvendo problemas. A Cova de Eirós atópase nunha zona de formación de calizas que atravesan a parte oriental de Galicia. Está nunha situación estratéxica, en pleno Camiño de Santiago, está preto da ruta do Val do Miño e do Val do Sil, nunha ruta que leva ao Cantábrico. O xacemento está situado nuha cova realmente pequena na que existen tres metros de estratificacións, cun grande interese arqueolóxico, hai ósos das cavernas de interese paleontolóxico. Fixérase unha sondaxe de apenas un metro cadrado e nesa superficie atopáronse medio millar de restos do Paleolítico. Espera seguir conseguindo financiación do Ministerio para este proxecto de investigación. Empezamos a intervir neste xacemento no ano 2008. Trátase dun dos mellores xacementos do Paleolítico medio e superior de todo o norte da Península Ibérica. Os neanderthais son desprazados de Europa por poboacións procedentes de África dun xeito máis ou menos amable. Na cova existe un dos fogares do Paleolítico medio. Grandes restos líticos moi ben elaborados e cunha complexidade técnica salientable na eleboración de puntas Levalois. E apareceron outros artefactos elaborados con materiais distintos á pedra. No Paleolítico había nesta zona relacións de decenas e centenares de kilómetros. No xacemento de Valdavara traballa o profesor, Manuel Vaquero, da Universidade de Tarragona que ten feito interesantes descubertas preto de Becerreá. Unha das cuestións que se plantexan en Galicia son as referentes a arte parietal. Fálase da aparente soidade do Paleolítico de Galicia en canto a arte cavernaria. Na Cova Eirós - Triacastela (Lugo), como noutros lugares, nos gravados poden se utilizar marcas naturais. Aparecen nela gran cantidade de trazos, signos; pero, son máis escasos os elementos figurativos. A mala conservación das pinturas e gravados obríganos a empregar variadas técnicas, como por exemplo, o programa D-STRETCH. Como dicía Levy-Strauss non hai historia sen datas. En cronoloxía relativa unha maneira de datar son as comparacións, como na Cova Palomera, Siega Verde, podemos ter unha aproximación cronolóxica entre doce mil e dez mil anos, nun horizonte gravetense. Na cronoloxía absoluta, esta cova ten unha longa historia, para datar empregamos a técnica do Carbono 14, as series de uranio, a termoluminotecnia. A Cova Eirós ten unha prolongada historia, atopándose restos de distintas etapas históricas. Fixéronse na cova varios lumes en distintas etapas que causaron certos danos e deterioros. Os lumes das distintas épocas perxudican a datación por medio do Carbono 14. Non obstante, o que parece pintura é pintura. As figuras paleolíticas proceden duns dez mil anos (Paleolítico superior) a data real pode se aproximar aos once mil ou doce mil anos, na etapa magdaleniense. As representacións do panel 3 son do Paleolítico Superior final. Creo que a Cova Eirós non sexa unha excepción, cabe esperar que poidan xurdir máis decubertas con máis restos. Galicia xa non é un sitio tan distinto no Paleolítico Superior. Hai que perseverar, fan falta máis exploracións para descubrir máis xacementos cavernarios. /// Diante da pregunta da posibilidade de que aparezan en Galicia xacementos do Paleolítico Superior ao aire libre. A resposta: Si, pero expostas a un maior deterioro e en materiais de tipo cuarcítico. Remata o conferenciante indicando que se pode proceder a estudos de xenética antiga polos restos óseos atopados e dunha antigüidade de entre doce mil ou dez mil anos. O conferenciante levanta a sesión sobre as 21:20 h.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

XII MEMORIAL FILGUEIRA VALVERDE

O martes 5 de novembro, deu comezo no Salón de Actos do Museo de Pontevedra no VI edificio o XII MEMORIAL FILGUEIRA VALVERDE, cunha conferencia de Eduardo Méndez Quintas, membro da Sección de Etnografía e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos, titulada: O MÁIS ANTIGO POBOAMENTO DE GALICIA 50 ANOS DESPOIS DAS GÁNDARAS DE BUDIÑO: CRÓNICA DUN PRESENTE E DUN FUTURO PROMETEDOR. A Vicerreitora do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, Antonia Blanco Pesqueira, abre o acto e cédelle a palabra ao Director do Museo de Pontevedra, José Carlos Valle Pérez que fai mención ao historial de Memorial, que nestas doce edicións sempre aportou estudos, referencias e adiantando commemoracións que logo terían lugar na sociedade nos meses seguintes. Este ano non se commemora nada en especial; pero, ofreceranse novas, informacións, estudos sobre a nosa Prehistoria, esta iniciativa xurdiu despois das novas montaxes das coleccións permanentes no edificio Sarmiento do noso Museo. Finaliza as súas palabras co agradecemento aos colaboradores e patrocinadores, así como a importante presencia de público neste primeiro día do memorial. Seguidamente, a vicerreitora cédelle a palabra a José Fernando Filgueira Iglesias, Presidente do Patronato Filgueira Valverde, quen lembra a importancia da desaparecida Cátedra Filgueira. Agradece á Vicerreitora do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo a súa aposta por este Memorial, que pretende divulgar o labor docente e investigador de José Fernando Filgueira Valverde. Agradece á Universidade, á Deputación Provincial de Pontevedra, a José Carlos Valle Pérez e a todo o persoal do Museo de Pontevedra, así como ao numeroso público asistente. Toma a palabra a Vicerreitora que indica que a Universidade de Vigo está interesada en potenciar o Memorial, que estos outonos xa son algo clásico en Pontevedra, incluso debido a que xa hai varias edicións nas que ela participa e xa recoñece a persoas asiduas na asistencia a este acto cultural. Engade finalmente, que é un pracer traballar neste memorial por todas as persoas e institucións que o promoven. Dálle paso ao conferenciante de hoxe. Eduardo Méndez Quintas, empeza comentado que é gratificante e estimulante o papel que vai cobrando o Paleolítico nos estudos prehistóricos da nosa terra, xa que antes o paleolítico galego como que non aparecía. Foi un momento interesante nas investigacións prehistóricas de Galicia o inicio dos traballos de estudo das Gándaras de Budiño na década dos 60 do pasado século XX. E imos falar dun período que se vai repetir nesta disertación, o chamado período achelense. A terminoloxía que se emprega nos estudos do Paleolítico é moi específica e pouco utilizada noutros ámbitos. No Plioceno empezamos a considerar á especie humana, que se diversifica e espalla no período do Pleistoceno. O Paleolítico e a etapa máis antiga no estudo histórico da especie humana. O proceso cultural humano desenvólvese en gran parte no Paleolítico. Galicia non estaba desvinculada do que pasaba no resto de Europa nesta época. Constatar que xacementos moi antigos de case un millón de anos atópanse na Península Ibérica como son os xacementos de Atapuerca e de Orce. O chamado Homo Georgicus, atopado en Georgia ten un millón oitocentos mil anos. HOMO GEORGICUS= HOMO HABILIS + HOMO ERGASTER. O Homo Antecessor atópase en Atapuerca e son os primeiros poboadores de Europa. Os colonizadores de Europa pertencían ao chamado HOMO NEANDERTALENSIS. E nos poboamentos que ocupaban aparecen as ferramentas ou industrias formadas por núcleos e lascas. No Paleolítico medio aparece unha utillaxe especializada sobre lasca de carácter máis sofistificado e elaborado. // PALEOLÍTICO ANTIGO - OLDUVAIENSES - ACHELENSE - MUSTERIENSE. Os achados do Paleolítico Antigo de Galicia sitúanse na Conca do Miño, especialmente na zona do Baixo MIño e os xacementos atópanse nas chamadas terrazas fluviais. O río ao longo do tempo vai xerando depósitos, sobre todo nas súas beiras. Hai estratificacións xeradas en distintas épocas no cauce do río. O xacemento do Cabrón está localizado no Concello de Arbo e foi descuberto por MANUEL LEDO, a quen debemos os importantes estudos sobre o Paleolítico galego, grazas a el podemos coñecer e saber o esencial sobre esa época en Galicia. Os traballos sobre o xacemento achelense de Cabrón atópanse nunha terraza de 32 metros. Nel hai unha importante concentración de materiais traballados, inxentes cantidades de bifaces, lascas. Trátase dun xacemento moi ben conservado, un dos mellores conservados ao aire libre. Os bifaces son de características morfolóxicas moi ben acabadas. Son cuarcitas, materiais óptimos para traballar, fendedores, bifaces, lascas; materiais líticos en morfoloxías moi ben acabadas, son materiais do período achelense de entre douscentos mil e setecentos mil anos, inclínome polos 300.000 anos. A zooloxía daquel tempo nesta zona estaba constituída por elefantes, leóns, hipopótamos, rinocerontes; que logo desaparecerían de aquí. /// O xacemento de Porto Maior está situado no Concello das Neves, as súas condicións xeolóxicas a grande escala son óptimas. O seu descubridor foi tamén MANUEL LEDO, atópase nun piso de 30 metros. Hai unha gran concentración de materiais líticos traballados, foi descuberto no ano 2005. Os materiais atópanse tal como as deixaron os grupos humanos, a posición dos elementos é tal cual a deixaron e están especialmente conservados e son dun tamaño considerable, dos máis grandes conservados en xacementos europeos. Alberga pezas tremendamente grandes, como nos xacementos africanos. O xacemento de Porto Maior apareceu nunha terraza de trinta metros e dunha antigüidade sobre os catrocentos mil anos, o máis antigo de Galicia e un dos máis antigos da época achelense de Europa. A que se debe que todas esas pezas estean xuntas? Non temos explicación. Hai varias conxeturas, varias hipóteses: 1.- Sería un xeito de "ligar", unha motivación de carácter sexual, un alarde do traballo do operario para atraer ás femias. (Non ten moita consistencia). 2.- De carácter formativo, para ensinar aos cativos. 3.- Para acumular stoks, para facer acopio das pezas xa elaboradas para utilizalas nun momento dado, unha especie de supermercado de materiais. (O máis plausible). Con estas observacións finaliza o conferenciante as súas verbas, eran sobre as 22:00 h.

miércoles, 16 de octubre de 2013

CALDAS DE REIS NA MIÑA LEMBRANZA

Eu cheguei a Caldas de Reis de bebé no ano 1957 e permanecín na vila termal de xeito continuo ata o ano de 1970. Pasei, pois, a primeira etapa da miña vida na vila real (a de dona Urraca e Afonso VII) e sempre que podo retorno a feliz infancia en Caldas. As lembranzas van sendo xa brumosas, a memoria selectiva vaise quedando con algúns retallos e con moitas lagoas, mais gústame recrearme no que aínda permanece, de moita xente esquecín os nomes, pero aínda reteño moitas anécdotas e vivencias, algunhas xa foron recollidas nesta bitácora, sempre hai o perigo das repeticións, ímonos facendo vellos, o paso inexorable do tempo non se detén, a brétema do Umia envolve o meu pensamento, aquela humidade do querido e recordado río fería daquela a miña feble gorxa que naqueles tempos era un dos meus puntos fracos. A foto que ilustra esta entrada, datada o 28 de abril de 1964 e realizada por FOTOS SAMPAYO, fai referencia ao que entonces chamabamos o Punto, lugar onde un garda municipal dirixía o tráfico e preto de onde estaba a parada de autobuses, diante dos grandes e senlleiros magnolios que aínda perviven e que daban entrada a antesala do parque xardín e onde estaban daquela a Escola Graduada de Nenos, dirixida polo inesquecible D. Victoriano Rosales, e a Escola Graduada de Nenas, dirixida por Dna. María Sarandeses. Estaba a liña de autobuses A Estradense, que facía o percorrido da Estrada a Pontevedra e viceversa e tamén a do famoso Castromil que unía Vigo con Santiago. Logo estaba o autobús do señor Sinsonte que facía o servicio á estación de ferrocarril de Portas. Meu tío Manolito e mais eu viñamos de recoller un paquete na parada dos autobuses, a Sra. Estrella, esposa dun coñecido traballador do servicio municipal de limpeza, facía o servicio de reparto de paquetería das distintas liñas de autobuses. Tamén recordo que na Prazuela había unha coñecida carnicería da familia Fariña Muñiz que un día á semana poñía á venda uns deliciosos “rixóns”, valía unha peseta o cucurucho. Lembro que en Caldas, naquel tempo, había tres farmacias a de Pura Parga Vázquez (onde traballaba meu tío Manolito), a de D. Paco Álvarez, que chegara a ser alcalde, e o seu fillo Paquito que fóra meu compañeiro no colexio San Fermín dos Padres Somascos, e a de D. Ramón Suárez que estaba preto do Hotel Balneario Dávila e a fonte das burgas. Xa que mencionei aos somascos, lémbrome especialmente do padre Lorenzo, que foi superior e director, e que permaneceu ata o seu pasamento en Caldas, o padre José, o padre Jorge (quen me preparou para a primeira comuñón) e o mozo padre Federico. E xa que falamos de relixiosos, endexamais esquecerei ao pasionista, padre Ismael, quen me fixo participar por primeira vez na lectura do evanxeo nunha misa, tiña eu sobre nove anos e nun domingo de Ramos lin toda a Paixón, paseino moi mal, pero quedeille para sempre agradecido ao padre Ismael. Finalmente, remato cunha anécdota verídica, que é posible que contara algunha vez, de parvuliño estudiei no Colexio da Encarnación, que daquela rexentaban as Hermanas de la Doctrina Cristiana, é unha da relixiosas que se chamaba a madre Aurelia e que era tan baixa que parecía por pequena un de nós, era moi simpática, recórdoa cantándonos con xestos algunhas cancións infantís, tamén teño unha lembranza difusa dunha relixiosa alta e moi boa, que morrera estando alí no colexio, e que nos introducira magnificamente na lectura, lembro varios libros, o meu preferido titulábase HEMOS VISTO AL SEÑOR, pero tamén estaban AMIGUITOS, o RAYAS e os inefables cadernos de escritura e cálculo, RUBIO. Pero, ao que ía, a anécdota, empezaramos un dos cursos de parvuliños e un compañeiro que se chama Eugenio Torres, que hoxe é médico, incorporouse ás clases máis tarde e sentou ao meu carón, pero non deixaba de chorar e chorar, eu para que calara e se consolara, fíxenlle, realizando dobreces nun papel, unha especie de acordeón, cando estabamos neste choio, unha mestra leiga que chamabamos dona Emilia, e que era sobriña do cura párroco de Santo Tomás, daquela D. José Grande Bayón, non sei o que debeu interpretar que non se lle ocorreu máis que poñerme como un lazo dito papel na miña cabeza e levarme para expoñerme polas outras clases (aínda hoxe é algo que non podo comprender), nunha delas, estaba unha miña veciña da rúa dos Fornos, que ao verme daquel xeito botou a rir sen parar e fíxome rir a min tamén. O que sei, é que rematamos os dous na clase da monxa que era a superiora, quen nos mandou poñer de xeonllos, como Mari Carme, a filla de señora Nilda e do señor Manuel, que tiñan unha famosa e coñecida panadería na nosa rúa, non paraba de rir, a monxa lanzounos ao rebolo unha campaíña de bronce que tiña na súa mesa, menos mal que non tivo puntería e non nos dou a ningún dos dous, o que puidera ser unha desgracia. Bo, eran cousas daqueles felices e grises tempos idos. Outro día retornaremos a Caldas de Reis.

jueves, 10 de octubre de 2013

CONTRA DA POBREZA

O QUE QUEIRAS PARA TI, QUÉREO PARA OS DEMAIS /// (A fotografía é de Martina Miser - La Voz de Galicia - Arousa, corresponde ao Festival Benéfico de Cáritas Parroquial de Santa Baia de Arealonga de Vilagarcía de Arousa, 06/10/2013)

jueves, 3 de octubre de 2013

FESTIVAL DE CÁRITAS

FESTIVAL BENÉFICO (06/10/2013)/ PROGRAMA/ CORO SANTA EULALIA-NOSA SEÑORA DA XUNQUEIRA 1.- Cantares 2.- Eres tú 3.- Te quiero 4.- Negra Sombra // CORO “VOCES AMIGAS” DE VILAGARCÍA 1.- Xa non sei cantar 2.- Perdóname 3.- La chilena 4.- D. Gil de Alcalá 5.- El Peregrino // GRUPO DE ACORDEÓNS E VOCES “AROUSA BAY” 1.- Miudiño 2.- Celoso 3.- Alecrín 4.- Despierta 5.- Veinte años // ORQUESTRA DE PULSO E PÚA “AROUSA” 1.- Valsecitos del Perú 2.- Recordando a The Beatles 3.- Boleros eternos 4.- Paseo musical americano 5.- El huéped del sevillano (lagarteranas)///. RESULTOU UN ACTO MOI AGRADABLE. O NÚMERO DA RIFA AGRACIADO CO ÓLEO E A PEQUENA BIBLIOTECA QUE SE SORTEARON, FOI O NÚMERO 16 (DEZASEIS) TRANSCORRIDOS TRES MESES SE NINGUÉN RECLAMA O PREMIO, ACUMULARANSE OS OBXECTOS PREMIADOS PARA OUTRA POSIBLE RIFA QUE SE POIDA ORGANIZAR. GRAZAS A TODOS OS QUE COLABORARON NESTE ACTO SOLIDARIO.

martes, 1 de octubre de 2013

XXXI MESA DAS VERBAS

Unha edición máis deste mensual encontro poético, onde soltamos as verbas en forma de versos con liberdade ao vento, un vento ferido, máis un vento esperanzado; á fin quédannos as palabras, que nos fan máis humanos, que configuran o noso pensamento, o noso ser. Os afeccionados á poesía quedamos o venres 4, no Liceo Casino, rúa Castelao, 5 de Vilagarcía de Arousa. Nesta oportunidade, a partires das 20:00 h. poderemos ollar vídeos e fotos de pasadas edicións. Correde a voz. SAÚDE E POESÍA.