martes, 22 de febrero de 2011
CELEBRACIÓN DA II MESA DAS VERBAS
Como estaba programado o pasado 21 de febreiro, ás 21:00 h., celebrouse o segundo encontro poético baixo a denominación de II Mesa das Verbas, na Sá do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa e baixo a súa organización. A carón dunha mesa presidida pola curuxa que representa a Palas Atenea e con ornamentos vexetais, xuntámonos un grupo de persoas amantes da poesía, acompañáronnos amigas e amigos da Agrupación Poética "Brétema" de Vigo. Fixemos as roldas de intervencións, onde compartiron poemas, as seguintes persoas:
- Enrique Brumbeck (recitador)
- Concepción Estevam
- Daniel Fernández
- María Teresa Manero
- Andrea Fernández
- Jean Carballo (Brétema)
- Carmen Darriba (Brétema)
- Rafa Gómez (Brétema)
- María Palacios (Brétema)
- Tito Porto
- Teresa Cariño (Brétema)
- Ramón Torrado
- Antonio Quiñoy
- Ángeles Conde
- Antonio Pinedo
- Manoel Xosé (Brétema)
- Xermán Torres
- Alfonso Saavedra
Alfonso, dun xeito moi emotivo, fixo lembranza do seu pai, Santiago Saavedra, e recitou dous poemas que D. Santiago compuxo e compartía cos seus familiares e amigos nas datas de Nadal.
Amenizou musicalmente a velada poética, o pianista, Germán Jesús Torres Sánchez, quen nos ofreceu fragmentos escollidos das seguintes pezas:
1.- Suite francesa nº 6 de BACH
2.- Estudio nº 12 op. 25 de CHOPIN
3.- Estudio nº 1 op. 25 de CHOPIN
Rendémoslle unha homenaxe ao poeta vilanovés, José Losada, que publicou dous poemarios, IMPACIENCIAS e TORRES DE ARENA no seu exilio en Bos Aires, lemos dous poemas seus en presencia dos seus curmáns, Mª José e Juan.
Finalizamos o encontro lembrando a Álvaro Cunqueiro (1911-1981) no seu centenario, cantamos o seu poema, NO NIÑO NOVO DO VENTO, na versión de Batallán.
Ofrecemos agora un soneto de José Losada e un poema de Santiago Saavedra:
PODER IMPOSIBLE
(SONETO)
Yo quisiera tener la virtud
de trocar la mentira en verdad,
quisiera, ahora, en la senectud,
cambiar el mal en bondad.
Yo quisiera tener la virtud,
de noche oscura, hacer claridad.
Yo quisiera, con mi inquietud,
llevar la dicha a la humanidad.
Si ese don tuviera del Señor,
que todo lo puede en verdad,
concediéndome el favor
de volver en salud la enfermedad,
mi vida daría con fervor
por salvar a la horfandad.
(José Losada)
Cando naceu o meniño
lonxe estaba de maxinar
que unha cousa tan pequena
me fixera tolear.
Mil muecas e estremonías
fai ao pouco de nacer;
logo veñen as sorrisas
(temblóns e incertos pasos)
e empézache a coñecer.
Xogar con il e un contento,
acochalo é un pracer,
chora con sentimento
e doente nono podes ver.
Alá, polos anos mozos
estiven enamorado,
agora que xa vou vello
polos netos enchouchado.
(S. Saavedra, 1981)
AS FOTOGRAFÍAS SON UNHA XENTILEZA DE MANOEL XOSÉ DE OLIVEIRA (BRÉTEMA).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Dende o Grupo Poético Brétema, a nosa felicitación á Directiva do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, polo acerto e bo facer na organización da IIª Xuntanza Literaria da "Mesa das Verbas". Desexamos que dito evento consolídese no tempo e acade os éxitos que sen dubida merece.
Unha forte aperta, Grupo Brétema.
Grazas amigos/as pola vosa colaboración na experiencia da MESA DAS VERBAS, e pola vosa xenerosidade e amabilidade de desplazarvos dende a cidade olívica para acompañarnos e agarimarnos.
Saúdos cordiais e poéticos.
Xermán Torres
Germán, querido :No he dicho cuán satisfactorio para mí fué el II Encuentro. Me satisfizo mucho el contenido del poema del Sr. que compartía mesa contigo. No el Director del Liceo. Siento no retener el nombre.
La presentación del acto logradísima en cuanto a fotos y la asistencia, aumentada de los componentes de Bretema muy de valorar y agradecer. Todo será consecuencia de tus "Rayos " ( como sugiere Ceneme ) que caldean . Mi cariño María
María,pienso que la experiencia hasta ahora fue muy positiva y de un gran nivel, esperemos continuar en la misma línea.
Precioso :)
Publicar un comentario