viernes, 1 de agosto de 2014

XXXIX MESA DAS VERBAS, EDICIÓN ESPECIAL


XA TEMOS TODO PRACTICAMENTE PREPARADO E ORGANIZADO PARA UNHA XORNADA DE GOCE COA POESÍA, COA MÚSICA, COA AMIZADE... VINDE!!!

Foi unha xeira poética memorable a deste sábado. 26 persoas puideron gozar dunha visita á Illa de Cortegada inesquecible e grazas a inestimable colaboración de José Luis Villanueva, Presidente da Agrupación de Parquistas de Carril e Patrón Maior da Confraría "Santiago Apóstol" da mesma localidade e gracias ás xestións dos compañeiros, Ramón Quintáns e Xermán Manoel Torres coa imprescindible colaboración da Autoridade Portuaria e a Capitanía Marítima de Vilagarcía. Tivemos unha feliz singladura, na Illa realizamos un pequeno recital poético e un breve recorrido por este fermoso e agraciado lugar, onde a Natureza predomina. Todos os que fomos quedamos encantados; para repitir.

Do xantar de confraternidade no fermoso Club de Mar gozaron 33 persoas, pasámolo moi ben e os poemas do Brindes resultaron todos moi interesantes e aplaudidos.

E como fin desta festa poética, o recital na rúa Castelao, amenizado polos Terribles de Arousa, resultou moi concurrido e atractivo. Antes de nada, reiterar o noso máis sinceiro agradecemento a todos os colaboradores e recordar a todos os que ceibaron os seus versos ao ar:

Antón Blanco Casás, premio Minerva - 2014

Tito Porto

Eduardo Víctor Castro López

Andrea Fernández

Enrique Brumbéck

Ramón Quintáns

Carmen Abalo

Ramón Torrado

Ángeles Conde

Antonio Pinedo

Tere Briones

José González

Mª Xosé Rubianes

Antonio Quiñoy

Alejandro Guanella

Jean Carbalho

Xermán Manoel Torres

E os que non viñeron, eles o perderon.

(Moi pronto acompañaremos cunha reportaxe gráfica) 





















Si miña señor á i-alba da Arousa beilar
poñereille, belida, un ventiño no mar.

A dorna vai e ven
que meu amor ten!

Poñereille unha frauta e máis un reiseñor
e unha longa soedade coma a da mar maior.

A dorna vai e ven
que meu amor ten!

Na illa de Cortegada poñereille un galán
por pastor das mareas co seu remo na man.

A dorna vai e ven
que meu amor ten!

Poñereille unha gaita no bico da ría
e unha avelaneira no medio do día.

A dorna vai e ven
que meu amor ten!

(Álvaro Cunqueiro, 1957)

"XXXIX MESA DAS VERBAS"
(Isla de Cortegada)

La jornada comienza muy temprano
cuando los cuerpos todavía duermen.
Acurrucados al bufar del aire,
que a la balandra con su vela mueve,
esperamos henchidos de emoción
que nuestro barco al malecón se allegue.

El catamarán corta con su quilla
es espejo de fluido transparente:
un agua que distancia a nuestro anhelo
de Cortegada, del edén que viene.
Y lanzamos al mar nuestra mirada
atrapando viveros y bateles.

Ya en la isla, su bosque de laurel,
que por el límpido arenal se extiende,
frondosidad e intenso olor nos brinda
dejando a nuestra realidad inerme...
como los restos de su antigua aldea
ante el desdén del Rey Alfonso XIII.

Voces poéticas que reconfortan
mientras el sol en lontananza vierte
sus rayos luminosos, su cariz,
orlando con tesón nuestros vaivenes.

(Antonio Pinedo (c) 2014)

Na illa de Cortegada
dos amores ben levada
unha moza suspiraba
polo amor que non chegaba.

Trocouse a camelia branca
nunha vermella camelia.

En Cortegada, na illa
ben levada dos amores
suspiraba unha moza
que non chegaba o amor.

Trocouse a camelia branca
nunha vermella camelia.

Unha moza namorada
desexaba o seu amor, 
na illa de Cortegada
dos amores ben levada.

Trocouse a camelia branca
nunha vermella camelia.

Alí choraba a coitada,
o amor non chegaba,
as bágoas que ela deitaba
trocaron a belida flor.

Trocouse a camelia branca
nunha vermella camelia.

(Germán Manuel Torres de Aboal, 2007)

No hay comentarios: