Mostrando entradas con la etiqueta Auditorio Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Auditorio Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de octubre de 2018

TEATRO: A LEITUGA DE CÉSAR SIERRA




Sábado, 13/10/2018   21:10
Unha tarde de teatro galego no Auditorio Municipal
 de Vilagarcía de Arousa

Nesta función rexistrouse unha boa entrada coas zonas A e B do Auditorio practicamente cheas e algúns espectadores situados na zona C. Quedei contento por este suceso de público.
A representación comezou 10’ despois das nove noite, fíxose a escuridade na sala, arriba o pano e comezou a maxia do teatro.
O título ben escollido, un título metafórico, recollido dunha das frases dunha personaxe, rica en frases e en caracterización, como era o borracho Vinicio. Hai que preocuparse das persoas igual que nos ocupamos dunha leituga para que se logre; témonos que “ocupar de regala e de cambiarlle o osíxeno todos os días”.
A temática moi real que reflicte o día a día familiar e as problemáticas das persoas que as forman:
-         Coidado das persoas maiores e enfermas
-         Eutanasia
-         Egoísmo e tensas relacións entre irmáns
-         A complexidade da familia política: sogros, cuñados
-         A fecundidade / a esterilidade
-         As adopcións
Argumento ben desenvolvido nun melodrama con moi boas pinceladas de humor e toques de moita sorna.
Posta en escena cunha boa economía de medios escénicos, cos elementos lumínicos e de son moi ben tratados. Orixinal xogo de luces e sombras con escenas moi logradas de ralentización con efectos de cámara lenta.
O fondo musical cunha boa selección de temas clásicos.
Moi bo o efecto asubío con iluminación fixa e concentrada no estatismo dos actores e actrices que daban o cambio de escena e de acto.
Elementos sinxelos de decoración con boa iluminación e bo son.
Todo o conxunto de recursos favorecía a verosimilitude da trama.

Traballo de actores fixo cribles as personaxes e permitiron a recreación e a verosimilitude das situacións familiares.
Destacaríamos o papel de Vinicio, pola complexidade de simular todo o tempo a un mozo borracho (con sentencias moi atinadas sobre as diversas situacións representadas). Tamén nos agradou a actriz que representou á cuñada embarazada.
Mais en xeral, todos, actrices e actores desenvolveron dun xeito crible ás súas personaxes. A “Morris” vanlle ben os papeis de humor ácido, cínico e cheos de sorna.
Sen máis, destacar nesta sintética crítica que por medio desta obra puidemos, ao mesmo tempo de desfrutar e de sorrir, reflexionar sobre unha serie de cuestións que afectan ás familias de hoxe; pero, tamén ás de onte e aínda ás do porvir, son problemas e dificultades presentes en todos os tempos. Nesta obra cunha linguaxe e cos modos de agora, auténticos e desenfadados.
Por favor, máis teatro!
Arriba o pano!

jueves, 12 de octubre de 2017

LXXV MESA DAS VERBAS - 21-10-2017




O paso do tempo pode ter unha compoñente poética e poeticamente o sábado 21 de outubro de 2017, ás 18:30 h., imos celebrar na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa, nada menos que a edición número 75 da Mesa das Verbas (o 21 de xaneiro próximo cumpriremos 7 anos de experiencia poética). Si, setenta e cinco meses seguidos de recitais poéticos populares, abertos a todos os que desexen participar. A festa da poesía, a festa da palabra, a Mesa das Verbas. Vinde, pois, o día 21, ceibar os versos e a música ao ar de Arousa, estaremos acompañados, nesta ocasión, na parte musical pola magnífica Coral de Sobradelo, dirixida maxistralmente por Xesús Portas. Non vos perdades unha nova oportunidade de participación cultural e amizade.


Tivemos unha sesión inesquecible coa extraordinaria actuación da Coral de Sobradelo, nesta sesión especial da Mesa das Verbas, a LXXV ceibando os versos e as notas musicais no ar de Arousa.




Compartiron os seus versos: Carmen Abalo, Tito Porto, Tere Briones, Carmen Darriba, Eduardo Víctor Castro López "EvCalo", Enrique Brumbéck, Susana, Luís González, X. Ramón Quintáns, Ramón Torrado, Manuel Lage, Xermán Manuel Torres.















E ata outra millorada, amigos; como soía dicir o gran Cunqueiro.

miércoles, 12 de abril de 2017

O TOLLEITO DE INISHMAAN - VILAGARCÍA -08-04-2017; 21:00 H.



O sábado, 8 de abril de 2017, ás 21:00 h. decidimos ir ao teatro, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa representábase a peza multipremiada nos Casares, O Tolleito de Inishmaan. Unha entrada razoable, aínda que habería que fomentar, desde distintas esferas sociais, un apoio máis decidido ao teatro galego.

A representación non defraudou ás miñas espectativas. A historia engaiola, combinando en distintos momentos un fino humor, ao estilo do sutil humor británico, irlandés, galego..., humor "celta" retranqueiro. Unha linguaxe teatral con ritmo, que se amosa na fala anafórica dos personaxes, coa repetición de certas expresións e de certas verbas, que acompañadas doutros recursos, imprímenlle un senso poético ao texto dramatico.

A HISTORIA.- A xente, as máis das veces, amósase intrasixente coas eivas dos demais, discriminando ás persoas polas súas deficiencias ou manías: a minusvalía do tolleito, a teima da tía de falar coas pedras, a curiosidade enfermiza do "corredor de novas"... As miserias humanas, a estreitez da aldea...
O tolleito quere fuxir, buscar nova vida, novas oportunidades, atoparse el mesmo, ser autónomo, escapar da presión. O que busca non o atopa fóra e volve. Retorna a súa aldea, na procura dos seus, que son realmente quen te coñecen, quen te queren. Trata de atopar o seu lugar entre os seus, volve a onde o queren, xunta das súas tías adoptivas, xunta o seu amor. A loita por buscar o lugar que a un lle corresponde, no lugar natural, no lugar das orixes. Esta aldea irlandesa, cos seus típicos paisanos e o trasunto da aldea galega.

OS PERSONAXES.- Quen se me fai máis crible e atractivo, máis nobre no trasunto da historia é o xornalista, bo, o corredor de novas.
O tolleito, demasiado tolleito, o que implica un bo traballo do actor que o representa. Están moi esaxeradas as súas eivas. Conmove a súa realidade, que o fan un ser débil. Aínda que amosa o seu ser forte cando toma a decisión de se ir, aínda con mentiras e trampas.
A parella das tías adoptivas favorecen o toque humorístico. 
Logo está a parella de irmáns, coa personalidade forte e indepedente da irmá.
E a figura do mariñeiro que contribúe a completar o nudo e o desenlace da historia.

A POSTA EN ESCENA.- Cunha economía de medios e bo uso deles fáisenos vivir a trama e a problemática humana e social. Cunha simplicidade na posta en escena, moi suxerente, cuns elementos concretos e sinxelos denótanse e delimítanse moi ben os espazos escénicos.

- A tenda (coa balanza e co mostrador que nola sinalan) é o escenario principal.

- O mar, a praia, delimitada pola cor azul e polas pedras brancas, e pola pequena lanchiña.

- A casa do corredor de novas, suxerida por poucos elementos, pero sabemos, intuímos que é a casa.

Cun axeitado xogo de luces, cores, sons e música delimítanse moi ben espazos e escenas.

Nin que dicir ten que cando chegamos á sala, co pano aínda pechado, escóitase moi suave o bater da auga do mar, algo xa suxerente que predispoñía o ánimo, era un son moi, moi débil case imperceptible, pero estaba aí, de súpeto ábrese o pano, todo a escuras, luz... estamos nunha tenda calquera, dun aldea calquera de Irlanda (vs. Galicia)...

MÁIS INFORMACIÓN:

 https://www.coruna.gal/portal/es/agenda/proximos-eventos/detalle-agenda/ciclo-principal-o-tolleito-de-inishmaan/suceso/1453609550139?argIdioma=es

sábado, 4 de febrero de 2017

LXIX MESA DAS VERBAS - 18-02-2017-18:30 H.

Logo deseñado por Tito Porto
 
Nova oportunidade para ceibar os versos ao ar.
Será na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal, anotade ben nas vosas axendas a data, e non vos esquecer de que tendes unha cita poética: sábado 18 de febreiro de 2017, ás 18:30 h.

Tamén informar que o venres día 3 de febreiro de 2017, ás 12:53:19 h. deuse entrada no Rexistro Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa da instancia de solicitude de publicación da Revista Poética da Mesa das Verbas - Anaco I, xuntándose un prototipo da revista. Agardando ter sorte, e ver axiña publicada e en papel a nosa esperada revista.


Primeiro Parladoiro desta segunda etapa. Bar A Tertulia, 18/01/2017; 18:00 h.
(Imaxe de Andrea Fernández Maneiro "Nei") 

Así mesmo, lembrar que todos os xoves, a partires das 18:00 h. temos Parladoiro da Mesa das Verbas no bar A Marina de Vilagarcía, actividade aberta a todos os que queiran participar. A palabra, as verbas son as protagonistas, nun ambiente cálido e distendido. Cada un chega cando pode e marcha cando quere.

Obxectivo principal da Mesa das Verbas:

Desmitificar a poesía, achegala a todos.
Que todos poidan chegar gozar dela.

Popularizar e democratizar a cultura.

Todos poden participar e ser suxeitos activos.

SAÚDE E POESÍA!!!

martes, 6 de diciembre de 2016

LXVII MESA DAS VERBAS - 17-12-2016; 18:30 H.


O sábado 17 de decembro, ás 18:30 h. na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, teremos unha nova oportunidade para ceibar versos ao ar.

Os que queirades sorprender, inquietar, desacougar, gozar cos versos e coas verbas compartidas non deixedes pasar esta nova cita poética, versos conxugados coa amizade nun marco de liberdade.

 

martes, 11 de octubre de 2016

IV FESTIVAL SOLIDARIO - AUDITORIO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA - 14-10-2016; 20:30 H.


Este próximo venres, a partires das 20:30 h., no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, celebraremos, organizado por Cáritas Parroquial de Santa Baia de Arealonga, o IV Festival Solidario. A nosa gratitude para todos os colaboradores.

Desenvolverase o seguinte programa:

AROSA BAY

Esta noche está para boleros
Usted
Cheira a Lisboa
Sahara
Teño saudade
Havemos de ir a Viana.

CORO PARROQUIAL STA. EULALIA-A XUNQUEIRA

Amazing Grace – J. Newton
Zarzarrosa – H. Werner
Lela – Popular
Everybody Sing Freedom – Negro Espiritual

DESCANSO: Sorteo dun cadro mural doado polo artista Tito Porto.

CORO ANPA ATRIL “SIYAHAMBA”
Mangwani m’pulele
Duerme negrito
The lions sleeps tonight
Lusse lella
Good news

ORQUESTRA DE PULSO E PÚA AROUSA

Islas Canarias.....................................J. M. Tarridas

Recuerdos de la Alhambra............F.Tárrega

The Entertainer (El Golpe)...Scott Joplin

Pequeña Serenata Noctura K-525...W. A. Mozart


Vivir sinxelamente para que outros sinxelamente poidan vivir
 

sábado, 18 de junio de 2016

LX MESA DAS VERBAS-25-06-2016-19:30 H.


Outra nova oportunidade para ceibar os versos ao ar. Co recurso das verbas, tan só nos queda a palabra, podemos amosar os nosos sentimentos, as nosas emocións, as ledicias, as dores; a nosa xenreira, a nosa náusea vital. Todo o que queiramos comunicar, nuns intres de amizade e de convivencia poética.

Non esquezades a nosa cita, sábado 25, ás 19:30 h., na sala de conferencias do Auditorio Municipal.

sábado, 16 de enero de 2016

LV MESA DAS VERBAS: 30-01-2016; 18:30 H.

Todos os amantes da poesía que o desexen poden ceibar os seus versos ao ar na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Será unha nova edición deste recital poético que celebramos todos os meses na Perla de Arousa. Non esquecer día: sábado 30 de xaneiro de 2016 e hora: 18:30 h. Que facedes que non reservades xa dita data nas vosas axendas? Queremos vervos a todos, xa o sabedes, non faltedes!

La poesía no quiere adeptos, quiere amantes.

(Federico García Lorca) 

Colabora a Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa

viernes, 29 de agosto de 2014

XL MESA DAS VERBAS - HOMENAXE A JOSÉ MANUEL OLVEIRA HORTAS




Xa van alá 40 citas coas Musas das artes e das letras, o sábado 13 de setembro na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (Avda. da Mariña), unha nova oportunidade para compartir versos e música, esta última será ofrecida polas nosas amigas e amigos do Coro Voces Amigas de Vilagarcía. E volveremos a homenaxear e a facer presente ao noso amigo, o poeta sensible, ao poeta da xustiza e da solidariedade , o inesquecible, José Manuel Olveira Hortas. Xa sabedes, temos un encontro, non faltedes.

OLLO CAMBIO DE UBICACIÓN, NESTA OCASIÓN VERÉMONOS NA SALA DE CONFERENCIAS DO AUDITORIO MUNICIPAL. 

Tivemos unha Mesa moi emotiva e sentimental, ceibamos versos o ar en homenaxe a Olveira, escoitáronse e sentíronse os seus propios versos. Acompañados coa música ben temperada e coas cancións ben interpretadas con musicalidade e sensibilidade por parte do Coro "Voces Amigas" de Vilagarcía, dirixido maxistralmente por Chiruca Rivera. A todos mil gracias.

Participaron ceibando os versos ao ar:

18 membros do Grupo Poético "Brétema" de Vigo, acompañados polo seu Presidente e Secretaria.

E os seguintes asíduos da Mesa das Verbas: 

Andrea Fernández

José González

Enrique Brumbéck

Tito Porto

Eduardo Víctor Castro López

Antonio Quiñoy

Carmen Abalo

Tere Briones

Augusto Guedes

Xermán Torres

Agradecemos moi especialmente a presenza da viúva, do irmán e dos fillos de José Manuel Olveira Hortas, quen permenecerá sempre con nós na súa lembranza e nos seus versos.

Manoel Xosé, in memorian