FLORES
PARA FEDERICO
Cando a poeta arousá
Xaquina Trillo
lle entregou un ramo de
flores a
Lorca en Vilagarcía, no
ano 1932
Xermán
Torres
Con
Xaquina Trillo na presentación do meu libro
Ó GALEGO POLO TEATRO en 1996
Xaquina Trillo
(Vilagarcía de Arousa, 1916-2004) foi unha querida e simpática amiga miña, moi
galeguista ela, gábome de terme relacionado con ela e gozar da súa amizade e da
súa poesía.
Xaquina
fixo os seus estudos de bacharelato no moi lembrado e prezado Colexio León XIII
de Vilagarcía, que foi dirixido, entre outros, por Xosé Núñez Búa (1903-1981),
Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961) e Xesús Garrido Álvarez (1904-1971), os
tres amigos da lectura e da escritura. O Colexio León XIII era un colexio
privado asociado ao Instituto de Pontevedra, polo réxime de ensino colexiado, o
seu alumnado presentábase por libre aos exames no instituto pontevedrés. Foron profesores da poeta de Arousa, como
así denominaba a Xaquina Trillo, Antón Fraguas Fraguas (1905-1999), naquel lembrado
colexio, Aquilino Iglesia Alvariño de Latín e Manuel Rodríguez Castelao
(1905-1937) mártir inmolado no bou Eva e curmán de Castelao (1886-1950), de
Debuxo.
Contaba Xaquina, que
nun acto do colexio, recitou poemas de Rosalía e algún poema de seu. Estando
alí a escoitala o gran Castelao, díxome ela que o insigne rianxeiro lle comentou: - Segue por aí, meniña.
Xaquina tamén me contou unha súa vivencia do ano
1932, cando, sería no mes de agosto dese ano, o poeta Federico García Lorca (1898-1936), autor dos SEIS POEMAS EN
LINGUA GALEGA, visitou Vilagarcía de Arousa co grupo teatral universitario LA
BARRACA para representar no que hoxe é a praza do doutor Carús, preto da
praza da Peixería, teatro clásico en castelán. Nese acto de representacións
teatrais, Xaquina Trillo máis dúas mozas amigas, fillas dunha muller andaluza,
casada cun médico militar que facía o servizo de medicina exterior portuaria en
Vilagarcía e por mandado desta señora andaluza, as súas fillas máis ela fíxéronlle entrega dun ramo de flores a
Federico. Xaquina quedou fascinada do engado e do magnetismo do mal fadado
poeta granadino.
Esta experiencia
narrouma Xaquina a min, asunto que teño reflectido en máis dunha ocasión en
diferentes foros e con distintas persoas.
Nun
Congreso sobre Lorca en Galicia,
celebrado os días 13, 14 e 15 de xullo de 1998,
na Facultade de Filoloxía en Compostela, xa vai alá algúns aniños, dito
congreso foi organizado polo eminente profesor Xesús Alonso Montero (1928), e
coa participación de persoas que tiveron coñecido a Lorca en vida, entre as que
se atopaban, o intelectual e profesor Antón Fraguas Fraguas; o activista
cultural, escritor e editor Francisco Fernández del Riego (1913-2010) e a propia poeta Xaquina Trillo, que
relatou a súa experiencia da entrega dun ramo de flores en Vilagarcía no ano
1932 ao poeta Federico García Lorca, quen nese ano percorreu Galicia coa
Barraca, pasando tamén por Pontevedra.
Sería necesario
consultar as hemerotecas dese ano 1932, sobre a estancia de Federico en
Galicia, sei que hai algunha publicación sobre ese tema, das visitas de Lorca a
Galicia, eu prometo que consultarei o xornal vilagarcián GALICIA NUEVA nos
números do ano 1932 para comprobar o que di desa memorable visita do universal
poeta granadino a Vilagarcía de Arousa. Quedamos emprazados e xa falaremos
daquela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario