Que haxa luz e pan en todos os fogares, que un avó poida durmir tranquilamente co seu netiño no colo, que a mocidade troulee con tranquilidade e ledicia, que os adultos poidan ter unha vida e un traballo digno, que os maiores poidan gozar da súa vellez vendo medrar con paz e harmonía ás súas familias.
Que a mensaxe evanxélica se faga por fin realidade: "GLORIA A DEUS NO CEO E NA TERRA PAZ A TODOS OS HOMES DE BOA VONTADE"
Que ninguén e ningunha parte do noso maltreito planeta Terra se sinta extranxeiro. Todos fomos e somos migrantes, mesmo a Sagrada Familia tivo que fuxir a Exipto. Todo home é meu irmán. Viva a xente! PAZ E BEN!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario