miércoles, 27 de julio de 2016

LXII MESA DAS VERBAS - 30-07-2016; 19:30 H.


Quedamos para ceibar versos ao ar,
preto de Cortegada no máis belido mar.
Versos moi sentidos desde Vilagarcía
paro poder espallalos por toda a Ría.

Vinde amigas, vinde amigos
será un encontro poético con moita alegría.
Vinde logo, non faltedes, que grande perda sería
non contar con vós nunha nova Mesa das Verbas.

Vilagarcía = Poesía

lunes, 25 de julio de 2016

A FARSA DAS ESPADAS - CARRIL-25-07-2016-19:30 H.

Todo está preparado para comezar

O párroco de Carril efectúa os pasos de rigor

Os farsantes en acción diante da imaxe de Santiago

Xa lle temos dedicado en outras oportunidades a nosa atención a este acontecemento cultural que mantén vivo o pobo de Carril. Trátase da coñecida farsa da Danza das Espadas, que efectúan na honra do Santo Patrón o día sa súa festa, dita danza que ten unha antigüidade de máis de catrocentos anos goza de moito apoio do pobo de Carril que a mantén viva. Trátase dunha danza de orixe gremial, tema que teñen estudado grandes etnógrafos e antropólogos galegos. Filgueira Valverde fala das danzas brancas, vinculadas moitas delas ao mundo do mar, consérvanse hoxe, por exemplo en Redondela e en Marín. Son moi fermosas e populares, de grande riqueza etnográfica e antropolóxica, dignas de estudo e de eloxios. Nos damos os nosos parabéns ao pobo de Carril  por manter viva esta tradición dos devanceiros, que sigan mantedo a farsa por sempre. Conversando un pouco máis das oito da tarde co meu amigo, o etnógrafo Carlos Rey Cebral, precisamente sobre as orixes e a antigüidade desta farsa, manifestoume que hai documentación dela desde o século XVI, pero que seguramente será moito máis antiga.

Persoalmente, a min gústame moito esta tradición carrilexa, igualmente era moi do agrado do meu querido e lembrado pai, Germán Torres Painceira, quen me ten falado moito dela, gozaba moito véndoa danzar, como tamén me ten informado doutras moitas cousas do noso querido Concello de Vilagarcía de Arousa. Sirva esta entrada como lembranza e homenaxe paterna. Sempre hai forma de facer presentes aos devanceiros, a farsa de Carril é unha forma máis, e unha forma moi artística e valiosa. É unha danza de grupo, comunitaria, onde os individuos colaboran e unidos e perfectamente coordinados logran o seu fin. Que llo digan aos carrilexos que hoxe nola ofreceron, cantos ensaios, canto esforzo persoal e social? Todo nos fala da unidade dos mariñeiros, da unidade na confraría; a unión fai a forza, e xuntos, un pobo consigue o que quere, como manter este centenaria e fermosa tradición.

sábado, 23 de julio de 2016

ESCUELA, ACCIÓN!



É para min unha satisfacción dar conta e difundir unha revista dixital de carácter educativo e escolar que aporta un gran beneficio aos docentes da nosa comunidade polo intercambio de ideas, de experiencias e por todo o que nos pode ensinar no campo pedagóxico e nas ciencias da educación. Trasladar aos mestres e mestras que a práctica docente non debe estar apartada da práctica na investigación educativa. Ambas as dúas necesítanse e son complementarias. O mestre fai ciencia e o investigador fai docencia, onde está a separación de ambos aspectos? E que de verdade existe tal separación? Teoría e práctica, praxis e reflexión son facianas dunha mesma moeda.

Recomendo a consulta desta publicación: Revista ESCOLA-ACCIÓN.

Ficha técnica:

ESCUELA-ACCIÓN (E-A) Facultad de Formación del Profesorado de Lugo. Universidad de Santiago de Compostela. Avenida Ramón Ferreiro s/n. 27002. Lugo. Sumarios electrónicos: www.escuela-accion.com Correo electrónico: escuelaaccion@gmail.com Editor: Rufino González Fernández. Lugar de Edición: Facultad de Formación del Profesorado de Lugo (USC) ISSN: 2255-2308

 COMITÉ CIENTÍFICO. Arconada Melero, Miguel Ángel. ma.arconada@hotmail.com Gabriel Fernández, Narciso de. gabriel@udc.es Gewerc Barujel, Adriana adriana.gewerc@usc.es Montero Mesa, Lourdes. lourdes.montero@usc.es Otero Urtaza, Uxio. otero.urtaza@usc.es Pérez Gómez, Ángel. apgomez@uma.es Pichardo Galán, José Ignacio joseignacio.pichardo@cps.ucm.es Rodríguez Lestegás, Francisco f.lestegas@usc.es Rodríguez Neira, Modesto Aníbal modestoanibal.rodriguez@usc.es Santos Guerra, Miguel Ángel arrebol@uma.es Torres Santomé, Jurjo. jurjo@udc.es Vez Jeremías, José Manuel josemanuel.vez@usc.es

 CONSEJO DE REDACCIÓN. Director: Rufino González Fernández. rufino.gonzalez@usc.es Secretario/a: Xoel Gutiérrez Roca. xoelinho11@gmail.com CONSEJO DE REDACCIÓN. González Alfaya, Elena elenagalfaya@gmail.com González Salgueiro, Clara. saygon78@yahoo.es López Dorado, Beatriz. belodor@edu.xunta.es Picón Martínez, Alberto José. ajpicom@gmail.com Riopedre Valledor, Paula. paularv@hotmail.com Rodríguez Luna, Mónica mrluna@edu.xunta.es Sardá Miragaya, Alba. sarda@edu.xunta.es Varela Losada, Salvia. salvia.varela@edu.xunta.es Vázquez Calvo, Boris boris.trad@gmail.com

Tiven a sorte de participar cun artigo da liña da miña investigación sobre Filgueira Valverde e que aparece no nº 4, correspondente ao mes de xullo de 2016, que se titula: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE (1906-1996), UN DOCENTE HUMANISTA CON FUNDAMENTO, podedes consultalo en:

www.escuela-accion.com/Revista/Revista4/6.-%20Germán%20Torres.pdf

Meus parabéns para os responsables de dita revista dixital, moi a ter en conta no panorama educativo da nosa Galicia.

miércoles, 13 de julio de 2016

Agustín Fernández Paz tecedor de soños co misterio das palabras


                                 Foto de El Correo Gallego

Sempre é triste a despedida dunha persoa e máis esta despedida podemos dicir que definitiva. Agustín naceu en Vilalba en 1947, levábame dez anos, e o seu pasamento neste 2016 na cidade onde traballou e viviu a última etapa da súa vida, en Vigo. Admiraba a Agustín como escritor e como docente, non sei o que é primeiro, o que si que o seu oficio de docente imprimía un toque especial á súa obra. Coñecía ben a quen se dirixía na súa grande obra de literatura xuvenil. Aínda que é moi difícil encadrar a obra literaria. A obra é para quen a le e eu teño disfrutado moito meténdome nas historias de Agustín. Aquela primeiriza e premiada co Merlín, As flores rediactivas. Tamén destacaría Contos por palabras e Rapazas como tamén atopo moi interesante e recomendable, Trece anos de Branca e non me podo esquecer da desacougante historia de Cartas de Inverno. Agustín fuxía da recomendación ríxida de libros de lectura, nas súas clases deixaba caer, como quen non cree a cousa, variados menús con moitas propostas de lectura e animaba aos seus alumnos a que propoñesen tamén os seus suculentos menús. Fóisenos un gran autor en lingua galega, un home que gozaba e facía gozar coa lectura e coa escritura.

Tiñamos afeccións comúns, ademais da lectura, diríamos outras lecturas, o mundo do cine e o universo do cómic, os dous valorabamos extraordinariamente o albume de Hergé As xoias da Castafiore e dos seus textos teóricos subliño: Para lermos cómics e Os cómics nas aulas. E logo destacaría as súas recomendacións en Os libros infantís galegos.

No principio dos anos 90 colaborei con Agustín e con outro gran mestre, Miguel Barros na organización de xornadas, cursiños e demais actividades para os Equipos de Normalización Lingüística percorrendo colexios da comarca de Arousa e da zona de Pontevedra e Vigo, compartindo ideas, programacións,... El poñía moito empeño no que facía e desexaba facer os cousas moi ben. Por iso dedicamos xeiras aos cómics, aos periódicos e revistas escolares, ao traballo na nosa lingua, á descuberta da nosa literatura, a motivar para ler e escribir en galego. Intentando amar fondamente a nosa lingua e a nosa literatura. El entregoulles a súa vida con paixón e con amor. Se queredes saber cal era o seu modelo de escola e a educación na que el cría, lede a súa entrañable: A escola dos piratas.
 

E remato esta lembranza dun home que me fixo máis rico ao contaxiarme o seu entusiasmo pola nosa literatura, mantiven con el varias entrevistas sobre libros no desaparecido Curruncho dos libros dos magazins sabatinos de Radio Arosa - SER e inviteino a manter encontros literarios coas comunidades educativas dos colexios O Piñeiriño e A Escardia de Vilagarcía, e ofrezo, finalmente, un menú da cociña do amigo que se foi para o mundo misterioso do alén, este sería un dos posibles, que todos o disfrutedes, é grazas a Agustín Fernández Paz, cando o degustedes, lembrádevos del. In memoriam.

- Obra poética completa de José Valente.

- Arraianos de Méndez Ferrín.

- A illa misteriosa de J. Verne.

- A illa do tesouro de Stevenson.

- Morning Star de Xosé Miranda.

- Rebeldes de Susan Hinton.

- O vixía no centeo de Salinger.

- A metamorfose de Kafka.

Que aproveite!

miércoles, 29 de junio de 2016

LXI MESA DAS VERBAS - 07-07-16; 21:10 H.


O 7 de xullo, temos a Tito Porto de cumpreanos, 95 xullos como soles de verán, fecundos, ledos...
Imos celebralo por todo o alto, con esta edición especial da Mesa das Verbas, con poesía, con música, con sorpresas; pero por riba de todo con amizade, con agarimo.

A entrada libre e de balde ata completar o aforo do Salón García de Vilagarcía.

Todos os amigos de Tito, que somos moitos, non podemos faltar a esta cita de alegría e amor.

domingo, 26 de junio de 2016

LITORAL (II)




LITORAL - Año I - Núm. 5 - Pontevedra, 14 de marzo de 1953 - 1 pta.

- LA VISITA DEL CARDENAL ARZOBISPO DE SANTIAGO, DR. QUIROGA PALACIOS
                            PROGRAMA DE ACTOS:

Martes, 17/III/1953:

17:30 h. - Llegada - Pza. Peregrina - Salve en el templo y besamanos del pueblo a continuación.

18:30 h. - Recepción Palacio Municipal.

19:30 h. - Cultos de San José - Parroquial de Santa María la Mayor.

Miércoles, 18/III/1953:

08:30 h. - Misa de comunión - Parroquial de San Bartolomé.

14:00 h. - Banquete - Palacio de Lourizán.

18:00 h. - Acto en su honor en el Paraninfo del Instituto de Enseñanza Media.

19:30 h. - Cultos novenario de San José.

Jueves, 19/III/1953:

08:30 h. - Misa de comunión - Festividad del día de San José - Parroquial de Sta. María la Mayor.

18:00 h. - Bendición de los locales de la rama de hombres de Acción Católica.

19:30 h. - Cultos finales de San José.

- Traslado al barrio de pescadores de la Moureira - Bendición aguas del mar - Capilla de San Roque - besamanos - Organiza: Gremio de Mareantes.

- Estos días residirá en su residencia de Santa Clara - Recibirá visitas de cumplimentación.

Después de los actos de Pontevedra, visitará el Monasterio Mercedario de Poyo.

- Entrevista al alcalde de Villagarcía: Jacobo Rey Daviña - Inversión en obras municipales por valor de más de 3.500.000 ptas.
Cargos anteriores: Tte. de Alcalde del Ayuntamiento de Villagarcía de Arosa, durante la dictadura de Primo de Rivera, 1924 / abril-1931. Vcpte. de la Diputación Provincial de Pontevedra. Pte. de la Diputación Provincial.

LITORAL - Año I - Núm. 6 - Pontevedra, 21 de marzo de 1953 - 1 pta.

- Portada: fotos y comentarios de la pasada visita del Cardenal Quiroga.

- Día de la Poesía - 21/03/1953

- Filgueira Valverde, Dtor. del Instituto y del Museo de Pontevedra, conferenciará en Portugal en los primeros centros universitarios del vecino país.

- A las 11:00 h. del día 20/03/1953, el cardenal Quiroga Palacios abandonó Pontevedra.

- En Villagarcía de Arosa: "La Falange Gallega conmemora el XVIII aniversario de su fundación por José Antonio". Antonio Villaronga Ferro - "Jefe Comarcal" de Falange. - Misa en las ruinas del Cine Villagarcía. Acto en el teatro Cervantes.

- Publicidad en las páginas de Villagarcía: Feijoo, el sastre que viste a Villagarcía. // ¡Los mejores Calzados de España ! La Madrileña.

- En una sección denominada LABERINTO - artículo de Manuel Lueiro Rey: "El hombre es el que no cede".

- Selección de poemas en la contraportada:

José Filgueira Valverde: Eu vos chamo, segreles.
Emilio Álvarez Negreira
M. Cuña Novás: La noche persuadida
Aurora Vidal: Morriña

PRIMAVERA

En la rama, de nuevo,
sol tierno y ruiseñor.
En el sendero, hierba
de gozosa frescor.
En la loma, retamas
y alondras de pastor.
En los espinos, flores
de muy claro color.
Pero hay algo -no sé que pero o angustia-
en el aire, señor.

Aquilino Iglesia Alvariño

Rafael Melero
Luis Almazán
Herminia Fariña: Copras ó ar.
Gudea

Voz por la noche
(FRAGMENTO)

Dame, Señor, un corazón sin tiempo,
para amar esas cosas que creaste
sin que sangre de heridas anteriores.

Me vence el galopar de los instintos,
que descienden furiosos, de mi frente
hasta la hambrienta carne que me envuelve:

Y estas llagas, Señor, de mis anhelos,
van por toda mi piel estercolando
esta arcilla que es tuya y de tu soplo.

Sabino Torres

En este número de Litoral, ¡Poesía! toda una contraportada. (Ya podrían aprender los periódicos de hoy en día).

LITORAL - Año I - Núm. 7 - Pontevedra, 28 de marzo de 1953 - 1 pta.

Semana Santa en Pontevedra: En la procesión del Viernes Santo la cofradía del Espíritu Santo, formada por alumnos del Instituto de Pontevedra, portó el paso del Ecce Homo.

Manifiesto de Homenaje al periodista Manuel Blanco Tobío, escritor pontevedrés, galardonado con el Premio Nacional de Periodismo. Entre los firmantes: 1º Filgueira Valverde, Aquilino Iglesia Alvariño, Julián Álvarez Villar, Agustín Portela, Sabino Torres, Luciano del Río, Manuel Lueiro Rey, Rafael Landín y otros.

Del Magisterio - NOMBRAMIENTOS - Sustituta de Cea - Villagarcía, doña Esperanza Trigo Díaz.

Programación de Radio Pontevedra E.A.J. - 40 (En la Semana Santa predomina en la programación la música clásica de carácter sacro).

Columna: LABERINTO de Manuel Lueiro Rey: "Los tiempos cambian".

VILLAGARCÍA: 1ª Vez se celebran unos Juegos Florales. - Conferencias en el Casino: - José Mª Castroviejo, director del Pueblo Gallego. / - Cuña Novás, poeta: "La Poesía en la calle".

LITORAL - Año I - Núm. 8 - Pontevedra, 4 de abril de 1953 - 1 pta.

sábado, 18 de junio de 2016

LX MESA DAS VERBAS-25-06-2016-19:30 H.


Outra nova oportunidade para ceibar os versos ao ar. Co recurso das verbas, tan só nos queda a palabra, podemos amosar os nosos sentimentos, as nosas emocións, as ledicias, as dores; a nosa xenreira, a nosa náusea vital. Todo o que queiramos comunicar, nuns intres de amizade e de convivencia poética.

Non esquezades a nosa cita, sábado 25, ás 19:30 h., na sala de conferencias do Auditorio Municipal.