lunes, 18 de mayo de 2015

VÉSPERA E FESTA DUN DÍA IRREPETIBLE - 17-V-2015




I. ESTREA DE AGROMAR

II. CONCERTO DAS LETRAS

III ACTO INSTITUCIONAL NO IES SÁNCHEZ CANTÓN

IV. SESIÓN PLENARIA DA RAG

Para moitos unhas datas desexadas e longamente esperadas, mais que cumprido fin tiveron.
O sábado 15 de maio de 2015, ás 19:00 h. tivo lugar no Salón de Actos do VI Edificio do Museo de Pontevedra a estrea absoluta, por parte do grupo ARUME da peza teatral de Filgueira, Agromar, a primeira farsa para rapaces en lingua galega. Esta obra agardou moito tempo durmida a súa estrea xa que foi escrita a partires de 1932 e publicada en 1936 pola editorial Palacios de Lugo e da que nos fixemos eco na nosa publicación Ó GALEGO POLO TEATRO, Cumio, 1996. Por fin cobrou vida no teatro, sendo representada por primeira vez.

Trátase duna peza didáctica, de tese, onde se fai unha defensa a ultranza da lingua galega, onde se reivindica a aldea fronte á cidade, xa que é aquela a que garda o ser de Galicia, da Galicia verdadeira e fonda que conserva e mantén o lume sagrado da lingua, dos costumes, da cultura nosa, do noso ser como pobo, grazas aos labregos ese lume, esas labaradas permanecen accesas, fronte ao snobismo estéril e alienante que representan os pitos da vila (os señoritos, os fillos dos ricos) que non sinten a chamada da Terra.

Como é unha constante na obra de Filgueira, atopámonos cun Filgueira docente, cunha actitude, intención e postura orientada cara o didáctico, o educativo, o formativo; como sinalan entre outros moitos, Amancio Landín Carrasco, Víctor F. Freixanes, Alonso Montero,... Filgueira "semper docuit".

O grupo Arume comezou a obra cuns inicios de tanteo, de certa inseguridade para logo ir mellorando e facéndose máis donos da escena. Unha vez que ía avanzando a trama, paseniñamente ían menténdonos nela. Nunha obra de tese e de moito contido, cun fin da defensa do galego e de Galicia. Parabéns e noraboa ao grupo ARUME por ser o pioneiro e permitirnos presenciar por primeira vez a representación que merecía esa fortuna moitos anos antes. Compartimos co profesor Alonso Montero que é inexplicable que non fose dada ao público antes.

Aínda que é testemuñal que teña sido representada no Museo, merecía un escenario máis axeitado para o teatro, que facilitase o movemento escénico e o tempo dramático que se vía un tanto interrumpido. Agardamos novas representacións en lugares máis axeitados que permitan unha máis folgada posta en escena. Pero, sentímonos felices por esta iniciativa do grupo Arume, ao que reiteramos os nosos parabéns.

No hay comentarios: