Mostrando entradas con la etiqueta Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa. Mostrar todas las entradas

sábado, 6 de diciembre de 2025

PRESENTACIÓN DA COLECTÁNEA COLECTIVA TOD@S, TOD@S, TOD@S - Liceo de Ourense, 30/11/2025

 


Un grupo de artistas galegos e portugueses, esencialmente, participaron nesta publicación colectiva pola iniciativa de Graça Amiguinho e foi presentada o pasado domingo 30 de novembro de 2025 no Liceo de Ourense nunha fermosa convivencia literaria.

Nesta Colectánea hai unha representación de poetas arousáns, membros da Mesa das Verbas: Marcelino Romero (que propiciou nosa relación cos irmáns portugueses), Tere Briones, Al Guanella, Dula Piñeiro e Xermán Torres, quen trasladaronse ese día á capital Auriense, berce da Xeración Nós e berce do nos amigo Augusto Guedes. Foi unha xornada moi agradable e inesquecible.










 

Oxalá esta vinculación co fraterno Portugal, moi do agrado dos galeguistas do Seminario de Estudos Galegos, dea froitos de colaboración artística e cultural. E que en Vilagarcía de Arousa se potencie esa relación galego-portuguesa e se reactive e reforce o irmanamento con Matosinhos.













lunes, 11 de diciembre de 2023

O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS E VILAGARCÍA DE AROUSA

 




O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936), a institución científica e cultural privada máis importante da Galicia do século XX, vinculada á Universidade de Santiago e á intelectualidade galega daquel tempo, entre a que destacamos, á importante Xeración Nós (Losada Diéguez, Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Cuevillas, Ramón Cabanillas, Xocas,...) e ao chamado grupo do Seminario, considerados os epígonos do grupo Nós (Fermín Bouza Brey, Xosé Filgueira Valverde, Lois Tobío, Martínez López, entre outros) realizou, nos seus escasos trece anos de existencia, un labor insuperable e digno da máxima loanza a prol da nosa lingua galega e da cultura da Nosa Terra.
Parabéns ao SEG, merecente da nosa lembranza agarimosa e chea de respecto, na celebración do seu centenario (1923-2023).

Por medio dos documentos de inicio desta entrada queremos lembrar a relación do SEG coa miña cidade natal, Vilagarcía de Arousa, xa que practicamente ningunha institución da cidade tivo en conta esta efeméride para honrar aos homes e as mulleres do SEG, agás a MESA DAS VERBAS, que celebrou unha das súas xeiras, en conmemoración de dito organismo, en Santiago de Compostela na sede do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o pasado 13 de outubro de 2023, e o FAIADO DA MEMORIA, onde se presentou un libro da profesora Aurora Marco sobre a primeira muller seminarista. Salvo estas dúas entidades privadas vilagarcianas, ningún organismo oficial da capital arousá, ate o de agora, tivo iniciativa algunha e incluso se rexeitou algún ofrecemento para organizar algún acto con esta importante ocasión.
A MESA DAS VERBAS tamén dedicará o seu parladoiro do venres 22 de decembro, a partires das seis da tarde no bar-cafetería LA MARINA, sito na Alameda de Vilagarcía para difundir os dous documentos de inicio desta entrada, e render unha nova homenaxe ao SEG e destacar a súa relación con Vilagarcía de Arousa. Este parladoiro, como todos, está aberto a quen desexe participar e intervir. Vémonos, pois, o 22, ás seis da tarde na Marina.