jueves, 25 de diciembre de 2025

NA TERRA PRECISAMOS XUSTIZA, PAZ E BEN

 


Que haxa luz e pan en todos os fogares, que un avó poida durmir tranquilamente co seu netiño no colo, que a mocidade troulee con tranquilidade e ledicia, que os adultos poidan ter unha vida e un traballo digno, que os maiores poidan gozar da súa vellez vendo medrar con paz e harmonía ás súas familias.

Que a mensaxe evanxélica se faga por fin realidade: "GLORIA A DEUS NO CEO E NA TERRA PAZ A TODOS OS HOMES DE BOA VONTADE"

Que ninguén e en ningunha parte do noso maltreito planeta Terra se sinta estranxeiro. Todos fomos e somos migrantes, mesmo a Sagrada Familia tivo que fuxir a Exipto e antes Abraham foi un arameo errante. Todo home é  meu irmán. Viva a xente! PAZ E BEN!!! 



sábado, 6 de diciembre de 2025

PRESENTACIÓN DA COLECTÁNEA COLECTIVA TOD@S, TOD@S, TOD@S - Liceo de Ourense, 30/11/2025

 


Un grupo de artistas galegos e portugueses, esencialmente, participaron nesta publicación colectiva pola iniciativa de Graça Amiguinho e foi presentada o pasado domingo 30 de novembro de 2025 no Liceo de Ourense nunha fermosa convivencia literaria.

Nesta Colectánea hai unha representación de poetas arousáns, membros da Mesa das Verbas: Marcelino Romero (que propiciou nosa relación cos irmáns portugueses), Tere Briones, Al Guanella, Dula Piñeiro e Xermán Torres, quen trasladaronse ese día á capital Auriense, berce da Xeración Nós e berce do nos amigo Augusto Guedes. Foi unha xornada moi agradable e inesquecible.










 

Oxalá esta vinculación co fraterno Portugal, moi do agrado dos galeguistas do Seminario de Estudos Galegos, dea froitos de colaboración artística e cultural. E que en Vilagarcía de Arousa se potencie esa relación galego-portuguesa e se reactive e reforce o irmanamento con Matosinhos.