martes, 14 de septiembre de 2010

UNHA PLUMIÑA DE MANOLO REY


Manuel Rey Posse (1890-1952) foi un gran artista vilagarcián, moi polifacético e moi querido e lembrado por moitas persoas en Vilagarcía. Quenes o recordan, fanno con tenrura e nostalxia.
Nesta oportunidade, ofrecemos a contemplación dunha súa plumiña, cedida xentilmente pola familia Sobrido, da súa colección particular. Trátase dunha recreación do entorno da popular capela de San Roque de Vilagarcía de Arousa, espazo perfectamente recoñecible. Na actualidade, dende aí comeza a chamada "Festa da Auga", organizada dentro das festas patronais na honra do santo de Montpellier.
Nas súas plumiñas, Manolo Rey recrea lugares e escenas tipicamente galegos, moitos deles, da súa querida cidade natal e tamén, concretamente, da parroquia de Cornazo, precisamente no cemiterio parroquial de dito barrio está soterrado o lembrado artista.
Unha vez máis, queremos recoñecer e valorar a figura de Manuel Rey Posse e o que significa aínda hoxe para a cultura de Vilagarcía de Arousa.

A MANOLO REY, POR SEMPRE.

No hay comentarios: