martes, 19 de marzo de 2013

CAMIÑAR XUNTOS: SÍNODO DIOCESANO

Todos fomos convocados polo Arcebispo de Santiago de Compostela a participar nun Sínodo Diocesano. D. Julián Barrio Barrio o 12 de outubro de 2012, abríu este proceso sinodal co obxectivo de revitalizar á Igrexa Diocesana, movernos a todos a acción para construir Igrexa e facer presente a Cristo no mundo actual e futuro. O lema escollido para o Sínodo é moi significativo e ilustrativo: RENOVARNOS EN COMUÑÓN DESDE CRISTO.// CÓDIGO DE DEREITO CANÓNICO: CANÓN 460 (DEFINICIÓN DE SÍNODO DIOCESANO): "O sínodo diocesano é unha asemblea de sacerdotes e doutros fieis escollidos dunha Igrexa particular, que prestan a súa axuda ao Bispo da diócese para ben de toda a comunidade diocesana, a tenor dos cánones que seguen". / O último Sínodo Diocesano na nosa Arquidiócese celebrouse no ano 1909, anque tamén se asemella a un Sínodo Provincial o chamado Concilio de Galicia, celebrado na década dos 70 do pasado século. / O Arcebispo implícanos a todos no Sínodo como Pai, Pastor, Mestre e investido de Autoridade. El suxírenos tres bloques de traballo: - IDENTIDADE => Ser - COMUÑÓN => Ser con - MISIÓN => Ser con para / Este proceso sinodal, pénsase que comprenderá dende o 12 de outubro de 2012 ata o ano 2015, xa que logo este ano 2013 será un ano de oración, sensibilización e de motivación cara o Sínodo, que se atopa nestes intres na fase preparatoria. Oxalá este acontecemento eclesial serva de revulsivo para construir unha Igrexa actual, comprometida e anunciadora da Boa Nova; para construir un mundo mellor, máis xusto, máis humano, onde todos nos sintamos incluidos. / Lexislación e normativa eclesial sobre os sínodos diocesanos: CÓDIGO DE DEREITO CANÓNICO (CÁNONES DO 460 AO 468) / Instrucción “In Constitutione Apostolica” / Directorio “Apostolorum Successores”. // Para saber máis e facer un seguimento: www.archicompostela.org

No hay comentarios: