Mostrando entradas con la etiqueta Antoni Gaudí. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Antoni Gaudí. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de diciembre de 2013

BO NADAL E FELIZ 2014



Con moito agarimo desexo a todos os meus seguidores unhas magníficas Festas de Nadal e un Feliz Aninovo 2014, cheo de esperanza e oportunidades para todos e que saibamos cun corazón sinxelo gozar das cousas que proporcionan a felicidade: a amizade, o amor, a Natureza, a poesía, a música, a lectura, o teatro, o cine, a pintura, a conversa amigable...; as cousas sinxelas, non precisamente materiais. Desexo que atopemos a Verdade, que acolle todas as verdades; non a túa verdade, a verdade.

Nesta Adoración dos Pastores, da fachada da Natividade do templo da Sagrada Familia de Gaudí, de Barcelona personifico as palabras anteriores. Aos pastores, xente humilde, sinxela, do pobo pobre, Deus dase a coñecer nunha Epifanía que nos indica quen son os preferidos de Deus. Son tamén os nosos preferidos?

Existe un vínculo inseparable entre nuestra fe y los pobres. Nunca los dejemos solos. (Papa Francisco).

lunes, 24 de septiembre de 2012

ANTONI GAUDÍ (REUS, 1852 - BARCELONA, 1926)

Trátase dun dos grandes representantes do Modernismo no mundo da arquitectura e as súas artes auxiliares. Persoa sinxela e austera, xenio da arquitectura civil (parque Güell da cidade condal, casa Milá ou da "Pedrera", pazo episcopal de Astorga) e da arquitectura relixiosa, co impoñente e extraordinario templo da Sagrada Familia en Barcelona, aínda en fase de construcción deica polo menos o ano 2025. Amósase aquí unha mistura de estilos, un luminoso Neogótico, un audaz Barroco e ata un Modernismo surrealista. Gaudí implicouse de gran xeito neste templo, que é un dos símbolos máis recoñecidos internacionalmente da capital catalana. Estaba tan inmerso na súa construcción que facía vida no templo e o templo era a súa vida.
Hoxe en día, esa obra póstuma rende homenaxe ao seu deseñador e proxectista, no museo anexo ao templo pódese observar a minuciosidade coa que é construido, alí tomamos algunhas fotos onde se amosa a reproducción e reconstrucción de como quedou o seu gabinete de traballo o día da súa morte e a mesa onde se poden ver algúns dos artiluxios que utilizaba para facer os seus deseños.
Visitamos e coñecemos in situ varias obras súas e que xa temos referido: o parque Güell, a casa da Pedrera, o templo da Sagrada Familia, ultimamente revisitado, e o pazo episcopal de Astorga. Admiramos a súa obra cun estilo e cun selo característico moi persoal e cheo dunha beleza singular; todo o mundo pode saber e identificar cando se trata dunha obra de Gaudí, son as súas señas de identidade: predominio da liña curva, uso de cores vivos, o vangardismo e moita orixinalidade, así como a inspiración na Natureza e unha democratización da arte. Gaudí viviu para crear e para deixar beleza e verdade á posteridade.

lunes, 17 de septiembre de 2012

A SAGRADA FAMILIA, OBRA DE OURIVERÍA

O venres 14 de setembro de 2012, aproximadamente dende as 12:00 h. e ata as 14:15 h., estiven a visitar o templo da Sagrada Familia de Barcelona, obra concebida e deseñada polo xenial arquitecto Antoni Gaudí. Tanto interese puso neste traballo que o tiña concentrado e ocupado de tal xeito que non se percatou do tranvía que acabou coa súa vida. Pero, deixou todo minuciosamente planificado e proxectado. Unha obra que comenzou a cimentarse a finais do século XIX, levou todo o século XX na súa construcción e aínda esgotará bastante tempo do século XXI antes de que se lle poña remate definitivamente. Gaudí que practica, unha arquitectura ou unha loucura? É sorprendente a minuciosidade na súa obra. Gaudí era un gran creente, a Sagrada Familia ten unha fonda fundamentación teolóxica e relixiosa, no templo amósase unha profusión de ideas relixiosas, trátase dunha homenaxe, un recoñecemento de adoración e veneración á familia de Xesús de Nazareth. O templo, tanto no exterior como no interior inclúe distintas escenas desa Sagrada Familia e os seus personaxes: Xesús, María, e Xosé. Por unha familia nos vén a salvación, unha familia que acolle e nos ofrece ao Salvador, Cristo. Para compartir esas ideas, Gaudí traballa como as abellas cando fan os seus panais, a obra dun meticuloso ourive que non deixa nada ao azar, hai unha planificación e un traballo exhaustivo como se pode apreciar no Museo anexo ao templo. Quedamos abraiados co interior: as vidreiras, as imaxes, o sistema de columnas, a vida, a Vida que alí se expresa e se manifesta. No exterior, puidemos gozar das fachadas do Nadal e da Paixón; pois, a fachada da Gloria aínda se atopa no proceso de construcción. Miles de persoas tódolos días poden contemplar esta gran obra que a ninguén deixa indiferente. Ofrecemos algunhas das numerosas fotos que tomamos. Se tendes a oportunidade non aforredes unha visita á Sagrada Familia de Barcelona.