SONETO Á CAMELIA
CON ESTRAMBOTE PARA R. GIMSON
Esta tan exuberante, ventureira e
fermosa flor
que é a única musa do Salnés e de
Arousa,
raíña da invernía que alcanza o
seu primor
aquí, na nosa terra, e non che é
calquera cousa,
ela é a camelia chegada de
Oriente, chea de cor
e de moita frescura, que nos
nosos pazos repousa.
Engalana os nosos xardíns co seu
eterno verdor,
cos seus coloridos pétalos adorna
a nosa chousa.
Todos aquí admiramos tan
extraordinario vexetal,
símbolo, regalía e tesouro da
nosa agraciada Ría,
aquí chegaches e por sempre
quedarás no noso Val.
No tempo de inverno, ti es a nosa
esperada alegría,
cando as néboas, chuvias e
brétemas, levantas nosa moral.
Flor das flores, nosa ledicia,
chea estás de galantería!
Gimson veu de lonxe como
as camelias
Inquilino namorado do
Salnés,
Mar de Arousa que o
acolleu amoroso na
Saleta querida, paraíso
vexetal.
Obreiro de flores, pai de
xapónicas e xaspeadas.
Non morreu; sobrevoa o
frondoso xardín do tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario