lunes, 27 de noviembre de 2017

PREGÓN DE FILGUEIRA VALVERDE (II)


Seguimos cunha pequena análise do pregón (13/08/1988) de Filgueira Valverde, que teremos oportunidade de seguir tratando en próximas entradas.

CONTIDO DA CARPETA

        Un folio mecanografado cunha síntese do pregón.
        Un folio mecanografado por ambas dúas caras e unha copia do mesmo. En ambos notas manuscritas.
        16 fichas autógrafas en cuartillas e medias cuartillas con notas para o pregón.
        Unha copia da referencia deste acto no Correo Gallego, sábado, 13 de agosto de 1988, páx. 74, inclúe foto de Filgueira Valverde.

DESEMVOLVEMENTO DO PREGÓN

O profesor Filgueira Valverde pronunciou en galego o seu discurso e iniciouno cunha evocación do significado estético e histórico das dúas bandas da Ría de Arousa e do seu vértice padronés, porta de Compostela, e o do papel que desempeñou nela Vilagarcía.

        Glosou a fundación tardía de pobras e vilas mariñeiras, como o xeito de reflectir unha nova mentalidade relacionada coas navegacións e as descobertas.
        Sinalou os tres aspectos da Festa, ligados á memoria histórica. O relixioso, acollido ao patrocinio dun santo peregrino e vinculado aos votos formulados nas grandes pestes que asolaron Galicia.
        Que deron lugar ao culto posterior dos padroeiros das freguesías que deron orixe á “Vila” ou que logo se sumaron a ela: Santa Olaia, Santiago, San Martiño, ... 
        Outro aspecto é o deportivo, arraigado na apertura de Vilagarcía aos aires de Europa, a través da relación con Reino Unido. Por elo, foi a primeira en aceptar as formas do “sport” que hoxe privan e tamén en descubrir as posibilidades lúdicas que ofrece o mar.
        Por último, a gran atracción do “combate naval” paralelo mariñeiro da “Fachada” compostelá. Fixo un eloxio do mester dos artificieiros, recordando o conmovedor poema de Lisardo Barreiro.
        Dedicado ao que perdeu a vista e cambiou o manexo misterioso e efémero das luminosas polictomías por o de tocar a zanfona nas romarías aldeás.
        Cifrou as claves da identidade comunitaria da cidade e da súa vocación universalista nas personalidades que a formaron e a rexeron. Dedicando unha emotiva lembranza aos poetas e aos educadores. Que a festa sexa motivo de ledos encontros cos ausentes que viven botándoa de menos. Rematou cuns versos de Fermín Bouza Brey. 



No hay comentarios: