miércoles, 22 de septiembre de 2010

CAMBA, ÚLTIMA EDICIÓN (II)


Os profesores, Teodoro León Gross, Profesor Titular de Periodismo da U. de Málaga e experto en Manuel Alcántara e Bernardo Gómez Calderón tamén Profesor Titular da mesma especialidade e na mesma universidade, experto en Francisco Umbral, imparten a conferencia inaugural da xornada baixo o rubro de: "EL ARTÍCULO PERIODÍSTICO Y SU PROYECCIÓN LITERARIA".
Comeza o profesor León, mencionando unha súa publicación: DIEZ ARTICULISTAS PARA LA HISTORIA DE LA LITERATURA. E indica que os artículos periodísticos tamén son un xénero literario. Hai unha idea entre moitos periodistas que a literatura corrompe o periodismo. Existe un debate entre xornalistas e literatos, tentando descalificar uns á literatura no xornalismo e outros ao xornalismo na literatura.
A "Real Academia de la Lengua" no século XIX organizou debates e concluío sempre que o periodismo pode ser literatura; pero, literatura menor.
Nos periódicos, actualmente, a sección de opinión ten decrecido; nembargantes, as columnas aumentaron. A columna ten ao seu favor a levedade, rapidez, exactitude, visibilidade e a multiplicidade; estas características exténdense ao periodismo actual, según a previsión do profesor Galino. Os blogs amosan que a columna vai ter vitalidade.
Camba non era un columnista stricto senso, foi un articulista. Non o era oficialmente; pero, de feito, si que era columnista. Sorprende a escasa acollida académica da columna. Os literatos no son moi ben vistos nas redaccións dos periódicos.
Os periodistas que escriben como queren, que non se circunscriben ás normas teóricas do xornalismo foron mal comprendidos, e denominados despectivamente os literatos.
O problemático é o literario, non deixa de crear máis que dificultades, mais, por outro lado, o que fai grande a un xornal é o literario.
O articulismo pode ser de dúas clases, o que se dedica á análise e o encamiñado cara o entretemento (esta modalidade semella un xénero menor). O literario fai referencia ao ficticio; o periodismo reflicte a realidade, entón o literario non encaixa no xornalismo. Pensamos que o literario é cuestión da competencia expresiva. A escritura literaria tamén se da no xornal. No entretemento búscase que o lector comparta o punto de vista do autor. Son textos retóricos que non persiguen a verdade; persiguen a adhesión do público. Este obxectivo tamén se persigue na análise. O artículo de persuasión, utiliza a liña argumentativa, ofrecendo datos. A liña inxeniosa, literaria (como facía Camba) busca sorprender, interpelar ao lector, ofrecerlle goce estético, placer de ler. O literario non exclúe ao artigo do periodístico. O ORNATUS, o adorno é o buscado como fonte de placer. Un discurso galano sedúcete. O literario non é algo alleo ao articulismo. O articulismo literario é máis apreciado que o meramente argumentativo. Ao ser literatura vence ao tempo.
A segunda parte da ponencia correspóndelle ao profesor, Gómez Calderón, que comenza argumentando da vixencia limitada do xornal. O periódico consúmese en 24 horas. E os artigos con valor literario hai que salvalos. A literatura pode axudar a comprender a realidade, por eso os mellores artigos dun autor deben ser seleccionados e publicados en formato de libro.
No mundo anglosaxón a columna ten características máis argumentativas e analíticas coas características de certeza, precisión e exposición de ideas. O articulismo español é máis literario.
Os escritores e intelectuais en España sempre tiveron dificultades económicas; por eso, se aproximan ao xornalismo, incluso para divulgar a súa obra. O periodismo era un método de subsistencia. A traxectoria, a xenealoxía do artigo literario é densa dentro do periodismo de España.
Breve aproximación á historia do articulismo en España:

PRIMEIRO TERCIO DO SÉCULO XIX

O articulismo alónxase do ensaísmo do século XVIII, alixéirase e popularízase. Dos personaxes máis importantes, subliñar as figuras de Mesonero Romanos e Mariano José de Larra, pai do articulismo español e primeiro líder de opinión do xornalismo español. A súa obra periodística convérteo en escritor.
Co Romanticismo e no reinado de Isabel II decae o articulismo. Figura destacada deste momento, Pedro Antonio de Alarcón.
Ata finais do século XIX non volve a florecer o articulismo, topámonos coa figura clave de Clarín, quen ademais exerceu como crítico literario. A súa producción periodística LOS PALIQUES está chea de mordacidade e vivacidade.

No século XX un mestre do articulismo é sen ningún xénero de dúbidas, Julio Camba.

Para rematar, enumerar algunhas das principais plumas do columnismo actual:
César González Ruano, que comentaba que o columnismo ten alento literario, é a expresión da subxectividade. Dicía que o artigo é o soneto do periodismo. Menciona tamén dun xeito rápido a Sánchez Mazas e a Campmany, famoso e polémico columnista de ABC. Finaliza mencionando a Viçenc, que dende o xornal EL PAÍS, pode considerarse epígono dos anteriores.

No hay comentarios: