
VILA FARIÑA, un home libre que é todo un exemplo para todos nós pola súa loita pola vida con dignidade, polo seu fondo amor pola lectura e pola escritura; pola indagación (leva publicados unha manchea de libros, pasan de corenta). Lois ten un grande amor pola súa Terra; a patria "chica", Baión; e a súa matria, nosa Galicia.
Estableceuse a nosa amizade tamén a carón do tan mentado, "Club Juvenil Villagarciano"; os seis números da revista poética RODADA, auspiciados por dito clube, viron a luz na fotocopiadora propiedade de Xosé Lois, onde tamén el publicaba a revista, O NOSO POBO, que nestes intres está a dixitalizar.
Fixemos mutua amizade e eu admiro a Lois por tantas cousas! Aínda me lembro do noso frustrado proxecto de peregrinaxe a Tréveris, lugar do martirio de Prisciliano. Que tempos aqueles!
Vila tamén aceptou someterse ao cuestionario PROUST, velaquí o froito do seu traballo:
Nesta xornada do Nacemento do Sol Invicto che mando un cordial saúdo, nun marabilloso día soleado e frío, tal como corresponde ao inverno, e de paso che contesto ao custionario.
1.- CAL É O SEU PRINCIPAL RASGO DO SEU CARÁTER?
A sinceridade, aperturando o corazón cara as amizades, e pechando cara os traidores.
2.- QUE CALIDADE PREFIRE NUN HOME?
A sinceridade e a auténtica amizade.
3.- E NUNHA MULLER?
As mesmas.
4.- CAL É A TÚA PRINCIPAL CARACTERÍSTICA?
Eso o teñen de dicir os demais, pero penso que é adaptarme ás circunstancias da vida, por moi negativas que estas sexan.
5.- QUE APRECIA MAIS NA SÚAS AMIZADES?
A sinceridade.
6.- CAL É O SEU PRINCIPAL DEFECTO
Físicos teño moitos, e dos outros en pecharme en min mesmo, e o de ser tardo en perdoar as traicións, e non deixar manexarme por calquera.
7.- CAL É A SÚA OCUPACIÓN FAVORITA?
A de escribir.
8.- CAL É O SEU SOÑO DE FELICIDADE?
O amar e comprender aos demais.
9.- CAL SERÍA A SÚA MAIOR DESGRACIA?
Vivir rodeado de caciques, hipócritas i envexosos.
10.- COMO LLE GUSTARÍA SER?
Como na actualidade, marxinado e so.
11.- CAL Ó PAÍS ONDE DESEXERÍA VIVIR?
No País da Utopía, e se non pode ser nunha Galiza independiente.
12.- CAL É A SÚA COR PREFERIDA?
A vermella.
13.- CAL É A FLOR QUE MÁIS LLE GUSTA?
Cada flor ten a súa característica. Se pode dicir que é a rosa.
14.- CAL É O SEU PAXARO FAVORITO?
O gorrión.
15.- CAL É O SEU PROSISTA FAVORITO?
Dos clásicos Ovidio e Cervantes.
16.- E O SEU POETA FAVORITO?
Os románticos hispanos, entre eles Rosalía e Bécquer.
17.- CAL É O SEU HEROE DE FICCIÓN?
O Capitán Trueno
18.- E A SÚA HEROINA DE FICCIÓN?
Alicia no país das Marabillas.
19.- QUEN É O SEU PINTOR FAVORITO?
Son varios, entre eles Goya.
20.- E O SEU COMPOSITOR MUSICAL?
Tamén son varios, entre eles Beethoven e Mozartz.
21.- QUEN SON OS SEUS HEROES DA VIDA REAL?
Os que loitan pola paz, entre eles Akenatón,Buda, Xesús, Mahomet, Viracocha, Gandhi,Luther King e Nelson Mandela.
22.- E AS SÚAS HEROÍNAS DA VIDA REAL?
Entre as mulleres, todas.
23.- QUE ACONTECEMENTOS OU CARACTERÍSTICAS DA HISTORIA DETESTA MAIS?
O abuso, sexa das xentes, do poder, etc., e tamén a demagoxia.
24.- QUEN SON OS SEUS HEROES E/OU HEROÍNAS DA HISTORIA MUNDIAL?
Todas persoas que loiten pola Paz, o Amor é a Liberdade.
25.- CAL É A SÚA COMIDA PREFERIDA?
Ao ser diabético é moi dificultosa a súa resposta, pero sempre productos variados dentro do réxime.
26.- E A SÚA BEBIDA?
A auga.
27.- CALES SON OS NOMES QUE MAIS LLE GUSTAN?
Non teño preferencia.
28.- QUE DETESTA POR RIBA DE TODO?
A mentira, a traición e a hipocresía.
29.- QUE PERSONAXES HISTÓRICOS DETESTA MÁIS?
A Buch, Blaire e Aznar. Tamén a Zapatero.
30.- QUE FEITO MILITAR ADMIRA MAIS?
A retirada das tropas nortemericanas de Vietnan e de Iraque.
31.- QUE REFORMA VALORA MÁIS?
Todas as referentes á liberdade social.
32.- QUE DON NATURAL LLE GUSTARÍA POSUÍR?
O dos animáis.
33.- COMO LLE GUSTARÍA MORRER?
Sabendo que rompo a casca do ovo para voar ata un estadio superior da miña rencarnación posterior.
34.- CAL É O ESTADO ACTUAL DO SEU ESPÍRITO?
Trato de serenarme na paz, no amor e a liberdade que vou desenrolando.
35.- QUE DEFECTOS OU FALTAS LLE INSPIRAN MAIS INDULXENCIA?
Xeralmente o incomodo.
36.- CAL SERÍA O SEU DISTINTIVO OU DIVISA?
Paz, Amor e Liberdade.
Referente á comarca de Arousa, para min o máis salantiable foi o tema de Prestige.
Amigo Xermán, espero que che sirva.
Baión, Comarca do Salnés no Día do Nacemento do Sol Invicto, 25 do Nadal do 2011, ás 15,47 horas.
Que dicir dun grande home, dunha grande persoa e de un mais grande amigo? Simplemente... Grazas!
ResponderEliminarGrazas por coñecerte, pola túa laboura tan importante e desinteresada, pola túa grandeza de ialma, pola túa loita continua na vida, na existencia, no humanismo e pola túa xenerosidade e amizade.
A grandeza dun home mídese polos seus actos, polas súas obras e acios... polas súas pegadas no camiño da vida, polo seu avanzar entre un ringleiro de luces e de sombras... de lóstregos e tebras.
Que dicir de ti meu caro amigo...? Simplemente Grazas, grazas... Grazas!
Manolo, coincidimos no aprecio e valoración que temos sobre o noso queridísimo amigo Lois.
ResponderEliminarUn saúdo agarimoso,
Xermán Torres
Manolo, coincidimos no aprecio e valoración que temos sobre o noso queridísimo amigo Lois.
ResponderEliminarUn saúdo agarimoso,
Xermán Torres