O venres 21 e o sábado 22 de outubro de 2022, un grupo do alumnado de primeiro curso do Grao de Mestres de Primaria e do alumnado do Programa de Doutoramento e Ciencias da Educación e do Comportamento da Facultade de Educación e de Traballo Social do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, comandados polo Sr. Decano de dita Facultade, Dr. Xosé Manuel Cid Fernández e algúns profesores de dito centro universitario realizaron unha visita formativa e informativa ao CEINCE en Berlanga de Duero. Alí tivemos como extraordinarios anfitrións ao Dr. Agustín Escolano Benito e a súa dona Puri, "almas mater" dese extraordinario centro de investigación e documentación, como é o CEINCE.
Desde os xardíns do CEINCE coa vista do impoñente castelo
Nas magníficas instalacións do CEINCE que recorremos coa visita guiada do Dr. Escolano Benito, facendo unha parada moi detida nos fondos de libros de texto de distintas épocas do noso país, pero tamén se atopan interesantísimos libros de multitude de países do mundo.
Tamén se realizaron dúas sesións de discusión de teses doutorais do Programa de Doutoramento en Ciencias da Educación e do Comportamento dirixidas polo Dr. Cid Fernández, coordinador de dito programa. Participou alumnado presente na aula de investigación e de xuntanzas do CEINCE e tamén alumnado presente de xeito virtual, on line. Sendo dúas sesións moi produtivas e de gran interese, a primeira foi sobre teses de formato convencional tipo libro, e a segunda polo formato de compilación de artigos publicados en revistas de gran impacto.
Nunha das salas do CEINCE
Nunha sesión de traballo formativo-informativo co Dr. Escolano
O Dr. Agustín Escolano Benito
O Dr. Cid dirixindo unha das sesións do doutorado
Sala de reunións do CEINCE
O doutorando Torres co Dr. Escolano
A noitiña, o castelo de Berlanga desde os xardíns do CEINCE
As intensas sesións do doutoramento, a visita guiada polo CEINCE, a sesión formativa-informativa co Dr. Escolano na Sala de Reunións do seu centro non impediron a convivencia, os espazos de lecer, e as visitas turísticas ao Castelo, á Colexiata, ao Pazo dos Marqueses de Berlanga e polas rúas e prazas deste fermoso e ben conservado pobo soriano. Os momentos das comidas, das interminables horas de autobús fomentaron a relación entre os viaxeiros, embaixadores de Galicia nas terras de Berlanga de Duero da Comunidade irmá de Castela e León.
E como dicía o noso poeta Álvaro Cunqueiro: "Ata outra millorada!"
Un microvídeo co inicio da visita ao CEINCE
Podedes visitar o blog do CEINCE:
E a súa páxina web:
4 comentarios:
Unha inesquecible experiencia polo CEINCE, .
Gustaronme moito as fotos.
Son xornadas lúdicas,didácticas de convivencia entre o alumnado e profesorado que quedarán por sempre na memoria.
O libro foi o instrumento didáctico máis importante dos ensínantes.
Quen non recordá con nostalxia os libros da súa infancia ? Aqueles primeiros manuais de letura coma PAÍSES Y MARES ou CATÓN. O libro escolar enciclopédico de Álvarez : GRADO ELEMENTAL, GRADO MEDIO e GRADO SUPERIOR. Os textos escolares xa máis modernos das diversas materias. Todos perdidos.
É unha satisfación saber que se atopan gardados no CENTRO INERNACIONAL DE LAS CIENCIAS DE LA EDUCACION de Berlanda de Duero.
Canto me gustaría velos de novo !
Corrixo: CENTRO INTERNACIONAL DE LA CULTURA ESCOLAR.
Grazas Carmen e Moncho polos vosos comentarios. O Dr. Escolano é un extraordinario anfitrión, se ides por alí seredes moi ben recibidos.
Publicar un comentario