jueves, 2 de junio de 2016

IV CERTAME DE RELATO CURTO - FANPA




Foi para min unha experiencia moi grata quedar finalista no IV Certame de Relato Curto, convocado e organizado pola FANPA
www.nontedurmas.org

Unha moi boa iniciativa da Federación de Asociacións de Pais e Nais da provincia de Pontevedra para promover nas comunidades educativas a creatividade literaria e a utilización do noso idioma galego.

A entrega de premios foi un acto sinxelo e moi emotivo coa participación da escritora Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil - 2015 e de Belén Padrón, ilustradora, que colaboraron tamén na publicación colectiva que recolle os relatos premiados e que publicou a editorial Kalandraka.

O meu relato titúlase: TREN A NINGURES.



 

No hay comentarios: