sábado, 30 de junio de 2012
JOVELLANOS, UN HOME ADIANTADO AO SEU TEMPO
Gaspar Melchor María Jovellanos, Principado de Asturias, 1744-1811, este xixonés universal de orixe fidalga, ao seres o terceiro dos varóns da súa familia, estivo destinado á carreira eclesiástica, que comenzou e non culminou e ao falecer os seus dous irmáns maiores tivo que se facer cargo da fortuna e dos asuntos familiares. Non deixou descendencia directa. Chegou a estudiar no prestixioso e elitista Colexio Maior de San Ildefonso, da Universidade de Alcalá, cando estudiante, facía escapadas a Madrid para presenciar espectáculos teatrais e para se divertir. Era moi popular entre os seus compañeiros, "tiña boa voz e tocaba a guitarra, gustáballe a poesía, as cancións populares...". Na Universidade de Alcalá coñeceu a José Cadalso, do que recibiu forte influencia e quen o iniciou no coñecemento do movemento ilustrado e nas ideas dos "philosophes", Diderot, D'Alembert (representantes da Enciclopedia), Voltaire, o abade de Condillac. Estaba ao tanto de todos os pormenores da cultura europea do seu tempo, coñecía as linguas francesa e inglesa, chegou ser un dos mellores intelectuais e homes máis cultos do seu tempo, valoriza o século XVIII español, foi un home íntegro, cunha grande fondura ética e moral na envenenada sociedade do seu tempo. Home de moitos saberes e de moitas almas, interesado na política, na economía, na xustiza e nas cuestións educativas,... Movíao o interese de "mellorar as condicións de vida do pobo". Dende 1774 a 1778, exerce diversos cargos na Audiencia de Sevilla. Jovellanos integraríase na Sociedade Económica Sevillana de Amigos do País, como secretario da Comisión de Industria, Comercio e Navegación. Aquí, na capital andaluza principiará a súa variada carreira literaria. Trasladase a Madrid, onde se integrará na Sociedade Matritense de Amigos do País, será designado académico da Real Academia da Historia. En 1780, tomará posesión do cargo de académico da Real Academia de Belas Artes e no ano seguinte ocupará a cadeira como membro da Real Academia da Lingua. En 1797, o 23 de novembro no Escorial e diante de Carlos IV, tomara posesión como Ministro de Gracia e Xustiza, onde se lle tende unha trampa e cae envenenado, o que afectará para sempre a súa saúde e estado xeral. Por intrigas cortesanas, onde moitos queren ver a man da raíña consorte, sufre persecución e cautiverio. Será prisioneiro na cartuxa de Valldemosa, onde escribirá: MEMORIA SOBRE EDUCACIÓN PÚBLICA, publicación que nos sorprendeu e agradou tanto. Estivo, finalmente, preso no Castelo de Bellver, que domina a bahía e a paisaxe da cidade de Mallorca. Cara o final da súa vida e coas vicisitudes da Guerra da Independencia fronte á Francia napoleónica, quere chegar canto antes á súa Asturias natal, morrerá alí, probablemente o día 28 de novembro de 1811, pasando durante este periplo e antes do seu pasamento por Muros, Santiago, e outros lugares da nosa Galicia.
Como me impresionou tanto, vou recoller frases textuais da súa interesante obra: MEMORIA SOBRE EDUCACIÓN PÚBLICA, O SEA, TRATADO TEÓRICO-PRÁCTICO DE ENSEÑANZA, CON APLICACIÓN A LAS ESCUELAS Y COLEGIOS DE NIÑOS, na edición de Antoni J. Colom y Bernat Sureda da Editorial Biblioteca Nueva, Madrid, 2012. As citas textuais desta entrada son tomadas desa edición.: "¿Es la instrucción pública el primer origen de la prosperidad social? Sin duda. / Las fuentes de la prosperidad social son muchas; pero todas nacen de un mismo origen, y este origen es la instrucción pública. / (...) conservarle es el primer objeto de la solicitud de un buen gobierno, es el mejor camino para llegar a la prosperidad. Con la instrucción todo se mejora y florece; sin ella todo decae y se arruina en un estado. / Recórranse todas las sociedades del globo, desde la más bárbara a la más culta, y se verá que donde no hay instrucción todo falta, que donde la hay todo abunda, y que en todas la instrucción es la medida común de la prosperidad. / (...) sin virtud ni costumbres, ningún estado puede prosperar, ninguno subsistir. / Donde las leyes autorizan la desigualdad de las fortunas; cuando la mala dsitribución de las riquezas pone la opulencia en pocos, la suficiencia en muchos y la indigencia en el mayor número, entonces es cuando un lujo escandaloso devora las clases pudientes, y cuando, difundiendo su infección, las contagia, y aunque menos visible, las enflaquece y arruina. / La urbanidad es un bello barniz de la instrucción y su mejor ornamento; pero sin la instrucción es nada, es sólo apariencia. La urbanidad dora la estatua, la educación la forma". / Sabias palabras de Jovellanos, que se convirte nun precursor do ensino secundario, ofrecido a toda a sociedade, creando "una institución pública y abierta, en que se de toda la enseñanza que pertenece a ella; una institución en que sea gratuita toda la que se repute absolutamente necesaria para formar un buen ciudadano. (...), siendo la enseñanza libre y abierta"./ (pp. 85-88, 90, 98). / Jovellanos desexaba unha educación para todos, pensaba nunha educación liberadora, fonte de prosperidade. Os que recortan os servicios públicos en sanidade, educación, e servicios sociais deberan coñecer e ler ao grande home asturiano, ao mellor non lles interesa e seguen a encadealo no esquecemento e no envenenamento das políticas materialistas e de obscuros intereses que nos afunden a todos, principalmente aos máis débiles e desafortunados.
Nesta imaxe tomada desde o castelo de Bellver, a cidade de Mallorca ao lonxe.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario