sábado, 3 de marzo de 2012
TITO PORTO
TITO PORTO, UN GRAN ARTISTA
Toda unha vida gozando en Vilagarcía con creatividade, ledicia e ilusión
Hoxe sometemos ao famoso cuestionario Proust a un vilagarcián moi coñecido e querido. Cunha vocación artística e literaria que fan que teña unhas grandes ansias de vivir en plenitude e cunha fonda fe en Deus e un grande amor pola súa dona. É un dos poetas imprescindibles nas Mesas das Verbas, que ultimamente se veñen celebrando na nosa cidade. Unha persoa tenra e amabilísima coa que da gusto conversar e compartir o tempo, recuperar o tempo no sentido do que nos falaba Marcel Proust.
CUESTIONARIO PROUST
1.- Cal é o principal trazo do seu carácter? Afable.
2.- Que calidade prefere nun home? Seriedade e responsabilidade.
3.- E nunha muller? Responsabilidade e seriedade.
4.- Cal é a túa principal característica? Amabilidade.
5.- Que aprecia máis nas súas amizades? Lealdade e sinceridade.
6.- Cal é o seu principal defecto? O desorden.
7.- Cal é a súa ocupación favorita? O arte, a pintura e a escultura.
8.- Cal é o seu soño de felicidade? Estar xunto a miña dona.
9.- Cal sería a súa maior desgracia? Que a miña dona me faltase.
10.- Como lle gustaría ser? Cunha grande formación cultural.
11.- Cal é o país onde desexaría vivir? En España e onde vivo.
12.- Cal é a súa cor preferida? O azul celeste.
13.- Cal é a flor que máis lle gusta? A margarida (recórdame á miña irmán).
14.- Cal é o seu paxaro preferido? O gorrión por lembranzas de neno.
15.- Cal é o seu prosista preferido? Non me atrevería a opinar.
16.- E o seu poeta favorito? Son moitos.
17.- Cal é o seu heroe de ficción? O home do saco.
18.- E a súa heroína de ficción? A santa compaña.
19.- Quen é o seu pintor favorito? Rivas Briones.
20.- E o seu compositor musical? Manuel de Falla.
21.- Quenes son os seus heroes da vida real? Meu pai e miña nai.
22.- E as súas heroínas da vida real? Miña dona.
23.- Que acontecementos ou características da Historia detesta máis? As guerras.
24.- Quenes son os seus heroes e/ou heroínas da Historia Mundial? Nelson Mandela e Madre Teresa de Calcuta.
25.- Cal é a súa comida preferida? A tortilla de pan de millo (com pouco espesor e moita cebola.
26.- E a súa bebida? O viño tinto de Barrantes.
27.- Cales son os nomes que máis lle gustan? Domingo e Manuela (os nomes dos meus pais).
28.- Que detesta por riba de todo? O asasinato e o maltrato.
29.- Que personaxes históricos detesta máis? Moitísimos (incalculables).
30.- Que feito militar admira máis? A lealdade á Nación e as labores humanitarias.
31.- Que reforma valora máis? Non sabería valorar, hai moito que reformar.
32.- Que don natural lle gustaría posuír? Teño todo o que preciso.
33.- Como lle gustaría morrer? De repente e en gracia de Deus e preto da miña dona.
34.- Cal é o estado actual do seu espírito? Pensativo, con desexo de vivir.
35.- Que defectos ou faltas lle inspiran máis indulxencia? Neste momento pedir perdón, aos que ofendín sen sabelo.
36.- Cal sería o seu distintivo ou a súa divisa? A cruz, o crucifixo.
• Para rematar indique unha lembranza ou algo que queira destacar sobre a comarca de Arousa-Salnés.
Destacaría a importancia da ponte da Illa, para todos nós, e especialmente para eles.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario