Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de septiembre de 2017

LXXIV MESA DAS VERBAS




Temos nova edición da Mesa das Verbas o sábado, 23 de setembro, ás 18:30 h. na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal. Vinde compartir connosco os vosos versos para ceibalos no ar de Arousa.

Como xa debedes saber, todos os xoves mantemos un parladoiro, aberto a quen queira asistir, no bar A Marina, na Alameda de Vilagarcía de Arousa. Un lugar de encontro para compartir ideas, proxectos, ilusións... para falar nun ambiente de amizade e liberdade. Probade e se vos satisface, vinde cando queirades. Cada un chega cando pode e marcha cando quere.

O sábado 23, ademais, falaremos de varios proxectos que desexariamos desenvolver e a opinión de todos e cada un de nós conta e é importante.

Se podedes e queredes non faltedes á cita

miércoles, 6 de septiembre de 2017

MEU PRIMEIRO POEMA, POEMA DOS 14 ANOS



Camelias do meu xardín

O meu primeiro poema, tiña eu 14 anos, camiño dos quince. Penso que é o primeiro, alomenos do que teño constancia escrita e que está datado. Está dedicado ás estacións do ano. Lembro que foi unha sensación de goce a súa creación e a súa plasmación por escrito, foi todo un descubrimento e unha grata experiencia. Naqueles momentos da miña vida, atopábame nunha paréntese dos meus estudos, estaba a traballar nos antigos ALMACENES SIMEÓN, alí coñecín xa moi velliño a Jacobo Rey Daviña ex alcalde de Vilagarcía.

Eu era un mociño máis interesado nas letras que no traballo nuns decrépitos almacéns, xa daquela con pouco futuro, axiña volvín ao instituto a continuar cos estudos. A miña paixón eran os libros, sobre todo os de linguas e literatura. Nas clases desas materias gozaba con escribir. As miñas redaccións e exercicios de composición eran moi valorados e tidos en conta por unha profesora moi querida e lembrada, Dna. Carmen Sabarís.

Mais, deixemos o prosaico e volvamos á composición poética. Esta primeira incursión foi incluída nun proxecto de libro, que conservo nun caderno autógrafo, que levaba por título:

EU ESTRENÍN MEUS VINTE ANOS

Comeceino a escribir o 26 de xaneiro de 1977 e remateino o 14 de xullo de 1977. Estaba eu a descubrir Galicia, a súa lingua, a súa problemática e circunstancias, nun proceso de mentalización e concienciación. Sería curioso facer unha edición facsimilar, sen outro valor que de testemuña da evolución do pensamento dun mozo de finais dos anos setenta do pasado século, que descubre a Galicia e se descubre galego. Hai poemas en galego (nun rudimentario e deficiente galego) e poemas en castelán. Este o dos 14 anos, non podía ser doutro xeito está en castelán. Transcribímolo tal como estaba escrito:

Eiquí miña primeira poesía, senón a primeira, é a de que m'acordo primeiramente. Está dedicada ás estacións do ano.

XXXVI

LAS ESTACIONES

"Primavera"

Las estaciones se preceden
unas a otras.
Llega la primavera;
florida y hermosa.
Se oyen los alegres
trinos y gorjeos
de los pajarillos.
Cantan los ruiseñores,
con sus alegres colores
se pavonean
los pavos reales
que toman el sol
en los corrales.
Las flores con sus olores
fragantes y galantes
son signo de un tierno amor
que nace con primor
en cada uno su flor.
Aumentan los caudales
con la llovizna que cae
a raudales
a pequeños intervalos.
Los largos, que no son largos
sino cortos días primaverales
parecen ser fuente de salud,
y con ganas e inquietud
se gana cada día
una gota de virtud.
Los ríos y las fuentes
que se parecen 
a las gentes
van y vienen
y acaban
todas sus aguas
en el mar
así sucede a las gentes
que por valientes
en la vida
se dan
acaban muriéndose
con su orgullo
sin afán.
Y así la primavera
se termina
y el cuco
sale con su truco.

-VERANO-

En el verano
muy temprano
comienzan los gorjeos
y también los toreos
empiezan
con el alegre verano
de antemano
las flores
con sus colores
y sus olores
vivaces y penetrantes
se parecen a los cantantes
con su dulce voz.
La hoz siega
el buen trigo
que en el verano
es un veterano
tomando el sol.
Y es la col
una delicia
de hortalizas
de las cuales
se sirve
el caracol
y sigue siendo
el sol
el que pretende
enamorar
a la mariposa
de color rosa
y llega
el cuco con su truco
con el cual
da a conocer
a D. Pascual, 
el perrito carnicero
que el aguacero
va a llegar
y es porque
el verano
va a acabar
y el cuco
se va a marchar.

-OTOÑO-

Es el otoño
como el retoño
del mal tiempo
y en el campo
hoja trás hoja
se cae.
Y es así como
la muerte
llama al ya inerte ruiseñor
y es un augurio
de paz
y tranquilidad
el ver
que los días grises
empiezan a caer
y así el otoño
como el moño
se empieza a deshacer.

"INVIERNO"

Es el invierno
como el infierno
de días grises
y lluvias tristes
que se contrastan
con el nublado sol
y es así
como el carmesí
se muere
en los lienzos
del pintor;
con primor
el invierno
sigue con afán
y tesón
y sigue con el mismo son
que una larga melodía
que día
trás día
durante largos meses
se precede con las heces.

(c) Xermán Manuel Torres, 18-4-72 

"Obra escrita a los catorce años de edad, a punto de cumplir los quince, la definía ya por aquel entonces como 'jazz poético'"

Eran cousas da mocedade que eu recollía naquel proxecto de libro no ano 1977.

Nese "libro" incluín dous retratos meus, da autoría de dous bos amigos e condiscípulos, o primeiro de Juan Carlos Dorgambide Jambrina e o segundo de Francisco Lemiña Patiño "Fresquín".



 

miércoles, 16 de agosto de 2017

POESÍA, MÁIS POESÍA POR FAVOR

LÚA DA ECLIPSE PARCIAL DE AGOSTO DE 2017 (I)

A min esto da poesía, da beleza, sempre me prendeu, xa desde os tempos do meu primeiro intento poético do que teño constancia, de cando tiña os meus 14 ou 15 anos; logo tiven unha verdadeira febre poética alá polos anos 1977 / 1978, cando eu contaba entre os vinte e vinteún anos. E as referencias á lúa e á natureza non podían faltar. A lúa é un obxecto poético e literario moi recurrido, lembremos a época do Romanticismo; por exemplo, ou o Modernismo, a autores como Rubén Darío, nos que a lúa e o ambiente nocturno do luar tiñan tanta importancia e eran de forma reiterada tan utilizados. Eu, salvando as distancias, nos meus intentos e xogos poéticos tamén lle cantei á lúa, por exemplo, neste poema en castelán do ano 1978:

Luna, luna vieja amiga
yo te quiero contar
y te quiero saludar
y narrarte tantas cosas
que desde las alturas
tú puedes contemplar.

Que los hombres no se aman
y envidia se tienen
egoísmo y pereza
que tú puedes observar.

Este mundo aquí abajo
con pobreza y con hambre
¡y con hambre de tantas cosas!
que hemos de necesitar.

Las guerras y divisiones
tantas cosas y opresiones
que nos han de esclavizar.

Luna, luna vieja amiga
te dejo con tu alumbrar
que aunque tu luz no es tuya
la sabes aprovechar.

(c) Xermán - 1978

LÚA DE AGOSTO DE 2017 (II)

sábado, 5 de agosto de 2017

LXXIII MESA DAS VERBAS - 10-08-2017; 21:30 H



O XOVES, 10 DE AGOSTO DE 2017, ÁS 21:30 H., NA PRAZA DE RAVELLA (NA PZA. DA PEIXERÍA EN CASO DE MAL TEMPO) LXXIII MESA DAS VERBAS COA COLABORACIÓN MUSICAL DE VÍCTOR CASTRO E OS SEUS SOBRIÑOS, JOSÉ LUÍS BARREIRO, E OS TERRIBLES DE AROUSA.

VINDE CEIBAR OS VERSOS AO AR DE AROUSA

SAÚDE E POESÍA

Coido que tivemos unha edición especial da Mesa das Verbas memorable, a pesares da inconveniencia do cambio horario e da forte e desagradable brisa, pero xa se sabe, estamos en agosto. Aprenderemos da experiencia para intentar unha mellor ubicación e unha hora máis axeitada, ademais doutros pequenos detalles. Aínda así, é unha edición para a lembranza. O público excelente, sobre todo os valentes que rexistiron ata o final.

No apartado musical excelente actuación de overtura por parte do fillo e netos do noso compañeiro Eduardo Víctor Castro López "EvCalo". Principiaron o fillo, Víctor Castro, profesor de música, acompañado dos seus sobriños Anxela Castro e Alejandro Pazó, que cantan como os anxos, interpretaron unha peza chamada "Cristal".

Logo, outros netos de EvCalo, Juan e Miguel Froján interpretaron o poema de Curros "O maio", con musica de X. Emilio Batallán.

José Luís Barreiro del Río interpretou varias pezas melódicas, entre elas, a súa versión de "Negra Sombra" de Rosalía, con música da autoría de Amancio Prada.

Os Terribles de Arousa, terribles como sempre, convocaron, animaron e puxeron o remate de pratino coa súa extraordinaria actuación chea de simpatía e bo facer. Son o mellor do folclore arousán. 

Ceibaron os versos ao ar nestas festas de San Roque de Vilagarcía:

- Tere Briones
- Carmen Abalo
- José Tizado
- Ramón Torrado
- Carme Darriba
- Enrique Brumbéck
- Isaura Lago
- Víctor Eduardo Castro López "EvCalo"
- Ramón Torrado
- Sergio Pazó, quen declamou o poema do seu avó "EvCalo" titulado "Raíces"
- María José Rubianes
- Jean Carballo
- Isabel Peleteiro
- Manuel Lage
- Xermán Manuel Torres

Anunciouse que a LXXIV Mesa das Verbas terá lugar o sábado, 23/09/2017, ás 18:30 h. na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.

San Roque nos conceda SAÚDE E POESÍA!!!

lunes, 27 de febrero de 2017

POESÍA, MÁIS POESÍA, POR FAVOR

Velaquí tendes un poema que comparte con todos nós Sylvie Rico:




Dámoslle as grazas a Sylvie e desexamos que na Mesa das Verbas siga a compartir versos da grande literatura francesa que nos comprace tanto.

jueves, 21 de mayo de 2015

XLVII MESA DAS VERBAS - 29-05-2015; 21:15 h.



O 29 temos en Vilagarcía un recital poético no que homenaxeamos a D. Xosé Filgueira, con este programa:
1.- Actuación Musical: Coro Voces Amigas de Vilagarcía (2 / 3 cantigas) - Xosé Luis do Río (2 cantigas).
2.- Breve charla sobre D. Xosé, centrada na música e na poesía, por Xermán Manoel Torres.
3.- Recital poético: XLVII MESA DAS VERBAS.
4.- Actuación Musical: Coro Voces Amigas (2 / 3 cantigas).
5.- Verbas finais (algún representante da familia Filgueira que poida estar presente).
6.- Interpretación do Himno Galego.
O acto terá lugar no Salón García (Casa da Cultura da rúa Rey Daviña de Vilagarcía) o 29 de maio de 2015, ás 21:15 h.

CEIBARON OS SEUS VERSOS AO AR NESTA OPORTUNIDADE NA



XLVII MESA DAS VERBAS
HOMENAXE A FILGUEIRA VALVERDE

1.- Andrea Fernández – Ao pé da San Sadurniño
2.- Xermán Manoel Torres – A Filgueira
3.- Mª del Carmen Abalo – Mar de Arousa
4.- Jean Carballo – Fala terra
5.- Tere Briones – Morrer amando
6.- Tito Porto – O medo
7.- Manuel Lage – O afiador
8.- Augusto Guedes – No berce das Ondas
9.- Alejandro Guanella – Outro canto a Galicia
10.- Ramón Torrado – Hª dun sacrilexio
11.- Enrique Brumbéck – Airiños, airiños aires


12.- José Tizado
13.- Carmen Darriba
14.- Eduardo Víctor Castro López (EvCalo)
15.- Isaura Lago
16.- Popeta
17.- Alfonso Saavedra

  • Xosé Filgueira Valverde:
-         San Cremenço do mar
-         Nosa Señora da Barca
-         Derradeira Seguida dos Anxos de Compostela


Neste enlace, D. Xosé recita os seus versos:



REPORTAXE FOTOGRÁFICA DE TERE BRIONES

Podemos observar en primeiro lugar o cadro e as figuras da galega e o gaiteiro, obras de Tito
Porto, donadas ao CEIP O PIÑEIRIÑO, elaboradas coa colaboración de José González:

 




viernes, 24 de abril de 2015

XLVI MESA DAS VERBAS, 25-04-2015 ÁS 19:30 H.


VINDE CEIBAR CONNOSCO OS VERSOS AO AR NO SALÓN DE ACTOS DO LICEO CASINO ESTE SÁBADO. DEDICAREMOS UN TEMPO AOS POEMAS SATÍRICOS E O NOSO COMPAÑEIRO TITO PORTO TERÁ UN DETALLE CON TODOS OS QUE COMPARTAN OS SEUS VERSOS.

Recibimos o noso zoco de barro, cortesía do amigo Tito Porto e ademais tivemos nosa "tençón" literaria ao máis puro estilo Quevedo vs Góngora, ceibando os seus versos ao ar:

- Tito Porto
- Enrique Brumbéck
- Tere Briones
- Alfonso Saavedra
- Antonio Quiñoy
- José González
- Augusto Guedes
- Andrea Fernández
- Manuel Lage
- Xermán Manoel Torres

Próximos eventos:

- 23/05/2015: Homenaxe en Vigo a Manoel Xosé Olveira Hortas

- 29/05/2015; 21:15 h. No Salón García, rúa Rey Daviña de Vilagarcía de Arousa: XLVII MESA DAS VERBAS - HOMENAXE A XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE - DÍA DAS LETRAS GALEGAS-2015:

                * Voces Amigas de Vilagarcía 2/3 cantigas galegas
                * Xermán Manoel Torres, conversa sobre FILGUEIRA
                * Recital poético da Mesa das Verbas: poemas    exclusivamente en lingua galega.

                * Voces Amigas 2/3 cantigas galegas.

- 07/08/2015: L MESA DAS VERBAS:

                   . Paseo poético (xa se determinará o lugar).

                   . 14:30 h.: Comida de confraternidade no Club de Mar.

                   . 21:00 h.: Na rúa Castelao: Recital poético.
                     Coa amenización musical do grupo AROUSA BAY.

E aínda haberá algunha agradable novedade na XLVIII ou XLIX edición da Mesa das Verbas, ledicia por compartir versos, palabras de sentimentos e emocións, pombas de vida e esperanza.

miércoles, 18 de marzo de 2015

XLV MESA DAS VERBAS - 20 MARZO - 19:30 H.


No Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía, na rúa Castelao, 5, este próximo venres, 20 de marzo e ás 19:30 h., un grupo de amantes da poesía ceibaremos os nosos versos ao ar. Todas as persoas que o desexen teñen as portas abertas do Liceo Casino para gozar da inspiración das Musas. Dedicaremos uns intres para admirar, lendo, declamando, escoitando uns fermosos sonetos escollidos. Aprenderemos da técnica e da estética do soneto. Estades todos invitados, vinde!

Lembrade tamén que o día 21 comeza a primavera neste hemisferio e no outro comeza o outono; coincidindo con estes fenómenos naturais celebramos o Día Internacional de Poesía.

Ceibaron os versos ao ar:

M. Carmen Abalo
Antonio Quiñoy
Ramón Torrado
Alejandro Guanella
Tere Briones
Tito Porto
José González
Jean Carbalho
Encarna
José Ramón Quintáns
Xermán Manoel Torres

Gozamos coa lectura e composición de sonetos. Sonetos clásicos, de Fermín Bouza Brey, con algúns sonetos compostos por parte dalgúns asistentes.

Quedamos que a XLVI MESA DAS VERBAS terá lugar o venres 25 de abril de 2015, ás 19:30 h. Dedicaremos un tempo a poemas satíricos.

jueves, 26 de febrero de 2015

XLIV MESA DAS VERBAS - 28-02-201; 19:00 H.



Este derradeiro sábado de febreiro temos serán de poesía,
agardamos por todos no Liceo Casino de Vilagarcía.

Ceibamos os nosos versos ao ar:

Berta Santiago
José González
Enrique Brumbéck
Xermán Manoel Torres
José Tizado
Tito Porto
Alfonso Saavedra
Andrea Fernández
Carmen Abalo
Augusto Guedes
Ramón Torrado
Jean Carbalho
Ella Millán
Tere Briones
Antonio Quiñoy

Tamén Gozamos coa lectura de catro poemas do poeta da Terra Chá, Manuel María. 

REPORTAXE FOTOGRÁFICA REALIZADA POR TERE BRIONES













miércoles, 7 de enero de 2015

XLIII MESA DAS VERBAS - 10 DE XANEIRO


Boa entrada no 2015, a vida segue e na Mesa das Verbas volvemos a ceibar os versos ao ar e a acercar a poesía a todos, que non é cousa duns poucos, duns escollidos; a poesía é para todos, levamos dentro un poeta para cantarlle á vida, para cabrearnos con ela, para ser críticos, para clamar pola xustiza, en fin, para todo o que libremente un queira. Desde as Mesas queremos devolverlle a poesía á xente, a poesía xurde do pobo, en nós está a poesía. Vinde a compartila ao Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, rúa Castelao, 5, o próximo sábado día 10 de xaneiro de 2015, ás 19:30 h. Non nos faltedes, agardamos por todos vós.

Nesta ocasión, ceibamos os nosos versos ao ar:

Andrea Fernández
Jean Carbalho
Enrique Brumbéck
Tito Porto
Alfonso Saavedra
Ramón Torrado
Tere Briones
Ramón Quintáns
Augusto Guedes
José Tizado
Xermán Manoel Torres

Marcamos a nova cita para o último día e sábado de febreiro de 2015, a XLIV MESA DAS VERBAS será o 28 de febreiro de 2015, ás 19:30 h. no lugar de costume. Anotade a data xa nas vosas axendas.

jueves, 20 de noviembre de 2014

XLI MESA DAS VERBAS - 22-NOV-2014



TEMOS UNHA CITA COS VERSOS E COA A AMIZADE NON FALTEDES, AS VOSAS VERBAS CONTAN!

Nesta oportunidade ceibamos os versos ao ar:

Enrique Brumbéck
 Jean Carbalho
Jesús Recio
Augusto Guedes
 Carmen Darriba
Isaura
Rafa Gómez
Antonio Quiñoy
Isabel Peleteiro
Ramón Quintáns
Tere Briones
José Tizado
 Andrea Fernández
Bilal Traoré
Tito Porto
Eduardo Víctor Castro López
Xermán Manoel Torres

A XLII Mesa das Verbas será o sábado 13 de decembro de 2014, ás 19:30 h. no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa.  

viernes, 29 de agosto de 2014

XL MESA DAS VERBAS - HOMENAXE A JOSÉ MANUEL OLVEIRA HORTAS




Xa van alá 40 citas coas Musas das artes e das letras, o sábado 13 de setembro na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (Avda. da Mariña), unha nova oportunidade para compartir versos e música, esta última será ofrecida polas nosas amigas e amigos do Coro Voces Amigas de Vilagarcía. E volveremos a homenaxear e a facer presente ao noso amigo, o poeta sensible, ao poeta da xustiza e da solidariedade , o inesquecible, José Manuel Olveira Hortas. Xa sabedes, temos un encontro, non faltedes.

OLLO CAMBIO DE UBICACIÓN, NESTA OCASIÓN VERÉMONOS NA SALA DE CONFERENCIAS DO AUDITORIO MUNICIPAL. 

Tivemos unha Mesa moi emotiva e sentimental, ceibamos versos o ar en homenaxe a Olveira, escoitáronse e sentíronse os seus propios versos. Acompañados coa música ben temperada e coas cancións ben interpretadas con musicalidade e sensibilidade por parte do Coro "Voces Amigas" de Vilagarcía, dirixido maxistralmente por Chiruca Rivera. A todos mil gracias.

Participaron ceibando os versos ao ar:

18 membros do Grupo Poético "Brétema" de Vigo, acompañados polo seu Presidente e Secretaria.

E os seguintes asíduos da Mesa das Verbas: 

Andrea Fernández

José González

Enrique Brumbéck

Tito Porto

Eduardo Víctor Castro López

Antonio Quiñoy

Carmen Abalo

Tere Briones

Augusto Guedes

Xermán Torres

Agradecemos moi especialmente a presenza da viúva, do irmán e dos fillos de José Manuel Olveira Hortas, quen permenecerá sempre con nós na súa lembranza e nos seus versos.

Manoel Xosé, in memorian

viernes, 1 de agosto de 2014

XXXIX MESA DAS VERBAS, EDICIÓN ESPECIAL


XA TEMOS TODO PRACTICAMENTE PREPARADO E ORGANIZADO PARA UNHA XORNADA DE GOCE COA POESÍA, COA MÚSICA, COA AMIZADE... VINDE!!!

Foi unha xeira poética memorable a deste sábado. 26 persoas puideron gozar dunha visita á Illa de Cortegada inesquecible e grazas a inestimable colaboración de José Luis Villanueva, Presidente da Agrupación de Parquistas de Carril e Patrón Maior da Confraría "Santiago Apóstol" da mesma localidade e gracias ás xestións dos compañeiros, Ramón Quintáns e Xermán Manoel Torres coa imprescindible colaboración da Autoridade Portuaria e a Capitanía Marítima de Vilagarcía. Tivemos unha feliz singladura, na Illa realizamos un pequeno recital poético e un breve recorrido por este fermoso e agraciado lugar, onde a Natureza predomina. Todos os que fomos quedamos encantados; para repitir.

Do xantar de confraternidade no fermoso Club de Mar gozaron 33 persoas, pasámolo moi ben e os poemas do Brindes resultaron todos moi interesantes e aplaudidos.

E como fin desta festa poética, o recital na rúa Castelao, amenizado polos Terribles de Arousa, resultou moi concurrido e atractivo. Antes de nada, reiterar o noso máis sinceiro agradecemento a todos os colaboradores e recordar a todos os que ceibaron os seus versos ao ar:

Antón Blanco Casás, premio Minerva - 2014

Tito Porto

Eduardo Víctor Castro López

Andrea Fernández

Enrique Brumbéck

Ramón Quintáns

Carmen Abalo

Ramón Torrado

Ángeles Conde

Antonio Pinedo

Tere Briones

José González

Mª Xosé Rubianes

Antonio Quiñoy

Alejandro Guanella

Jean Carbalho

Xermán Manoel Torres

E os que non viñeron, eles o perderon.

(Moi pronto acompañaremos cunha reportaxe gráfica) 





















Si miña señor á i-alba da Arousa beilar
poñereille, belida, un ventiño no mar.

A dorna vai e ven
que meu amor ten!

Poñereille unha frauta e máis un reiseñor
e unha longa soedade coma a da mar maior.

A dorna vai e ven
que meu amor ten!

Na illa de Cortegada poñereille un galán
por pastor das mareas co seu remo na man.

A dorna vai e ven
que meu amor ten!

Poñereille unha gaita no bico da ría
e unha avelaneira no medio do día.

A dorna vai e ven
que meu amor ten!

(Álvaro Cunqueiro, 1957)

"XXXIX MESA DAS VERBAS"
(Isla de Cortegada)

La jornada comienza muy temprano
cuando los cuerpos todavía duermen.
Acurrucados al bufar del aire,
que a la balandra con su vela mueve,
esperamos henchidos de emoción
que nuestro barco al malecón se allegue.

El catamarán corta con su quilla
es espejo de fluido transparente:
un agua que distancia a nuestro anhelo
de Cortegada, del edén que viene.
Y lanzamos al mar nuestra mirada
atrapando viveros y bateles.

Ya en la isla, su bosque de laurel,
que por el límpido arenal se extiende,
frondosidad e intenso olor nos brinda
dejando a nuestra realidad inerme...
como los restos de su antigua aldea
ante el desdén del Rey Alfonso XIII.

Voces poéticas que reconfortan
mientras el sol en lontananza vierte
sus rayos luminosos, su cariz,
orlando con tesón nuestros vaivenes.

(Antonio Pinedo (c) 2014)

Na illa de Cortegada
dos amores ben levada
unha moza suspiraba
polo amor que non chegaba.

Trocouse a camelia branca
nunha vermella camelia.

En Cortegada, na illa
ben levada dos amores
suspiraba unha moza
que non chegaba o amor.

Trocouse a camelia branca
nunha vermella camelia.

Unha moza namorada
desexaba o seu amor, 
na illa de Cortegada
dos amores ben levada.

Trocouse a camelia branca
nunha vermella camelia.

Alí choraba a coitada,
o amor non chegaba,
as bágoas que ela deitaba
trocaron a belida flor.

Trocouse a camelia branca
nunha vermella camelia.

(Germán Manuel Torres de Aboal, 2007)