Imaxe do Arquivo de Ondas de Arosa
ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS (Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999)
Que
grande acerto o dedicarlle o Día das Letras Galegas 2019 ao querido e sempre
tenro D. Antón Fraguas, home “bo e xeneroso”, como recoñecía nun dos seus Adrais o seu amigo Xosé Filgueira
Valverde. D. Antón foi querido profesor nos institutos da Estrada (en tempos da
II República), de Lugo (1950-1959), “Rosalía de Castro” de Santiago de
Compostela desde 1959 e ata a súa xubilación en 1975.
Profesor
Auxiliar da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de
Compostela, cidade dos seus amores e cidade que tanto quixo a D. Antón, o
Instituto de Ensino Secundario do barrio de Fontiñas leva o seu nome ao igual
que unha rúa da cidade do Apóstolo, que lle entregou a súa medalla de Ouro. No
cemiterio de Boisaca repousan os restos mortais de Fraguas a carón da tumba
doutro eminente galego, Ramón María del Valle-Inclán.
Lembrado
fundador e primeiro director do Museo do Pobo Galego (1976), eximio
bibliotecario do Seminario de Estudos Galegos (1923.1936) e do Instituto Padre
Sarmiento de Estudos Galegos (1943). Extraordinario antropólogo e etnógrafo, xeógrafo
e historiador; pero sobre todo unha grande e marabillosa persoa que tiven a
sorte de coñecer e tratar, aínda que fose por pouco tempo, pouco; pero, intenso
e do que gardo unha grata lembranza.
Quedáronme
gravadas dúas manifestacións del, diante dunha miña pregunta, na que lle dicía
que el que vivira tantos anos en distintas épocas e pasando tantas na vida, que
destacaría de antes sobre os tempos de 1998?, el dicía que pensaba na honradez
e no respecto á palabra dada.
E
logo díxome, Xermán, nós como profesores deberamos traballar para que o
alumnado dera o paso de estudantes a estudosos; os primeiros, estudan por
obrigación, os segundos, polo pracer de saber, de descubrir, de coñecer. Que
sabio era D. Antón!
No hay comentarios:
Publicar un comentario