NOSA SEÑORA DAS
CABEZAS,
EN ARMENTEIRA
(Imaxe de Xermán Manuel Torres)
D. Antonio Fraguas
realizou un gran labor como antropólogo e etnógrafo rescatando e describindo grandes xoias da Antropoloxía Cultural de Galicia. A el debemos unha
grande recolleita de cantigas, coplas, ditos, refráns, costumes, oficios da
Nosa Terra.
Imos recoller,
do seu traballo sobre “Romarías e Santuarios”, algunhas verbas súas sobre Nosa
Señora das cabezas de Armenteira:
Tres Eros van
xunguidos ós primeiros tempos do mosteiro: Ero de Armenteira, Ero de Armendáriz
e San Ero de Armenteira, no ano 1151. É fermosa a lenda da fundación. O
matrimonio posuidor das terras de Armenteira non tiña descendencia e acudiu á
Virxe para conseguila. Despois de varias súplicas, unha noite, en soños,
aparecéuselles a Virxe e díxolles que a súa descendencia sería espiritual; por
iso debían fundar cadanseu mosteiro. (…).
A romaría
celébrase o luns de Pascua e a ela acode xente de toda a comarca e persoas que
veñen de máis lonxe. (…) Pero ademais celébranse diante de Nosa Señora das
Cabezas bautizos e vodas.
Antonio Fraguas,
Romarías e Santuarios (III), (Vigo:
ACSA-Diario 16 de Galicia: 1992), 246, 248.
No hay comentarios:
Publicar un comentario