(Imaxe - Museo de Pontevedra)
Correspondencia entre Francisco Xabier Sánchez
Cantón e Xosé Filgueira Valverde, dous pontevedreses de pro
Correspondence between Francisco Xabier Sánchez Cantón and Xosé Filgueira Valverde, two citizens of Pontevedra par excellence
Correspondence between Francisco Xabier Sánchez Cantón and Xosé Filgueira Valverde, two citizens of Pontevedra par excellence
-Apuntamentos-
Aínda
que Sánchez Cantón era quince anos maior que Filgueira Valverde, desde a década
dos vinte do pasado século foise fraguando neles unha fonda amizade, que o
sería para toda a vida. Filgueira consideraba a Sánchez Cantón, ademais de
grande amigo, como un querido e admirado mestre.
Sánchez
Cantón, catedrático da Universidade Central (hoxe Complutense de Madrid),
subdirector do Museo do Prado durante moitos anos e á fin director durante unha
boa tempada, era ademais triacadémico; académico da Real Academia da Historia,
da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, da Real Academia Española da
Lingua, foi director simultaneamente das dúas citadas en primeiro lugar, feito
insólito e do que Sánchez Cantón gozou por primeira vez. Era, pois, un gran
intelectual, un home moi notable e inflúente na capital do Reino.
Filgueira
Valverde foino todo na cidade natal dos dous, Pontevedra, a súa querida
Pontevedra, onde afincou definitivamente. Alí foi profesor, director do
Instituto durante trinta anos (1946-1976), director do Museo de Pontevedra
(1940-1986), logo director emérito e patrón honorario, Alcalde de Pontevedra
(1959-1968), Presidente do Tribunal Provincial Tutelar de Menores (1944-1968),...
Vamos, que sen Filgueira non se movía nada en Pontevedra.
Estes
dous amigos pontevedreses tan poderosos e tan cultos, ademais de ocuparse de
todo o que se ocupaban e máis, aínda tiñan tempo para cartearse e manter un
epistolario cuantioso (recollido e editado por Mª Jesús Fortes Alén en tres
grosos volumes, 2017), esa súa correspondencia de centos de cartas, que se
denomina CARTOLATRÍA (expresión acuñada polo propio Sánchez Cantón), tratan de
todo e cunha minuciosidade e extensión que nos permite coñecer moi ben a
relación entre estes dous magníficos e ilustrados eruditos.
Despois
de ter lido estes tres grandes volumes do epistolario Sánchez Cantón- Filgueira
Valverde, dedúcese como idea clave que a protagonista principal e case
exclusiva das numerosas cartas entre estes dous egrexios pontevedreses é
efectivamente a cidade de Pontevedra e todo ao que ela concernía. Ademais de
cuestións máis persoais, de relación, das situacións e circunstancias deles
dous, das súas familias, favores e recomendacións para amigos e coñecidos.
Outro
tema estrela é todo o relacionado co Museo, súa configuración, súas
instalacións, seus recursos, súas adquisicións. Todo o relacionado co Padroado,
benfeitores, avances, problemas.
Tamén
se refiren ao Seminario de Estudos Galegos, ao mundo cultural, academias,
publicacións, algo de política, pouco e antes do 36, Partido Galeguista,
Dereita Galeguista. Nótase que xa desde o ano 1934 empézanse a distanciar de
Castelao, quen leva moi mal o seu desterro en Badaxoz, Castelao está
verdadeiramente enfadado en 1935,
albíscase unha separación, xa definitiva entre os tres amigos a partires de
1936; Castelao non quixo saber nada a partires de aí nin de Sánchez Cantón nin
de Filgueira Valverde, foi algo que causou moita dor, pero os dous pontevedreses
nunca esqueceron ao gran Castelao. Falan pouco de Bóveda e mencionan a Casto
Sampedro, a Daniel de la Sota, a Iglesias Vilarelle, Carro, Otero Pedrayo,
Carrete. Tamén citan en numerosas ocasións a Chamoso Lamas.
Outros
temas, o do posible xornal de Pontevedra, El
Lérez, sobre o Cancioneiro Musical de don Casto, sobre o tesouro de Caldas
de Reis e o papel de Fermín Bouza Brey no achado, sobre Santiago e a súa
Catedral e numerosas e diversas notas eruditas.
Este
epistolario achéganos a Sánchez Cantón e a Filgueira Valverde, axúdanos a
coñecelos mellor e coñecer á sociedade do seu tempo. Testemuña vivente da
Galicia, da Pontevedra do século XX, polo menos un século de prata se non de
ouro da Cultura da Nosa Terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario