martes, 28 de mayo de 2019

XORNADA POÉTICA DA MESA DAS VERBAS EN PADRÓN



Do vinte e cinco de maio era o gran día
que fomos moi ledos á casa de Rosalía,
levamos da nosa fermosa ría de Arousa o son
a esa terra de letras e xograres que é Padrón.

Ceibamos moitas verbas e versos e cantigas ao ar
e escoitamos o murmurio das poéticas augas do Sar,
e as queixas e as denuncias da nosa querida poeta
na Casa da Matanza soaban como unha forte saeta

non a ese Cristo dos xitanos,
senón ao dos galegos cristianos.




Por terras de Padrón, 19 amantes de verbas e versos desenvolvemos o seguinte programa:

11:15 / 13:30   Visita a Casa Museo de Rosalía de Castro, incluído un recital poético no seu xardín, debaixo da parra.

13:30 / 17:30   Xantar de confraternidade con brindes poéticos, cantigas, convivencia.

17:30 / 19:00   Visita ao xardín botánico e descanso á sombra das súas frondosas árbores.

19:30 / 20:00   Recital poético no XXXII Festival das Letras Galegas, previo a actuación de tres masas corais, fomos invitados pola Sociedade Cultural Padronesa.

Tivemos como magníficos anfitrións aos nosos amigos Rafa Villar, Isidoro Sanmartín (presidente da citada sociedade) e Enrique Basadre (un padronés da Matanza, extraordinario cicerone e cantor da riqueza e das beldades do seu querido pobo).




No hay comentarios: