A RAPSODIA AROUSÁ, estreada en 2007 e composta por Eligio Vila Vázquez.
Trátase dunha obra descriptiva, de carácter alegre, que nos transporta ás
fermosas paisaxes de nosa comarca, semella que se escoitan os paxariños a
cantar, fundíndose coas ondas do mar de Arousa, que ás veces tamén brúan con
forza. Obra francicanista polo trato agarimoso e acolledor da natureza, nela
fúndense clasicismo e folclorismo nun conxunto amable e pintoresco, nun remanso
de paz arousán, alomenos esas son as nosas impresións ao escoitar esta peza na
honra da nosa fermosa e querida comarca.
Ofrecemos un fragmento interpretado pola Banda Filharmónica do Salnés,
dirixida por Rafa Agulló Albors na Clausura da IV MOSTRA MUSICAL DO EIXO
ATLÁNTICO, celebrada no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, o domingo
11 de maio de 2014, acto no que se rendeu unha homenaxe ao compositor, Eligio
Vila Vázquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario