Mostrando entradas con la etiqueta Concello de Vilagarcía de Arousa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concello de Vilagarcía de Arousa. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de marzo de 2026

XA ESTÁ AQUÍ MEU NOVO LIBRO! - BASEADO NA MIÑA TESE DE DOUTORAMENTO SOBRE FILGUEIRA VALVERDE- presentación na miña cidade natal o 7 de maio-2026

 




FILGUEIRA VALVERDE, PROFESOR HUMANISTA INNOVADOR E DIRECTOR DUN INSTITUTO MODELO (PONTEVEDRA, 1939-1976)

DOI

https://doi.org/10.35869/1188.787


O Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo fixo un extraordinario traballo de edición, maquetación, publicación e distribución deste libro polo que lle quedo por sempre moi agradecido.
A todas e a todos os meus amigos e a todas as persoas interesadas gustaríame que me acompañaran nos distintos actos de presentación que se están a preparar. Xa está en marcha un en Ourense e axiña haberá outros en Vilagarcía de Arousa e en Pontevedra.

Para todas as persoas que fixeron posible este traballo o meu agradecemento e o meu agarimo. Por este medio irei dando as novas e as grazas. Estou como un neno con zapatos novos!

PRÓXIMAS PRESENTACIÓNS



                              

HAI UN CAMBIO DE HORA NA PRESENTACIÓN EN OURENSE, SERÁ ÁS 16:30 H.


En Ourense, o libro pode mercarse en:

LIBRERÍA EIXO
R/ do Cardenal Quevedo, 36 - 32004 Ourense
988 255 983
info@libreriaeixo.com 

En Pontevedra pódese atopar en

LIBRARÍA PAZ
R/ da Peregrina, 29 - 36001 Pontevedra
986 860 471
info@librariapaz.gal


LIBRERÍA METÁFORA
R/ de Charino, 9 - 36002 Pontevedra
986 964 502
metafora@puentelibros.com


LIBRERÍA PLANETA MOZO
Av. Rodrigo de Mendoza, 12, baixo dereita
36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
886 64 11 85
614 07 86 52
planetamozo@gmail.com 



NOTAS DE PRENSA

La Región




DUVI - Universidade de Vigo






As presentacións na Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense resultou un acto memorable e inesquecible, agradezo moi cordialmente aos poñentes que me acompañaron na mesa, a todos os representantes da familia Filgueira, ao alumnado da materia de Lingua Galega do Grao de Educación Infantil e a súa profesora, ás compañeiras de doutoramento, ao profesorado e unha mención especial ao Coro Universitario de Ourense que nos brindou súa magnífica actuación. A todos grazas!

Na Fundación Vicente Risco de Allariz tivemos un interesante parladoiro entre amigos, na que fora saliña de estar da casa da dona de don Vicente. Moitas grazas á Presidenta e ao Vicepresidente da Fundación pola súa acollida e polo extraordinario trato recibido. E grazas a Xosé Fernández Fernández polo agasallo do seu  imprescincible libro: VICENTE RISCO, MESTRE DE MESTRES, e pola súa tese de doutoramento sobre o ilustre ourensán e perpetuo director da Escola Normal de Ourense.

De Ourense sempre saín enriquecido, sempre me quedará Ourense!

NA FUNDACIÓN VICENTE RISCO FIXERON UNHA FERMOSA REFERENCIA NO SEU FACEBOOK, MOI AGRADECIDO Á FUNDACIÓN QUE TEN UNHA SEDE MAGNÍFICA.









A PRÓXIMA PRESENTACIÓN SERÁ NA CIDADE DE PONTEVEDRA, BERCE E FOGAR DE FILGUEIRA VALVERDE:

- O martes, 5 de maio de 2026
- A partires das 19:00 h.
- No corredor vidrado do Museo de Pontevedra

Coa colaboración musical do Coro Universitario de Pontevedra.

Distribución e venda de libros a cargo da LIBRARÍA PAZ  de Pontevedra.

Pontevedra, cidade filgueiriana por excelencia, cidade con moita significación e especial agarimo pola miña parte, aquí fíxenme mestre, aquí no Centro Asociado da UNED cursei a miña licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación, a miña relación cun "pontevedrés moi pontevedrés" o profesor Filgueira Valverde e a súa moi estimada familia, o Museo e todo o seu persoal que facilitaron e orientaron o meu acceso a toda a documentación do legado de Filgueira Valverde, ao IES Sánchez Cantón que me permitiu consultar o seu extraordinario arquivo... O engado dunha pequena e fermosa cidade cunha grande historia. E aínda sigo frecuentando a cidade do Lérez ao seguir vinculado á Universidade de Vigo por medio do Programa de Maiores do Campus de Pontevedra. Pontevedra per semper!



Mª Ángeles Tilve Jar, Dr. Cid, X. Fernando Filgueira, Xermán M. Torres


Despois da presentación na miña querida cidade de Pontevedra, o xoves 7 de maio de 2026, a partires das sete da tarde e no Salón García de Vilagarcía de Arousa, miña entrañable, querida e imprescindible cidade natal, na que me desenvolvín como mozo e logrei vida plena e feliz, presentaremos meu último libro, agardo estar moi ben acompañado e agarimado por familiares, amigos e interesados en asistir. Agardo que sexa un momento moi agradable e inesquecible. Contaremos co acompañamento das queridas amigas e amigos da Coral Rosalía de Castro, (grazas ao plan CULTUREA da Deputación Provincial) e tamén a inestimable colaboración do meu querido Concello, respaldados polo señor alcalde, Alberto Varela Paz e co auxilio técnico no Salón García de Ramón Caldas, encargado municipal da Sala e de todo seu magnífico equipo. E a miña gratitude ao Equipo da Concellería de Cultura polo seu labor de coordinación e difusión. E como non? Meu enorme agradecimento ás personalidades que me acomparán na mesa presidencial como poñentes. E de antemán grazas a toda a asistencia.


Para min Vilagarcía de Arousa significa todo, aquí nacín en 1957, despois da miña ausencia, volvín en 1971 con 14 anos, pasei a estudar no Instituto de Ensino Medio Calvo Sotelo (hoxe Castro Alobre), traballei un tempo en FUNALPA, un centro de fundición, logo en ALMACENES SIMEÓN, voltei aos estudos no Instituto, colaborei arreo coa parroquia Santa Baia e coa Igrexa Diocesana (Catequese, Cáritas, Liturxia, Sínodo Diocesano,...), lembro o meu paso polo Local de don Daniel e da Madre Guadalupe, onde máis que amigos fixen irmáns. Presidín un tempo (glororioso tempo) o CLUB JUVENIL VILLAGARCIANO, colaborei como voluntario na Asociación AUXILIA pola inclusión de persoas con necesidades especiais, de tan grata lembranza, contactei coas comunidades relixiosas da Residencia Divina Pastora, do Colexio San Francisco, do Colexio da Sagrada Familia, co convento dos Claretianos. Colaborei na posta en marcha da emisora de radio local Radio Arosa-Ser (no outono de 1982). Xa mestre, permanecín no ensino público da cidade durante 37 anos (na Escola de Educación Infantil Vagalume, nos Colexios de Educación Infantil e Primaria: Arealonga, A Lomba, O Piñeiriño). Capítulo especial o meu colexio por antonomasia O Piñeiriño, alí pasei 31 anos de feliz docencia, era a miña segunda casa, e deses anos, case 22 anos como orientador. Da miña experiencia docente na miña cidade gardo unha especial lembranza, fun moi querido polas comunidades educativas e eu non as esquezo. Así mesmo, fun orientador no Colexio da Escardia e na Escola de San Pedro de Cornazo. Colaborei brevemente con Radio Ecca, cando se pretendía fundar unha sección aquí en Arousa e dando cursos para o sindicato FETE-UXT, para o Centro de Formación de Adultos cando xa estaba no IES Cotarelo Valledor. Coordinei durante séis anos o Seminario Permanente de Orientadores de Educación Infantil e Primaria da Zona Educativa de Vilagarcía de Arousa, cheguei ser Vicepresidente do Consello Municipal de Educación. Paricipei nos Servizos de Normalización e Dinamización Lingüística, con equipos de compañeiros fun introdutor e pioneiro da utilización da Informática e das Novas Tecnoloxías na escola. No meu centro O Piñeiriño, fundei as Escolas de Nais e Pais, elaborei o Plan do colexio PLAMBE para a dinamización e mellora da biblioteca escolar, tamén elaborei e desenvolvín cun equipo de compañeiros a introdución e utilización da robótica educativa no colexio. Do mesmo xeito, fun promotor do emprego do teatro, dos coros e do cine nos meus colexios, así como na introdución do xadrez. Da miña experiencia docente na miña cidade gardo un inmellorable recordo. Traballei moito, tamén me enriquecín moito como persoa e como mestre.
Logo, gústame vivir, gozar e participar da vida da miña cidade (un paraíso) en múltiples aspectos, culturais, deportivos, sociais. Socio do Liceo Casino (do que fun Vicepresidente e encargado de Cultura), aquí xurdeu a Asociación Cultural Mesa das Verbas, miña querida asociación, que presido na actualidade, son socio do Club de Fútbol AROSA S.C., con José Manuel Gómez Torres (antigo entrenador e presidente do Club) fundamos a Escola de Fútbol do Arosa, xérmolo do que é o fútbol base actual do Club, por iniciativa de Gómez, cando me licenciei en Pedagoxía colaborei na orientación deportiva de xogadores.
E algo do que me sinto moi satisfeito, axudei a fundar e presidín durante algún tempo a Asociación de nais e pais ATRIL da educación musical en Vilagarcía de Arousa e tiven a miña pequena ou grande participación nas xestións para que se puxera en funcionamento o Conservatorio Municipal de Música do grao profesional. Propiciei que se puxera en marcha e tivera unha breve pero proveitosa vida o CERTAME MUNICIPAL INFANTIL E XUVENIL DE TEATRO en tempos de Beatriz Rico, como Concelleira de Cultura, e que mantivo tamén a Concelleira Ramona Castaño. Sempre colaborei moito con practicamente todos os Concelleiros de Cultura e Alcaldes de Vilagarcía en temas de cultura, da Cabalgata de Reis, das Festas do Entroido, das Festas do Maio. E sigo nunha estreita colaboración coa actual Concelleira de Cultura Sonia Outón e co seu técnico de Cultura Carlos Varela Ulla, así como coa Concellería de Xuventude e a súa técnica Maite García Romero, coa que levo colaborando nas cinco edicións pasadas da Feira do Libro, VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO, e na sexta que se está a preparar. A música tamén é moi importante para mín, por iso son socio fundador e tesoureiro da Asociación Cultural Filarmónica de Vilagarcía. Nada me é alleo do que pasa na miña idolatrada cidade natal, a súas xentes, a súa historia, a súa cultura, a súa vida, que trato de vivir intensamente, aquí nacín, aquí vivo feliz, aquí fundei coa compañía da miña amada esposa Carmen Sánchez (valorada e querida docente e catequista da cidade) unha fermosa familia, que pido a Deus a conserve e protexa. Pois, si, Vilagarcía de Arousa, unha cidade para vivir e para gozar, que é o que eu pretendo facer cada día.

Por todo, estou moi ilusionado coa presentación do meu último libro aquí, baseado na miña tese de doutoramento sobre meu admirado e lembrado vello profesor Xosé Filgueira Valverde, un mestre para todos, un mestre para sempre.

No Diario de Arousa fixeron unha reseña do acto de presentación en Vilagarcía de Arousa:







Meu bo amigo Jacobo Conde invitoume ao seu programa radiofónico "LA VENTANA DE PONTEVEDRA", estivemos a falar sobre o "vello profesor" don Xosé Filgueira Valverde e sobre as presentacións do meu libro en Pontevedra (05/05/2026  19:00) e en Vilagarcía de Arousa (07/05/2026  19:00). Agradezo a Jacobo e a Radio Pontevedra o convite para participar neste programa, que se pode seguir no seguinte vínculo:



En "La Voz de Galicia - Ciudad de Pontevedra", tamén recollen a nova da presentación na cidade do Lérez. E que curiosidade! Ao carón do meu querido amigo e compañeiro Manuel Portas, mágoa de que coincidamos os dous, mesmo día, mesma hora e mesma cidade, pero para min unha honra figurar na súa compaña.:




REPORTAXE GRÁFICA DA PRESENTACIÓN NA MIÑA CIDADE

Imaxes facilitadas e agasallo do fotoperiodista, meu amigo José Luiz Oubiña

Na mesa presidida por Alberto Varela Paz, a esquerda, meu querido director de tese Xosé Manuel Cid Fernández, despois do señor alcalde, siguen X. Fernando Filgueira, Eugenio Otero Urtaza, Catedrático Emérito da Universidade de Santiago de Compostela, e quen esto escribe.


No atril, meu amigo Antonio Pinedo, recoñecido poeta, recitando seu soneto deddicado a Xosé Filgueira Valverde, como agasallo ao seu fillo e a todos os presentes. Grazas, querido Antonio.

Antonio en plena faena poética!

Unha panorámica de fermoso Salón García


Lembrando ao meu querido "filgueirólogo", profesor Xesús Alonso Montero, que xa durme fóra.

A Coral Rosalía de Castro de Vilagarcía de Arousa, co peche musical do acto, intervención facilitada pola Asoc. Cultural Mesa das Verbas, organizadora do evento e coa financiación do Plan Culturea da Deputación de Pontevedra. E todo foi posible grazas á colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa e co respaldo de todos os asistentes.

REPORTAXE GRÁFICA XENTILEZA DO ARTISTA E FOTÓGRAFO, MEU AMIGO XOSÉ RAÑÓ:

Fernando Filgueira, Eugenio Otero, o autor, X. M. Cid

Os mesmos, cun anaco dunha fotografía icónica de Filgueira Valverde, ao recibir o primeiro premio dos Xogos Escolares Nacionais de Ximnasia Deportiva en Madrid no ano 1957.

Coa miña dona, os poñentes e un grupo de amigos.

En animada conversa co meu amigo Luis González Bravo e os doutores Cid e Otero.

Pola rúa Valentín Viqueira de Vilagarcía co doutor Otero, miña dona Carmen Sánchez, Paco Pérez, meu amigo pintor de Fene, que ese día agasalloume cun meu retrato a carboncillo, Xacobe Medina Dacasa, ilustrado bisneto de Filgueira, Silvia Filgueira, e X. Fernando Filgueira.

Francisco Pérez Alonso, pintor. Compañeiro da Mesa das Verbas

Foi un fermoso tempo de goce, grazas a Xosé Filgueira Valverde, quen non me da máis que satisfaccións, diversas publicacións, a terceira con esta de hoxe, a culminación da miña tese sobre el, o meu blog na súa honra, e aínda ando a argarllar algo, agardando que pronto vexa a luz. Grazas e por sempre Filgueira Valverde, in memoriam.


































 



























sábado, 22 de julio de 2023

A FARSA DO CARRIL XA TEN SEU LIBRO

 

Carlos Rey coautor do libro explicando as súas pescudas

Xa vai uns anos, temos dedicadas varias entradas deste blog á chamada Danza de Espadas de Carril, ou Farsa, que se representa todos os anos á tardiña na festa patronal de Carril, os 25 de xullo, día de Santiago Apóstolo, no transcurso da procesión en homenaxe ao patrón das Españas, tamén Día da Patria Galega. Festa rachada na capital de Galicia e en moitas parroquias da nosa Terra. É un espectáculo e unha festa extraordinarios na famosa vila arousá, coñecida pola súa gastronomía, polas ameixas de Carril e por ver a fermosa illa de Cortegada deitada no seu mar. Xa meu pai gustaba moito desta danza e das festas de Carril, no Día do Carme, nas Festas de San Fidel e claro está no día do patrón. Nos meus anos mozos teño desfrutado moito con todas as festas do meu Carril nativo e gozo e gozaba con numerosas amizades daquela vila, algunhas, lamentablemente, xa definitivamente ausentes.
Pois ben, o pasado martes, día 18 de xullo de 2023, a partires das 20:30 h. e nas instalacións da Sociedade o Gato Negro de Carril tivo lugar a presentación do libro de Carlos Rey Cebral e de Cristian Silva Bóveda, o primeiro, meu prezado amigo da mocidade, encargouse da parte histórica e descriptiva da Farsa. Cristian fixo o estudo técnico e musical da danza, documentando a orixe e a evolución da farsa con interesantes ilustracións musicais. Parabéns aos autores polo seu traballo e tamén ao Concello de Vilagarcía de Arousa por patrocinar e editar esta necesaria obra e por promocionar a autores e artistas locais como son Carlos e Cristian.





Tendo en conta que o principal obxectivo da publicación é o divulgativo nada hai que obxectar é unha publicación excelente, agás que na parte iluminativa e de documentación, sobre todo na primeira parte, habería que reflectir mellor e máis amplamente as citas documentais para xustificar axeitadamente  a argumentación, utilizando mellor as notas a pé de páxina e concretando máis as citas bibliográficas, indicando as páxinas de onde se obtiñan datos e aspectos históricos e argumentativos. Pero, non perdamos de vista que non é unha publicación de carácter estrictamente académico, senón para dar a coñecer ao público xeral todo o de interese desta danza, desta farsa de orixe gremial, da vida pescadora; por iso cumpre perfectamente os seus obxectivos. Habería que realizar moitas máis publicacións sobre diversas cuestións do noso Concello. Animando a Carlos e a Cristian para que nos sorprendan con máis estudos divulgativos para coñecer a historia e as curiosidades do noso pobo.

O lugar de celebración do acto, quizais non foi o máis axeitado, tendo en conta a cantidade de público interesado por asistir, moita xente quedou fóra e moitas persoas tiveron que estar de pé e de forma incómoda. Tamén estivo un tanto desequilibrado o acto na participación dos distintos relatores.

E se é certa a queixa que apareceu en La Voz de Galicia - Arousa por parte do fotógrafo e artista Xosé Duarte Rañó, habería que rectificar e nunha próxima edición citar axeitadamente aos autores/as das fotografías e das imaxes; hai que procurar ser coidadosos nestes aspectos e respectar e citar esas autorías obviadas, a parte técnica da edición debera contemplar estas cuestións para non ferir sensibilidades e obrar con correción.

Neste enderezo electrónico poden ler a opinión, do bo amigo Rañó.


A pesares, destas pequenas críticas, trátase dun libro moi necesario e digno de ser loado e lido.

Agora todos a Carril, sobre as 19:30 h., do día 25, poderemos gozar da beleza e dos case 500 anos de historia desta Danza das Espadas, desta Farsa do pobo de Carril, que desde o adro da igrexa parroquial recorre as principais rúas e prazas da belida vila carrilexa.





lunes, 19 de octubre de 2020

QUE BOA XORNADA TIVEMOS O SÁBADO 17!

 Un grupo de amigos xuntámonos este pasado sábado para celebrar a CIV Mesa das Verbas e a VI Xornada Filgueira Valverde, sempre en Galicia, entre versos e verbas fomos gozando da poesía e da lembranza dun ser inigualable na cultura de Galicia, como é Xosé Filgueira Valverde.




Xosé Ramón Quintáns brindounos unhas fermosas palabras de benvida e de acollida e de agradecemento aos representantes da familia Filgueira, representados por X. Fernando Filgueira Iglesias, presidente da Fundación Filgueira Valverde, quen nos dirixiría unhas sentidas palabras na segunda parte do acto na VI Xornada Filgueira Valverde, sempre en Galicia.
Seguiron desgranando versos, entre os que declamamos algunhas das fermosas cantigas de D. Xosé, da súa obra: 6 cantigas de mar in modo antico, e poemas propios:
Quintáns, Luis González, Maru (que declamou un poema da nosa querida compañeira Isaura Lago), Paula Cascallar, Manuel Lage, Al Guanella (recitou un fermoso poema de Rafael Alberti dedicado a un can), Rafa Villar e Xermán M. Torres, esto foi na primeira parte, na CIV Mesa.

Na segunda parte, na VI xornada, Xermán presentou o seu libro:
Antón Fraguas Fraguas e Xosé Filgueira Valverde, dous grandes amigos na galeguidade, Novas Ediçoes Academicas, 2020. E desenvolveu unha pequena disertación, titulada: Antón Fraguas e Xosé Filgueira, dúas vidas que converxen. A continuación tivo o uso da palabra X. Fernando Filgueira Iglesias, fillo de D. Xosé, a quen lembrou, ao mesmo que recoñeceu aos galeguistas que mantiveron aceso e vivo o espírito do galeguismo en circunstancias non favorables, tamén agradeceu a Vilagarcía por organizar estas xornadas en lembranza do seu pai. Pechou o acto cunhas verbas de recoñecemento aos galeguistas que en tempos complicados souberon manter o lume aceso da nosa cultura, quen o presidía no nome do Concello de Vilagarcía de Arousa, a nosa Concelleira de Cultura, Sonia Outón, a quen a proveitamos para agradecerlle o seu respaldo á Mesa das Verbas.
Logo continuamos en boa compaña e compartimos parladoiro con algo de comer e de picar no bar A Tertulia do Paseo da Mariña da nosa cidade, tal como se recolle na seguinte reportaxe gráfica, e ata outra millorada, como dicía o grande poeta Álvaro Cunqueiro.








miércoles, 14 de octubre de 2020

VI XORNADA, FILGUEIRA SEMPRE EN GALICIA-17-10-2020

 Para manter vivo e acceso o lume da galeguidade. E lembrar a Xosé Filgueira Valverde, gran "obreiro da causa galega". A súa magna obra e a pegada da súa personalidade permanecerán por sempre connosco. A lembranza vai relacionada coa efeméride do seu nacemento: Pontevedra, 28 de outubro de 1906. Parabéns Filgueira, ti que nos contemplas no alén, despois de ben cumprida a túa misión na Nosa Terra!!!



lunes, 11 de noviembre de 2019

ANACO 2 - REVISTA POÉTICA DA MESA DAS VERBAS


We will present a new issue of the poetic magazine of Mesa das Verbas, ANACO 2 next Wednesday, November 20, 2019, at 9:00 p.m. You are all invited. Thank you.

ESTADES TODOS INVITADOS Á PRESENTACIÓN DE ANACO 2, SERÁ NO SALÓN GARCÍA - CASA DA CULTURA DE VILAGARCÍA DE AROUSA, NA RÚA ALCALDE REY DAVIÑA
O MÉRCORES, 20 DE NOVEMBRO, ÁS 21:00 H.

Tivemos un acto de presentación moi agradable, alegre e entrañable.



ç

lunes, 28 de enero de 2019

REPORTS GRAPHIC OF THE PRESENTATION OF ANACO I

O pasado venres, 25 de xaneiro tivemos un agradable acto de presentación da revista poética da Mesa das Verbas, ANACO I. Ofrecemos algunhas imaxes de Tere Briones de dito evento.




Os medios de comunicación fixéronse amplamente eco do evento, como mostra, esta reseña do Faro de Vigo-Arousa, 26/01/2019: