NOCTURNO
Non, je ne suis jamais seul
avec ma solitude...
(G. Moustaki)
Intre apreixado de lúa,
escintilar de estrelas ao lonxe,
ceo nocturno.
Ao meu carón
un verdadeiro amigo,
o meu canciño,
óense os grilos na noite,
o meu pensamento cavila
nos traballos da vida
e da morte.
Agora gozo
da miña soedade,
realmente estou só?
O home está só?
Enriba habitan milleiros
de estrelas,
o meu can lambe a miña man,
os grilos e as carricantas
non deixan de cantar.
A miña mente bule
presencias de seres idos,
ausencias de seres queridos.
Dentro, na casa,
agardan por min.
Estou só coa miña soedade,
soedade acompañada.
Aloumiño ao meu querido can,
nesta noite
tenra de verán,
no alto escintilan as estrelas.
Xermán Torres
(En Cabanas-Salcedo, 11:15 h. do IX-VII-MMVIII)
A EMBAIXADA VILAGARCIÁ NO GROVE
Andrea Fdez. Maneiro en plena acción
(Imaxe de Xermán Torres)
Pilar Lojo na súa actuación
(Fotografía de Xermán Torres)
Xermán Torres na súa quenda de actuación
(Imaxe Pilar Lojo)
Xermán noutro momento da súa actuación
(Instantánea de Pilar Lojo)
Grazas a Queco Fresco e á xente do Grove pola súa acollida e por brindarnos a oportunidade de vivir esta experiencia poética tan grata e tan interesante. Parabéns, ánimo e a seguir así.
Imaxe de Queco Fresco
Pois ben, ata outra milloarada!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario