Mostrando entradas con la etiqueta Museo de Pontevedra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Museo de Pontevedra. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de octubre de 2026

XVI MEMORIAL FILGUEIRA VALVERDE, 22/23-10-2026 (I XORNADA)

 



Foron dous días sinalados deste mes de outubro, nos que tiven a sorte de asistir e de participar neste recuperado Memorial, que fai o número XVI. Penso que é de xustiza e de agradecidos recordar e estudar a vida e a obra deste grande e insigne Fillo Predilecto de Pontevedra, quen tanto traballou pola cultura e pola lingua da nosa Galicia, el é un "obreiro da causa galega". Os que nos dedicamos á ciencia humanística en Galicia, temos que reivindicar os estudos galegos sobre figuras tan importantes como Filgueira Valverde e todos os seus mestres da Xeración Nós e todos e todas as súa compañeiras da Xeración do Seminario e do propio Seminario de Estudos Galegos (12/10/2023). Penso que nestes e noutros temas de índole galega hai abondosa materia para investigar e compre facelo. Hai que motivar e estimular para que nas universidades galegas (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Universidade da Coruña) fomenten e propicien os estudos galegos, de temas galegos e traballados en lingua galega. Se non se fai é unha triste perda e un desagradecemento a tantos galegos e galegas que entregaron toda a súa vida a soerguer Galicia, e Xosé Filgueira Valverde foi un deles. Por iso e por moitas razóns máis ten sentido o rescate e a celebración deste Memorial, que agardamos que teña continuidade.

En este mes de octubre hubo dos días significativos en los que tuve la fortuna de asistir y participar en este Memorial recuperado, el número XVI. Creo que es justo y agradecido recordar y estudiar la vida y obra de este gran y distinguido Hijo Predilecto de Pontevedra, que trabajó tanto por la cultura y la lengua de nuestra Galicia; es un verdadero "trabajador de la causa gallega". Quienes nos dedicamos a las humanidades en Galicia debemos reivindicar los estudios gallegos sobre figuras tan importantes como Filgueira Valverde y todos sus maestros de la Generación Nós, así como todos sus compañeros de la Generación del Seminario y del propio Seminario de Estudios Gallegos (10/12/2023). Creo que en estos y otros temas gallegos hay abundante material para investigar y merece la pena hacerlo. Debemos motivar e impulsar a las universidades gallegas (Universidad de Santiago de Compostela, Universidad de Vigo, Universidad de A Coruña) para que promuevan y fomenten los estudios gallegos, sobre temas gallegos y realizados en lengua gallega. Si no se lleva a cabo, será una gran pérdida y una falta de gratitud hacia tantos gallegos que dedicaron su vida entera a construir Galicia, y Xosé Filgueira Valverde fue uno de ellos. Por esta y muchas otras razones, el rescate y la celebración de este Memorial, que esperamos perdure, tienen todo el sentido.

I was fortunate enough to attend and participate in this revived Memorial—the 16th edition—over the course of two notable days this October. It is only fitting, and a gesture of gratitude, to remember and study the life and work of this great and distinguished "Favorite Son" (*Fillo Predilecto*) of Pontevedra, who labored so tirelessly for the culture and language of our Galicia; he was truly a "worker for the Galician cause." Those of us dedicated to the humanities in Galicia must champion Galician studies focused on such significant figures as Filgueira Valverde, his mentors from the *Xeración Nós* (Generation *Nós*), and his colleagues from the *Xeración do Seminario* and the *Seminario de Estudos Galegos* (Seminar of Galician Studies) itself (October 12, 2023). I believe there is a wealth of material to be investigated regarding these and other Galician-related topics—research that absolutely needs to be undertaken. We must encourage and urge Galician universities—the University of Santiago de Compostela, the University of Vigo, and the University of A Coruña—to foster and facilitate Galician studies: research on Galician subjects, conducted in the Galician language. Failure to do so represents a sad loss and a lack of gratitude toward the many Galicians who dedicated their entire lives to uplifting Galicia—and Xosé Filgueira Valverde was one of them. For this reason, and many others, the revival and celebration of this Memorial are highly meaningful; we hope it will continue in the future.

Deux journées importantes de ce mois d'octobre m'ont été offertes, durant lesquelles j'ai eu la chance d'assister et de participer à la commémoration de la XVIe édition. Il me semble juste et important de se souvenir et d'étudier la vie et l'œuvre de ce grand et illustre fils de Pontevedra, qui a tant œuvré pour la culture et la langue de notre Galice ; il est un véritable défenseur de la cause galicienne. Ceux d'entre nous qui se consacrent aux sciences humaines en Galice se doivent d'étudier la Galice à travers des figures aussi importantes que Filgueira Valverde, tous ses maîtres de la Génération Nós, tous ses collègues de la Génération du Séminaire et le Séminaire d'études galiciennes lui-même (10/12/2023). Je pense que ces sujets, parmi d'autres concernant la Galice, offrent une matière à recherche abondante et qu'il est essentiel de s'y atteler. Nous devons encourager et inciter les universités galiciennes (Université de Saint-Jacques-de-Compostelle, Université de Vigo, Université de La Corogne) à promouvoir et à développer les études galiciennes, les thématiques galiciennes et les travaux menés en langue galicienne. Faute de quoi, ce serait une perte immense et un manque de reconnaissance envers tant de Galiciens qui ont consacré leur vie à l'essor de la Galice, dont Xosé Filgueira Valverde. C'est pourquoi, entre autres raisons, la sauvegarde et la célébration de ce mémorial, que nous espérons voir se poursuivre, sont essentielles.

Houve dois dias significativos neste mês de outubro, em que tive a sorte de assistir e participar nesta comemoração recuperada, a do número XVI. Considero justo e gratificante recordar e estudar a vida e obra deste grande e ilustre Filho Predilecto de Pontevedra, que tanto trabalhou pela cultura e língua da nossa Galiza, sendo um verdadeiro "trabalhador da causa galega". Nós, que nos dedicamos às ciências humanas na Galiza, temos de reivindicar os estudos galegos sobre figuras tão importantes como Filgueira Valverde e todos os seus mestres da Geração Nós, bem como todos os seus colegas da Geração do Seminário e do próprio Seminário de Estudos Galegos (10/12/2023). Penso que nestes e noutros temas galegos existe abundante material para investigação e que vale a pena fazê-lo. Devemos motivar e estimular para que as universidades galegas (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Universidade da Corunha) promovam e incentivem os estudos galegos, sobre temas galegos e trabalhados em língua galega. Se tal não acontecer, será uma grande perda e uma falta de gratidão para com tantos galegos que dedicaram a sua vida à construção da Galiza, e Xosé Filgueira Valverde foi um deles. Por isso e por muitas outras razões, o resgate e a celebração deste Memorial, que esperamos que continue, fazem todo o sentido. 

PRIMEIRA MESA:













SEGUNDA MESA:







Despois da inauguración e da celebración desta primeira xornada do memorial e coa exposición dos membros das dúa mesas que corresponderon o día 23/10/2026 proseguiu coa celebración doutras dúas mesas redondas e con outras actividades complementarias.
Pensamos que habería que reformular un pouco o formato e os horarios para darlle máis axilidade e dinamismo ao memorial. Así como implicar ao campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, ao Centro Asociado da UNED en Pontevedra e ao profesorado e ao alumnado dos institutos de Pontevedra, tamén implicar máis a Sociedade da Coral Polifónica de Pontevedra. Sabemos das dificultades para mobilizar a certos sectores polas súas infundadas reticencias cara a figura de Xosé Filgueira Valverde e todo o que esta significa. Pero, hai que intentalo e repensar para a próxima edición esta magnífica iniciativa de recuperar a celebración destes memoriais que nunca deberon ser suprimidos do calendario educativo e cultural da Deputación Provincial de Pontevedra. É digno e de xustiza lembrar e homenaxear a Filgueira Valverde o que tamén supón rememorar ás xeracións Nós e do Seminario de Estudos Galegos e cumprir un dos seus obxectivos principais, que non era outro que dignificar á lingua galega e soerguer Galicia. Todo o que fagamos neste senso sempre será pouco.



















jueves, 21 de agosto de 2025

O MUSEO DE PONTEVEDRA, SEMPRE! A obra máis mimada de Filgueira Valverde (II)

 

Na miña visita do pasado 16/07/2025, ao fondo O TESOURO de Asorey

Pode dicirse con toda exactitud e propiedade que o Museo de Pontevedra é o Museo de Filgueira Valverde, el configurou e marcou a traxectoria desta grande institución da cidade e da provincia de Pontevedra. Non esquecemos o gran e exemplar labor do director antecesor Casto Sampedro y Folgar, mestre de Filgueira e do director sucesor Xosé Carlos Valle Pérez, discípulo de Filgueira.

E falando de mestres e discípulos, temos que dicir que un mestre remoto de Xosé Filgueira Valverde, por el recoñecido e por el admirado e querido é frei Martín Sarmiento (1695-1772), monxe bieito ilustrado, precursor dos estudos galegos e defensor da lingua galega e de Galicia. Sobre o que Filgueira ten escrito a súa biografía e publicado un epistolario en colaboración con María Xesús Fortes Alén como editora no Consello da Cultura Galega. María Xesús, outra muller importante do Museo, a súa arquiveira por antonomasia e estreita colaboradora de Filgueira Valverde, así como unha das persoas que mellor coñecen á persoa e á obra de Filgueira Valverde.

Sarmiento é unha das especialidades de Filgueira Valverde
(Busto custodiado e exposto no Museo de Pontevedra)

Loxicamente no Museo de Pontevedra non poden faltar referencias e moitos documentos sobre Frei Martín Sarmiento, o Museo de Filgueira é o lugar idóneo para indagar e investigar sobre o sabio bieito e sobre o non menos sabio e compañeiro del, o padre Feixoo, outro gran erudito ilustrado do XVII-XVIII.

Óleo tamén conservado e exposto no Museo de Pontevedra

Na serie de Filgueira Valverde, Pontevedreses Universales, editada e publicada pola Deputación Provincial de Pontevedra (institución clave para o Museo de Pontevedra) Filgueira tense dedicado a Sarmiento e a súa estirpe, o seu apelido, a súa historia. Era un tema querido e recurrente do sabio polígrafo pontevedrés. Persoa digna do noso agradecemento polo seu legado e que debera ser obxecto de estudo e de investigacións. Ánimamos ás novas xeracións de investigadores a que teñan en conta a miña proposta e que superen os prexuízos e a negativa e inxusta lenda creada con mala fe e con pouco rigor científico sobre unha figura tan insigne da nosa cultura como é o profesor Xosé Filgueira Valverde.















jueves, 17 de julio de 2025

O MUSEO DE PONTEVEDRA, SEMPRE! A obra máis mimada de Filgueira Valverde (I)


Nunha data tan significativa, como a de onte, 16 de xullo, día do Carme, non perdín a oportunidade de volver ao Museo de Pontevedra, meu admirado Museo. Segundo me manifestou Fernández del Riego (1998) o mellor legado e a mellor obra de Filgueira Valverde, cousa que tamén me confirmou Antón Fraguas no mesmo ano. Museo que eu non deixaba de visitar todos os cursos cos meus alumnos, as crianzas do meu querido e lembrado colexio de O Piñeiriño de Vilagarcía de Arousa.

E dicir Museo de Pontevedra é dicir Castelao, o gran Castelao, do que se conserva a maior parte do seu legado, patrimonio de todos os galegos e grazas ao ben facer e ao agarimo que Filgueira Valverde sentía polo rianxeiro e pola súa universal obra.

E se dicimos Museo de Pontevedra non podemos deixar de nomear a Francico Javier Sánchez Cantón, un dos seus principais valedores e amigo e mestre de Filgueira Valverde, sempre Filgueira Valverde. Ao falares deste museo nunca poderemos esquecer a figura e a obra deste sabio poligrafo pontevedrés, como tantas veces ten recoñecido meu admirado e querido amigo, o erudito e sabio actual galego Xesús Alonso Montero.


Francisco Javier Sánchez Cantón (1891-1971). Retrato conservado e exposto no Museo de Pontevedra

Como me dicía Antón Fraguas, Sánchez Cantón era un señor pontevedrés, moi pontevedrés. Con Castelao, forma parte do primeiro padroado do Museo, que se concibe no ano 1927 e se inaugura a véspera da Peregrina do ano 1929. Pois el con Castelao, que daquela eran grandes e queridos amigos, se preocupan dos máis mínimos detalles para poñer en marcha esta grande institución.
Que hoxe alberga a colección das láminas do famoso Álbum Nós de Castelao. Sánchez Cantón e Filgueira Valverde contribuiron e colaboraron a que esta obra artística poidera ser editada, nunha primeira edición primorosamente composta, publicada e distribuida. Tres grandes amigos para un inmenso Museo.

E falar do Museo de Pontevedra é falar da miña querida vila termal Caldas de Reis e do seu famoso tesouro, o máis prezado e máis grande tesouro prehistórico (castrexo) pola cantidade en kilos de valiosas pezas de ouro que ten. É a xoia deste Museo, bo, unha das súas máis interesantes e prezadas.


A marabilla do tesouro de Caldas, conservado e custodiado no Museo de Pontevedra

Se a San Andrés de Teixido se un non vai de vivo, vai de morto; eu recoméndovos que antes de finar tendes que visitar o Museo de Pontevedra e en visitas demoradas, pausadas, non como lóstregos, como alguén fixo con San Andrés. Este Museo é digno de verse moitas veces, gozando e recreándose cos magníficos tesouros que alí hai. Non busquedes fóra o que xa temos aquí. Volveremos ao Museo ao noso Museo.







 

miércoles, 16 de abril de 2025

NO CENTENARIO DA SOCIEDADE CORAL POLIFÓNICA DE PONTEVEDRA 1925-2025

 

Un centenario moi importante para a cidade de Pontevedra e en xeral para a historia da música de Galicia. Nesta Coral, presidida hoxe por Xosé Carlos Valle Pérez, discípulo e continuador do traballo de Filgueira Valverde, quen tamén foi director e admirador da Coral, no Museo de Pontevedra, participaron personaxes tan importantes da nosa historia como Losada Diéguez, Castelao, Bóveda, Blanco Porto, Iglesias Vilarelle, Amancio Landín Carrasco,... por citar só a algúns dos máis representativos. Ao longo destes cen anos moitos pontevedreses e pontevedresas formaron parte desta prezada e valorada entidade pontevedresa.

Pois, andando a remexer e a investigar no primeiro diario de Vilagarcía de Arousa GALICIA NUEVA (1907-1938) por un proxecto que teño entre mans, topeime cun artigo sobre a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, que imos reflectir. Na laudatio da Coral, sinalar que comparada cunha orquestra sinfónica (e os orfeóns daquela época) a Coral é descrita como unha excelente orquestra de cámara, polo reducido dos seus integrantes, uns 70 e pola súa inmensa calidade. A Coral foi pioneira por integrar voces femininas e polo seu selecto, rico e valioso repertorio.

Serva esta entrada como unha miña homenaxe e o meu recoñecemento cara a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, parabéns e mil primaveras máis para a música coral de calidade.

E non deixen de visitar sobre este centenario a magnífica exposición do Museo de Pontevedra.

https://museo.depo.gal/es/-/exposicion-sociedade-coral-polifonica-de-pontevedra-1925-2025  








Co sexto Presidente da S. Coral Polifónica de Pontevedra mantiven unha relación moi especial e moi cordial, unha personalidade moi querida e lembrada por min:



E co sétimo e actual Presidente, manteño unha relación de amizade, meu prezado Valle Pérez, que tanto me ensinou sobre seu mestre, don Xosé Filgueira Valverde e tanto me informou sobre a Pontevedra de onte e de hoxe:



Imaxes obtidas da magnífica exposición sobre este Centenario no Museo de Pontevedra
(Visitada o último día da mostra, 20-04-2025)


Galicia Nueva, o primeiro diario de Vilagarcía de Arousa, reflicte con todo detalle e en primeira plana a actuación da Sociedade Coral de Pontevedra en Vilagarcía, no histórico cine que levaba o nome da cidade, o día 29 de setembro de 1929.























jueves, 5 de agosto de 2021

CASTELAO, MÁGOA NON TELO COÑECIDO




 É sabido que levo uns anos estudiando a figura de Xosé Filgueira Valverde na súa faceta de educador e de profesor. Achegándome a este personaxe podo comprobar a riqueza do seu entorno persoal, a enorme riqueza das súas relacións humanas.

Ademais da importancia da súa familia, quero subliñar a súa relación cos membros da Xeración Nós e co grupo dos fundadores e compoñentes do Seminario de Estudos Galegos, unha institución da que nunca faremos o necesario para loar a súa importancia capital na historia da cultura galega.

Mais, hoxe, quero centrarme na figura de Castelao, personaxe sobranceira da historia galega do século XX. El entregou con xenerosidade a súa vida ao servicio de Galicia, á que tanto amaba.

Filgueira Valverde tiña en moi alta estima e moitísimo aprecio pola persoa de Castelao. Todos os de Nós e todos os do Seminario de Estudos Galegos querían moito ao irmán Castelao. Filgueira dedícalle integro o IV tomo da súa colección de ensaios titulados Adral.

Tamén apreciaban e admiraban moito a Castelao dous íntimos amigos e mestres de Filgueira, como foron Francisco Xabier Sánchez Cantón e Antonio Iglesias Vilarelle. Sánchez Cantón e Filgueira Valverde costearon e mimaron a edición do álbum Nós da autoría do gran Castelao.

Filgueira fixo todo o posible e máis por xuntar no Museo de Pontevedra a maior parte da obra e do legado de Castelao. Museo moi querido polo rianxeiro e que axudou a configurar nos máis mínimos detalles.

Castelao tiña especial aprecio e debilidade por Pontevedra, onde pasou anos cruciais e moi produtivos da súa vida.

Desgraciadamente e por motivos políticos a partires do ano 1935 Castelao e Filgueira comezan a se distanciar e xa dun xeito definitivo a ruptura total confírmase a partires dos tristes sucesos de xullo de 1936, tal como nos indicou e manifestou nunha conversa mantida en 1998 Francisco Fernández del Riego.



Estas lembranzas viñeron ao meu maxín ao visitares hoxe, entre outras salas, as dedicadas a Castelao no Museo de Pontevedra. Sen dúbida, eu desexaría ter coñecido ao grande Castelao, que aparte de político, artista, escritor, creo que foi un home simpático, irónico, gran persoa; foi un dos “bos e xenerosos” da Nosa Terra.

Recomendo achegarse á persoa de Castelao, coñecer a súa vida, a súa obra e gran parte dela esta custodiada no magnífico Museo de Pontevedra, o museo filgueirián, que compre visitar unha e outra vez, un tesouro ao alcance de todos. 


Todas as imaxes son de Carmen Sánchez

sábado, 10 de marzo de 2018

UN EDUCADOR E O SEU AMIGO ENTRE FLORES

Xosé Filgueira Valverde gozaba coa beleza, coa bondade e coa Natureza


(Imaxe do despacho particular de Filgueira Valverde, flores e moreas de libros. Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra)

Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 1906-1996) estivo sempre moi interesado no traballo interdisciplinar, non era estraño, xa que como un dos máximos representantes do Seminario de Estudos Galegos (1923-1936), defendía e propiciaba o traballo científico e intelectual “inter-áreas”, tal como promovía aquela lembrada e insuperable institución galega.
Filgueira Valverde estivo tamén moi relacionado coa Misión Biolóxica de Galicia (1921), instalada na cidade de Pontevedra (1927), despois do seu fugaz paso pola Escola de Veterinaria cando se atopaba instalada na cidade de Santiago de Compostela (1921-1926).  Filgueira fora nomeado vocal do Padroado da Misión Biolóxica en 1948. Desde a chegada de Antonio Odriozola (1911-1987) a Pontevedra en 1964, axiña estableceuse unha súa mutua amizade, o bibliotecario da Misión Biolóxica era o home que máis sabía sobre camelias, bibliografía, discografía e musicoloxía. D. Antonio pasaba polo Museo de Pontevedra (1927; 1929) puntualmente sobre o mediodía. Entre Filgueira e el sempre había un intercambio de saberes, sempre a falar de libros, flores e discos; afeccións comúns moi queridas, tamén conversaban sobre o grande Ramón María del Valle-Inclán (1866-1936). Nunha palabra, os dous namorados da beleza.
Filgueira Valverde, como o educador que era, imprimía seu afán didáctico a todos os seus actos, é un factor común, educar dentro e fóra da cátedra.
E como hoxe queremos darlle o protagonismo que se merece á camelia, subliñar que Filgueira Valverde promoveu e sempre deu o seu apoio o Certame Concurso Internacional da Camelia, cuxa primeira edición foi na cidade de Pontevedra no ano 1965, certame que vai rotando na súa celebración entre as cidades de Pontevedra, Vigo, e Vilagarcía. Precisamente, este ano a quenda da súa celebración correspóndelle a Vilagarcía, a cidade arousá organizará a LIV edición os días 10 e 11 de marzo.
Ese gusto polas flores compróbase no feito de que Filgueira Valverde tiña sempre un búcaro con flores no seu despacho. E na súa casa de Arcebispo Malvar, 49, abundaban plantas e flores a carón dos libros, moreas de libros. E entre as flores, unhas das súas preferidas, as camelias. As flores de orixe oriental, que viñeron de alén mar para quedarse. E xa ben aclimatadas nas nosas Rías Baixas, poboan xardíns públicos e privados, como os fermosos xardíns de tantos dos nosos magníficos pazos, como os de Rubiáns, Golpelleira, de Oca, de Castrelos... e como non? nas instalacións do antigo pazo do Arcebispo Malvar que ocupa a Misión Biolóxica de Galicia, felizmente asentada e consolidada en Pontevedra.
É tempo de camelias, no alén Odriozola e Filgueira han estar nun longo e inacabable parolar, quizais co marqués de Bradomín e as súas sonatas; é fácil maxinar do que falarán...

                                                            Xermán Manuel Torres


domingo, 3 de diciembre de 2017

FILGUEIRA, PREGOEIRO EN VILAGARCÍA (III)





Nestas últimas entradas estou a ofrecer unha síntese dos materiais que pescudei e utilicei na miña pasada conferencia na III Xornada Filgueira Valverde, sempre en Galicia, do pasado 28/10/2017. Agardo que servan para dar a coñecer e recoñecer o labor cultural de Xosé Filgueira Valverde. A niguén se lle escapa o moito que traballou por Galicia e o galego o eximio vate pontevedrés.


CITAS

1.- Personaxes literarias
2.- Personaxes históricas
3.- Padroeiros das parroquias
4.- Os eruditos locais


1.- PERSONAXES LITERARIAS

•        DA BANDA DE ALÁ: García Mattí, Castelao, os Dieste, Manuel Antonio, Fernández Mato.
•        DA BANDA DE ACÓ: Barreiro, Cabanillas, os Camba, os Bouza Brey, Valle Inclán.

2.- PERSONAXES HISTÓRICAS

•        García Caamaño, o fermoso, o vello (1461), os García Caamaño (Rubiáns, O Rial)
•        Rodrigo de Mendoza Soutomaior (1589)
•        García Manrique e Enrique III, rei de Castela e León
•        Juan Mariño de Soutomaior (Vilaxoán)

3.- PADROEIROS DAS PARROQUIAS E CAPELAS

•        Santa Olaia de Arealonga
•        Santiago de Carril
•        San Cristobo
•        San Bartolomeu
•        San Pedro (Cea, Cornazo, Fontecarmoa)
•        Santa María de Rubiáns
•        San Martiño de Sobrán
•        San Salvador de Sobradelo
•        San Xinés de Bamio
•        Capelas (San Cibrán, Santa Rita, Nosa Señora de Cortegada)


4.- Os eruditos locais

•        Núñez Búa, Garrido, Aquilino (Colexio León XIII)
•        Fernández
•        Del Valle
•        Viqueira
•        García Lago
•        Valle, Barreiro, os Bouza Brey (os poetas)


CARACTERÍSTICAS

•        Rigor (traballado, documentado e fundamentado).
•        Calidade literaria e expositiva; carácter didáctico.
•        Integrador, global (non se circunscribe só ao centro da cidade, refírese a todo o Concello).
•        Contextualización xeográfica e histórica.
•        Exaltación das bondades e das belezas.
•        Obra dun mestre pregoeiro.

DOCUMENTACIÓN

•        Arquivo Concello de Vilagarcía de Arousa.
•        Arquivo Museo de Pontevedra.
•        Fortes Alén, Mª Xesús: Ó Dr. Filgueira Valverde nos seus noventa anos (1906-1996). Bibliografía. Traballos. Eloxios. Caixa de Aforros de Pontevedra, 1996, pp. 153.
•        Garrido Castromán, Daniel: Da terra, do mar e do ceo. Concello de Vilagarcía, 2003.
•        Hemeroteca La Voz de Galicia-Arousa.
•        www.filgueiravalverde.gal


 


lunes, 27 de noviembre de 2017

PREGÓN DE FILGUEIRA VALVERDE (II)


Seguimos cunha pequena análise do pregón (13/08/1988) de Filgueira Valverde, que teremos oportunidade de seguir tratando en próximas entradas.

CONTIDO DA CARPETA

•        Un folio mecanografado cunha síntese do pregón.
•        Un folio mecanografado por ambas dúas caras e unha copia do mesmo. En ambos notas manuscritas.
•        16 fichas autógrafas en cuartillas e medias cuartillas con notas para o pregón.
•        Unha copia da referencia deste acto no Correo Gallego, sábado, 13 de agosto de 1988, páx. 74, inclúe foto de Filgueira Valverde.

DESEMVOLVEMENTO DO PREGÓN

O profesor Filgueira Valverde pronunciou en galego o seu discurso e iniciouno cunha evocación do significado estético e histórico das dúas bandas da Ría de Arousa e do seu vértice padronés, porta de Compostela, e o do papel que desempeñou nela Vilagarcía.

•        Glosou a fundación tardía de pobras e vilas mariñeiras, como o xeito de reflectir unha nova mentalidade relacionada coas navegacións e as descobertas.
•        Sinalou os tres aspectos da Festa, ligados á memoria histórica. O relixioso, acollido ao patrocinio dun santo peregrino e vinculado aos votos formulados nas grandes pestes que asolaron Galicia.
•        Que deron lugar ao culto posterior dos padroeiros das freguesías que deron orixe á “Vila” ou que logo se sumaron a ela: Santa Olaia, Santiago, San Martiño, ... 
•        Outro aspecto é o deportivo, arraigado na apertura de Vilagarcía aos aires de Europa, a través da relación con Reino Unido. Por elo, foi a primeira en aceptar as formas do “sport” que hoxe privan e tamén en descubrir as posibilidades lúdicas que ofrece o mar.
•        Por último, a gran atracción do “combate naval” paralelo mariñeiro da “Fachada” compostelá. Fixo un eloxio do mester dos artificieiros, recordando o conmovedor poema de Lisardo Barreiro.
•        Dedicado ao que perdeu a vista e cambiou o manexo misterioso e efémero das luminosas polictomías por o de tocar a zanfona nas romarías aldeás.
•        Cifrou as claves da identidade comunitaria da cidade e da súa vocación universalista nas personalidades que a formaron e a rexeron. Dedicando unha emotiva lembranza aos poetas e aos educadores. Que a festa sexa motivo de ledos encontros cos ausentes que viven botándoa de menos. Rematou cuns versos de Fermín Bouza Brey.