sábado, 22 de julio de 2023

A FARSA DO CARRIL XA TEN SEU LIBRO

 

Carlos Rey coautor do libro explicando as súas pescudas

Xa vai uns anos, temos dedicadas varias entradas deste blog á chamada Danza de Espadas de Carril, ou Farsa, que se representa todos os anos á tardiña na festa patronal de Carril, os 25 de xullo, día de Santiago Apóstolo, no transcurso da procesión en homenaxe ao patrón das Españas, tamén Día da Patria Galega. Festa rachada na capital de Galicia e en moitas parroquias da nosa Terra. É un espectáculo e unha festa extraordinarios na famosa vila arousá, coñecida pola súa gastronomía, polas ameixas de Carril e por ver a fermosa illa de Cortegada deitada no seu mar. Xa meu pai gustaba moito desta danza e das festas de Carril, no Día do Carme, nas Festas de San Fidel e claro está no día do patrón. Nos meus anos mozos teño desfrutado moito con todas as festas do meu Carril nativo e gozo e gozaba con numerosas amizades daquela vila, algunhas, lamentablemente, xa definitivamente ausentes.
Pois ben, o pasado martes, día 18 de xullo de 2023, a partires das 20:30 h. e nas instalacións da Sociedade o Gato Negro de Carril tivo lugar a presentación do libro de Carlos Rey Cebral e de Cristian Silva Bóveda, o primeiro, meu prezado amigo da mocidade, encargouse da parte histórica e descriptiva da Farsa. Cristian fixo o estudo técnico e musical da danza, documentando a orixe e a evolución da farsa con interesantes ilustracións musicais. Parabéns aos autores polo seu traballo e tamén ao Concello de Vilagarcía de Arousa por patrocinar e editar esta necesaria obra e por promocionar a autores e artistas locais como son Carlos e Cristian.





Tendo en conta que o principal obxectivo da publicación é o divulgativo nada hai que obxectar é unha publicación excelente, agás que na parte iluminativa e de documentación, sobre todo na primeira parte, habería que reflectir mellor e máis amplamente as citas documentais para xustificar axeitadamente  a argumentación, utilizando mellor as notas a pé de páxina e concretando máis as citas bibliográficas, indicando as páxinas de onde se obtiñan datos e aspectos históricos e argumentativos. Pero, non perdamos de vista que non é unha publicación de carácter estrictamente académico, senón para dar a coñecer ao público xeral todo o de interese desta danza, desta farsa de orixe gremial, da vida pescadora; por iso cumpre perfectamente os seus obxectivos. Habería que realizar moitas máis publicacións sobre diversas cuestións do noso Concello. Animando a Carlos e a Cristian para que nos sorprendan con máis estudos divulgativos para coñecer a historia e as curiosidades do noso pobo.

O lugar de celebración do acto, quizais non foi o máis axeitado, tendo en conta a cantidade de público interesado por asistir, moita xente quedou fóra e moitas persoas tiveron que estar de pé e de forma incómoda. Tamén estivo un tanto desequilibrado o acto na participación dos distintos relatores.

E se é certa a queixa que apareceu en La Voz de Galicia - Arousa por parte do fotógrafo e artista Xosé Duarte Rañó, habería que rectificar e nunha próxima edición citar axeitadamente aos autores/as das fotografías e das imaxes; hai que procurar ser coidadosos nestes aspectos e respectar e citar esas autorías obviadas, a parte técnica da edición debera contemplar estas cuestións para non ferir sensibilidades e obrar con correción.

Neste enderezo electrónico poden ler a opinión, do bo amigo Rañó.


A pesares, destas pequenas críticas, trátase dun libro moi necesario e digno de ser loado e lido.

Agora todos a Carril, sobre as 19:30 h., do día 25, poderemos gozar da beleza e dos case 500 anos de historia desta Danza das Espadas, desta Farsa do pobo de Carril, que desde o adro da igrexa parroquial recorre as principais rúas e prazas da belida vila carrilexa.





domingo, 16 de julio de 2023

XERMÁN TORRES EN PONTEVEDRA VIVA

ARTIGOS EN PONTEVEDRA VIVA: https://www.pontevedraviva.com

Germán-Manuel Torres-de-Aboal

Xermán Torres

Universidade de Vigo, Facultade de Educación e Traballo Social, 32004 , Ourense, España. https://orcid.org/my-orcid?orcid=0009-0002-2000-5901

 

1.- O Dr. Santos Junior, un sabio portugués, amigo de Filgueira Valverde. Domingo, 10/02/2013.https://www.pontevedraviva.com/opinion/253/pontevedra-filgueira-valverde-santos-junior-portugues-torres/

2.- A escola, para quen a traballa. Luns, 18/02/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/272/pontevedra-escola-traballa-xerman-torres-opinion/

3.- Lembranza dun mestre inesquecible, D. Victoriano Rosales. Luns, 11/03/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/318/pontevedra-mestre-victoriano-rosales-xunqueira-torres/

4.- A Igrexa compostelana está nun proceso sinodal pero, que é un sínodo diocesano? Martes, 19/03/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/336/pontevedra-sinodal-igrexa-diocesano-xerman-torres/

5.- Eu fun testemuña. Xoves, 11/04/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/384/pontevedra-opinion-xerman-torres-eu-fun-testemuna/

6.- Defensa da inutilidade, fronte ao culto da excelencia. Domingo, 28/04/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/427/inutilidade-excelencia-fascismo-xerman-torres-opinion/

7.- Requiem polo noso cine. Martes, 21/05/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/474/pontevedra-opinion-xerman-torres-requiem-noso-cine/

8.- Números homoxéneos vs heteroxéneos. Luns, 17/06/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/530/numeros-homoxeneos-heteroxeneos-xerman-torres/

9.- Cultura, eras ti. Xoves, 11/07/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/562/cultura-eras-ti-german-torres-aboal/

10.- Rara Avis. Domingo, 15/09/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/653/rara-avis-xerman-torres/

11.- Crítica literaria: ‘A Porta de Europa’ de Sabela Muñiz. Luns, 23/12/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/823/porta-europa-sabela-muniz-xerman-torres/

12.- Mentira. Domingo, 23/03/2014. https://www.pontevedraviva.com/opinion/995/mentira-xerman-torres/

13.- Homes máquina con corazóns de máquinas (en homenaxe a Ana María Matute). Martes, 01/07/2014. https://www.pontevedraviva.com/opinion/1171/homes-maquina-corazons-ana-maria-matute-xerman-torres/

14.- Filgueira é merecente de tal honra. Domingo, 13/07/2014. https://www.pontevedraviva.com/opinion/1192/filgueira-valverde-merecente-honra-xerman-torres/

15.- Filgueira habla del teatro en su instituto. Xoves, 21/08/2014. https://www.pontevedraviva.com/opinion/1238/filgueira-teatro-instituto-xerman-torres/

16.- Educar non para unha falsa ilusión. Domingo, 18/01/2015. https://www.pontevedraviva.com/opinion/1492/educar-falsa-ilusion-xerman-torres-opinion/

17.- As pantuflas de Filgueira e outras lindezas. Luns, 23/02/2015. https://www.pontevedraviva.com/opinion/1542/pantuflas-filgueira-valverde-lindezas-xerman-torres/

18.- Filgueira e a música. Luns, 14/05/2015. https://www.pontevedraviva.com/opinion/1660/filgueira-musica-xerman-torres-opinion/

19.- Filgueira Valverde Semper Docuit. Luns, 26/10/2015. https://www.pontevedraviva.com/opinion/1926/filgueira-valverde-semper-docuit-german-torres/

20.- Castelao, pontevedrés por opción. Domingo, 31/01/2016. https://www.pontevedraviva.com/opinion/2088/xerman-torres-castelao-pontevedres-opcion-opinion/

21.- Revalidar o sistema. Luns, 06/06/2016. https://www.pontevedraviva.com/opinion/2343/opinion-revalidar-sistema-xerman-manuel-torres/

22.- Deberes si, deberes non? Isa é a cuestión. Mércores, 18/01/2017. https://www.pontevedraviva.com/opinion/2719/xerman-torres-deberes-escolares/

23.- Un educador e o seu amigo entre flores. Martes, 06/03/2018. https://www.pontevedraviva.com/opinion/3666/opinion-un-educador-e-o-seu-amigo-entre-flores-xerman-manuel-torres/

24.- Filgueira Valverde, un home de éxito. Venres, 02/12/2022. https://www.pontevedraviva.com/opinion/7918/filgueira-valverde-home-exito-xerman-manuel-torres-de-aboal/

25.- O neno que bailaba coas campás, Manoliño, o de Inés. Xoves, 22/12/2022. https://www.pontevedraviva.com/opinion/7978/neno-bailaba-campas-manolino-ines-xerman-torres/

26.- 2023, ano do Seminario de Estudos Galegos. Sábado, 07/01/2023. https://www.pontevedraviva.com/opinion/8011/seminario-estudos-galegos-consegue-apoio-sociedade-galega-xerman-torres/

27.- Xosefa Iglesias Vilarelle. Luns, 30/01/2023. https://www.pontevedraviva.com/opinion/8071/xosefa-iglesias-vilarelle-xerman-torres-seminario-estudos-galegos/

28.- O Concello de Caldas de Reis homenaxe ao insigne e lembrado mestre Victoriano Rosales Álvarez. Mércores, 15/02/2023. https://www.pontevedraviva.com/opinion/8109/concello-caldas-reis-homenaxea-insigne-lembrado-mestre-victoriano-rosales-alvarez/

29.- Un Museo para un pobo. Xoves, 06/07/2023. https://www.pontevedraviva.com/opinion/8464/museo-para-pobo-xerman-torres/ 


Xermán Torres nun acto cultural con D. Xesús Alonso Montero
Imaxe de Andrea Fdez. Maneiro


sábado, 1 de julio de 2023

RECITAL POÉTICO NO GROVE - 01-07-2023 20:00

 




NOCTURNO

Non, je ne suis jamais seul
avec ma solitude...

(G. Moustaki)

Intre apreixado de lúa,
escintilar de estrelas ao lonxe,
ceo nocturno.

Ao meu carón
un verdadeiro amigo,
o meu canciño,
óense os grilos na noite,
o meu pensamento cavila
nos traballos da vida
e da morte.

Agora gozo
da miña soedade,
realmente estou só?
O home está só?

Enriba habitan milleiros
de estrelas,
o meu can lambe a miña man,
os grilos e as carricantas
non deixan de cantar.

A miña mente bule
presencias de seres idos,
ausencias de seres queridos.
Dentro, na casa,
agardan por min.

Estou só coa miña soedade,
soedade acompañada.
Aloumiño ao meu querido can,
nesta noite
tenra de verán,
no alto escintilan as estrelas.

Xermán Torres
(En Cabanas-Salcedo, 11:15 h. do IX-VII-MMVIII)

Imaxe de Andrea Fdez. Maneiro


A EMBAIXADA VILAGARCIÁ NO GROVE

Andrea Fdez. Maneiro en plena acción
(Imaxe de Xermán Torres)

Pilar Lojo na súa actuación
(Fotografía de Xermán Torres)

Xermán Torres na súa quenda de actuación
(Imaxe Pilar Lojo)

Xermán noutro momento da súa actuación
(Instantánea de Pilar Lojo)

Grazas a Queco Fresco e á xente do Grove pola súa acollida e por brindarnos a oportunidade de vivir esta experiencia poética tan grata e tan interesante. Parabéns, ánimo e a seguir así.

Imaxe de Queco Fresco


E así remataron as actividades de meKpoetiK no Grove por esta temporada.

Pois ben, ata outra milloarada!!!