miércoles, 18 de enero de 2012

ANDREA FERNÁNDEZ, "NEI"


Unha muller moi especial, chea de forza, de espírito rebelde e indómito; para ninguén pasa indiferente. Amante da lectura e da escritura, ela escribe moi ben, dun xeito moi orixinal. Coñecímonos a finais dos 70, principios dos 80 do pasado século, cando un grupo de mozos e mozas demócratas fundamos o lembrado "Club Juvenil Villagarciano" e tamén participabamos nas actividades do Club de Mozos Pintores "Carlos Maside", que naqueles tempos lideraba e patrocinaba, D. Manuel Trigo Díaz, mestre e poeta.
"Nei" comparte comigo o amor pola radio, ela fíxoa fai tempo, coincidimos nos comezos de Radio Arosa - SER. Agora, compartimos o gusto pola poesía, coordinando as Mesas das Verbas e os Obradoiros Creativos de Poesía.
Aceptou a nosa proposta e contestou ao cuestionario Proust.

CUESTIONARIO PROUST


1.- Cal é o principal trazo do seu carácter? Impulsividade

2.- Que calidade prefire nun home? honradez

3.- E nunha muller? A mesma que nun home, non hai diferenzas na calidade humana por cuestión de xénero

4.- Cal é a túa principal característica? Non o sei, deberían dicilo os demais

5.- Que aprecia máis nas súas amizades? Todo, incluso os defectos

6.- Cal é o seu principal defecto? Inseguridade

7.- Cal é a súa ocupación favorita? escribir

8.- Cal é o seu soño de felicidade? Non perdo o tempo en pensar no que me falta. Limítome a ser feliz.

9.- Cal sería a súa maior desgraza? Que non me quixeran os que me queren.

10.- Como lle gustaría ser? Como son, sabendo decatarme mellor das cousas que fago mal e as veces non vexo.

11.- Cal é o país onde desexaría vivir? Aquí, sen dúbida

12.- Cal é a súa cor preferida? laranxa

13.- Cal é a flor que máis lle gusta? orquídea

14.- Cal é o seu paxaro preferido? colibrí

15.- Cal é o seu prosista preferido? Cunqueiro

16.- E o seu poeta favorito? Benedetti

17.- Cal é o seu heroe de ficción? Gandalf

18.- E a súa heroína de ficción? Galadriel

19.- Quen é o seu pintor favorito? Gustav Klimt

20.- E o seu compositor musical? George Gershwin e Tchaikovsky

21.- Quen son os seus heroes da vida real? Os meus veciños, os meus amigos todos os que teñen que chegar a fin de mes cun sorriso ¡e consíguenno!

22.- E as súas heroínas da vida real? Os mesmos que os meus heroes.

23.- Que acontecementos ou características da Historia detesta máis? Aborrezo as “fazañas bélicas”

24.- Quen son os seus heroes e/ou heroínas da Historia Mundial? Akenaton, Hipatia de Alexandría, Marie Curie, Florence Nightingale, Simone de Beauvoir.
25.- Cal é a súa comida preferida? O marisco

26.- E a súa bebida? Una boa cervexa con amigos.

27.- Cales son os nomes que máis lle gustan? Gonzalo e Aloia

28.- Que detesta por riba de todo? A deslealdade

29.- Que personaxes históricos detesta máis? Tódolos ditadores de calquera pelaxe, incluídos os ditadores da fe e das ideas, non só políticos.

30.- Que feito militar admira máis? ningún

31.- Que reforma valora máis? O respeto polos Dereitos humáns

32.- Que don natural lle gustaría posuír? A templanza

33.- Como lle gustaría morrer? Coa conciencia tranquila

34.- Cal é o estado actual do seu espírito? Saudable, o meu vaso está medio cheo case sempre.

35.- Que defectos ou faltas lle inspiran máis indulxencia? Todos ¡quen son eu para xulgar a ninguén! agás aqueles que danan aos demais sen remorsos.

36.- Cal sería o seu distintivo ou a súa divisa?

Prefiro que me odien polo que son, a ser amado por algo que nunca serei.

* Para rematar indique unha lembranza ou algo que queira destacar sobre a comarca de Arousa-Salnés.:
Esta é a miña casa, cunha parede mariña ao oeste; non está demasiado ben illada do mundo, abátennos ventos do norte, tolos e violentos, e xélidas augas precipítanse sobre as nosas cabezas, ate conxelar os nosos pes.
É certo que o calor da parede este, que garda os grafitis da idade do ferro, ornase cun friso de muíños de vento, onde Eolo fai soar o seu chifre entre xestas e toxos.
Xa non quedan moitos carballos, pero a parede sur é unha fiestra á ría, terra de lobos din que foi e agora atalaia dos meus medos.
Ao meu norte, as torres do Oeste que vixiaban as incursións viquingas.
Teño unha casa de auga e terra, de montaña e vento, téñoa! e muta coma a miña alma, coma as estacións deixan as súas pegadas no corazón das árbores.

Nei mantén un blog que vos recomendo:

www.montexiabre.wordpress.com

2 comentarios:

Ney dijo...

Grazas Xermán, eres moi xeneroso con esta imperfecta muller.

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Na imperfección está a beleza.
Grazas a ti por aceptar e respostar tan axiña ao meu inquérito.

Agarimosamente,

Xermán Torres