FILGUEIRA VALVERDE,
PROFESOR HUMANISTA INNOVADOR E DIRECTOR DUN INSTITUTO MODELO (PONTEVEDRA,
1939-1976)
DOI
O Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo fixo un extraordinario traballo de edición, maquetación, publicación e distribución deste libro polo que lle quedo por sempre moi agradecido.
A todas e a todos os meus amigos e a todas as persoas interesadas gustaríame que me acompañaran nos distintos actos de presentación que se están a preparar. Xa está en marcha un en Ourense e axiña haberá outros en Vilagarcía de Arousa e en Pontevedra.
Para todas as persoas que fixeron posible este traballo o meu agradecemento e o meu agarimo. Por este medio irei dando as novas e as grazas. Estou como un neno con zapatos novos!
PRÓXIMAS PRESENTACIÓNS
HAI UN CAMBIO DE HORA NA PRESENTACIÓN EN OURENSE, SERÁ ÁS 16:30 H.
En Ourense, o libro pode mercarse en:
LIBRERÍA EIXO
R/ do Cardenal Quevedo, 36 - 32004 Ourense
988 255 983
info@libreriaeixo.com
En Pontevedra pódese atopar en
LIBRARÍA PAZ
R/ da Peregrina, 29 - 36001 Pontevedra
986 860 471
info@librariapaz.gal
LIBRERÍA METÁFORA
R/ de Charino, 9 - 36002 Pontevedra
986 964 502
metafora@puentelibros.com
NOTAS DE PRENSA
La Región
DUVI - Universidade de Vigo
As presentacións na Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense resultou un acto memorable e inesquecible, agradezo moi cordialmente aos poñentes que me acompañaron na mesa, a todos os representantes da familia Filgueira, ao alumnado da materia de Lingua Galega do Grao de Educación Infantil e a súa profesora, ás compañeiras de doutoramento, ao profesorado e unha mención especial ao Coro Universitario de Ourense que nos brindou súa magnífica actuación. A todos grazas!
Na Fundación Vicente Risco de Allariz tivemos un interesante parladoiro entre amigos, na que fora saliña de estar da casa da dona de don Vicente. Moitas grazas á Presidenta e ao Vicepresidente da Fundación pola súa acollida e polo extraordinario trato recibido. E grazas a Xosé Fernández Fernández polo agasallo do seu imprescincible libro: VICENTE RISCO, MESTRE DE MESTRES, e pola súa tese de doutoramento sobre o ilustre ourensán e perpetuo director da Escola Normal de Ourense.
De Ourense sempre saín enriquecido, sempre me quedará Ourense!
NA FUNDACIÓN VICENTE RISCO FIXERON UNHA FERMOSA REFERENCIA NO SEU FACEBOOK, MOI AGRADECIDO Á FUNDACIÓN QUE TEN UNHA SEDE MAGNÍFICA.
- O martes, 5 de maio de 2026
- A partires das 19:00 h.
- No corredor vidrado do Museo de Pontevedra
Coa colaboración musical do Coro Universitario de Pontevedra.
Distribución e venda de libros a cargo da LIBRARÍA PAZ de Pontevedra.
Pontevedra, cidade filgueiriana por excelencia, cidade con moita significación e especial agarimo pola miña parte, aquí fíxenme mestre, aquí no Centro Asociado da UNED cursei a miña licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación, a miña relación cun "pontevedrés moi pontevedrés" o profesor Filgueira Valverde e a súa moi estimada familia, o Museo e todo o seu persoal que facilitaron e orientaron o meu acceso a toda a documentación do legado de Filgueira Valverde, ao IES Sánchez Cantón que me permitiu consultar o seu extraordinario arquivo... O engado dunha pequena e fermosa cidade cunha grande historia. E aínda sigo frecuentando a cidade do Lérez ao seguir vinculado á Universidade de Vigo por medio do Programa de Maiores do Campus de Pontevedra. Pontevedra per semper!



.jpg)










3 comentarios:
O que sinto moitisimo é que non me poida acompañar o magnífico prologuista do libro, meu querido, lembrado e admirado "vello profesor" don Xesús Alonso Montero, que xa foi durmir fóra e deixoume intelectualmente orfo. E que estaría encantado de me acompañar nestes intres, que xa non son tan ledos sen el. Q.E.P.D.
Para facilitar a asistencia do alumnado, na presentación en Ourense haberá un cambio de hora. O acto comezará ás 16:30 h. Perdón por esta alteración horaria.
Na provincia de Ourense, tanto na capital como en Allariz ás presentacións foron memorables e inesquecibles. Grazas a todos os que as fixeron posibles e unha mención especial de gratitude e de admiración ao Coro Universitario de Ourense.
Publicar un comentario