Mostrando entradas con la etiqueta Germán Manuel Torres de Aboal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Germán Manuel Torres de Aboal. Mostrar todas las entradas

jueves, 9 de julio de 2026

TRABALLO ACADÉMICO SOBRE O CASTRO DE ALOBRE - VILAGARCÍA DE AROUSA

CONTACTOS DO MUNDO CASTREXO GALEGO CO MUNDO MEDITERRÁNEO MOITO ANTES DA ROMANIZACIÓN. O CASO DO CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Germán Manuel Torres de Aboal - INTRODUCCIÓN Á NOSA HISTORIA (I).  - PUM, Pontevedra


TEXTO BASE:

Rodríguez Martínez, R.M. et Al. (2020). Tras las huellas de Himilcón: materiales púnicos y tardopúnicos en las Rías Baixas gallegas. IX Congreso Internacional de Estudios Fenicios y Púnicos / International Congress of Phoenician and Punic Studies. MYTRA 5: 1413-1426.

PREGUNTA DE INVESTIGACIÓN:

O mundo castrexo galego (s. II a. C. – s. III d. C.) tivo conexión e contactos comerciais co mundo Mediterráneo antes da chegada de Roma?

 

1.- OBXECTIVO

Actualizar e deixar patente que os contactos co mundo Mediterráneo por parte do noroeste da península Ibérica son moi anteriores á chegada de Roma á pel de touro, como o demostran as últimas campañas arqueolóxicas executadas desde a Deputación de Pontevedra, por exemplo, no Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa e polos últimos descubrimentos da apertura, da conexión e da saída ao mar deste castro galego.

 

2.- XUSTIFICACIÓN

O interese pola indagación, pola investigación e polos estudos de carácter histórico e sobre todo os centrados en Galicia motivaron o comezo deste traballo, tamén pola iniciativa e entusiasmo que me transmitiu o profesor desta materia.

Sempre me interesou e me intrigou a existencia do Castro Alobre, situado nos arredores do chamado Montiño e preto das instalacións portuarias de Vilagarcía de Arousa. E o Castro Alobre e os demais castros da zona constitúen a orixe prehistórica da miña cidade. Tamén a preocupación por constatar que queda moito que traballar e descubrir neste tema, que me parece apaixonante para descubrir as nosas orixes e coñecer como vivían e se desenvolvían os nosos devanceiros.

Logo ao constatar a pouca sensibilidade e o pouco respecto por preservar o noso patrimonio histórico e monumental, ao observar todo o que se destrúe e non se coida axeitadamente, da impulsos para coñecer, para saber co fin de argumentar a posta en valor do noso pasado co fin de encarar axeitadamente noso presente e tratar de mellorar o noso futuro, mirando no espello doutros tempos para contemplar os esforzos dos devanceiros por mellorar e evolucionar nas súas condicións de vida. Sospeitábase hai xa bastante tempo que o Castro Alobre tiña que ter unha saída ao mar, o que facilitaría a vida daquelas xentes e de manter contactos, conexións, intercambios e comercio con outros mundos. Isto era máis palpable ao atoparse un concheiro con restos provenientes do mar, o que implica pesca e recollida de moluscos que se utilizarían na alimentación e noutras faenas. E que esta apertura ao mar facilitaría o contacto con xentes de máis alá, do outro mar, o Mediterráneo. Que é o que o artigo que tomamos como texto base trata de demostrar e concluír. O mito dunha Galicia illada e desconectada co mundo exterior queda moi pronto descartado, xa o mundo castrexo (no que compre afondar máis e seguir pescudando) mantiña estreitos e frecuentes contactos, mesmo comerciando e sendo influenciado por culturas de alén mar.

Os temas dos castros e máis do que teño máis preto, o Castro Alobre, sempre me engaiolou para introducirme nos seus misterios e tratar de coñecer o que lles acontecía a aqueles habitantes de Arousa de lonxanos  e esquecidos tempos.

O artigo que da pe a este traballo está fundamentado nun “nuevo marco de apertura al conocimiento arqueológico de las relaciones entre Atlántico y Mediterráneo en época prerromana” (Rodríguez, 2020, p. 1414).

 

3.- FONTES

Consultas e pescudas na base de datos Google Académico, lectura, estudo e análise do texto base e dos documentos que se citan na bibliografía e visitas e estudo de campo no Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa.

 

4.- IDEA CENTRAL

Xurdida da pregunta de investigación: demostrar que antes da chegada de Roma os castros do noroeste da península Ibérica mantiveron contacto e intercambios e comercio co mundo Mediterráneo por vía marítima.

Desde o s. XIX hai referencias e atópanse os primeiros restos do Castro Alobre e xa se sospeitaba que tiña unha saída ao mar o que lle permitiría ter contactos e comercio con outros pobos de alén mar.

 

5.- ARGUMENTACIÓN

Non fai moito tempo que nos estudos prehistóricos e castrexos se “consideraba que el noroeste de la península ibérica no había estado integrado en los circuítos comerciales del mundo Mediterráneo antes de la llegada de Roma” (Rodríguez, 2020, p. 1413).

Nembargantes, “las excavaciones llevadas a cabo en los últimos años en las Rías Baixas han dejado patente que los contactos con el Mediterráneo son muy anteriores” á dominación romana. (Idem).

“Ya en 1775 el ilustrado gallego Martín Sarmiento habla de la existencia de un faro de origen fenicio” en la Ría de Arousa.

Existen mostras, pois, desa “convivencia intercultural” e das prácticas comerciais entre os nosos castrexos e os fenicios e púnicos. “(...), contando tan sólo con 15 yacimientos en los que se han documentado materiales mediterráneos” (Rodríguez, 2020, p. 1414),  nos rexistros e excavacións efectuadas nesta zona a principios deste siglo.

Axiña prodúcense os intercambios entre o oeste e o leste da Iberia, “A partir del siglo II a. C. la llegada de productos es masiva y ‘se puede decir que no existe un castro del noroeste situado en la zona litoral y con ocupación entre el 450 y el 50 a. C. que no haya suministrado algún elemento de origen mediterráneo (González et al., 2010)[1]’”. Constatándose, pois, que “la integración de los grupos galaicos en los circuítos comerciales mediterráneos queda patente por la aparición de elementos arquitectónicos singulares y formas de explotación del medio (Rodríguez et al., 2011)[2]”. 

O ano 2001 será “cuando se ejecute el primer proyecto desarrollado con metodología arqueológica” (Rodríguez, 2020, p. 1418) no Castro Alobre.

Neste século, acrecentáronse os traballos e investigacións neste xacemento do Castro Alobre, baixo a responsabilidade da Deputación Provincial de Pontevedra e do Concello de Vilagarcía de Arousa.

“Las estructuras y los materiales documentados permitieron situar la cronología del espacio excavado en el Hierro II, señalando un período de apogeo del yacimiento entre los siglos I y II d. C. Además, sobre los restos de las estructuras de la Edad del Hierro, se exhumó una estructura arquitectónica de época romana, que se interpretó preliminarmente como una zona de utilidad industrial (Tomás Botella, 2008)”[3].

Destes estudos e investigacións os distintos momentos de ocupación deste castro abarcan “una cronología que se extiende desde el siglo II a.C. hasta el siglo III d.C.” (Rodríguez, 2020, p. 1419). Nestas cuestión das datacións dos distintos substratos “se documentaron materiales de mayor antigüedad en el basurero que ocupa gran parte de la zona central de la superficie excavada, y se localizaron fragmentos de cronología más reciente en los niveles orgánicos superiores (Piay et al., e.p.)”[4].

Atopáronse materiais no que sería unha antiga telleira e nun concheiro e chégase a concretar que debido á “secuencia estratigráfica y los materiales exhumados permiten aseverar que siete de las estructuras documentadas en Alobre fueron ocupadas durante las fases finales de la Edad del Hierro (I a.C. – I d.C.)” (Rodríguez, 2020, p. 1420).

E durante este período de tempo e no “caso del yacimiento arousán, ya se conocía la presencia de materiales relacionadas con el mundo mediterráneo desde el siglo VIII a.C. por lo menos, tal y como ponían de manifiesto la aparición de una fíbula de navicella o sanguisuga (González Ruibal, 2006), o un buen número de elementos del ya referido “pack tardopúnico (González et al., 2010)”.[5] Tamén está datado a recuperación dun “askós” durante as excavacións do 2016-2017, o que non deixa de confirmar a existencia do comercio entre os habitantes do Castro Alobre co mundo Mediterráneo moito antes da chegada de Roma[6].

6.- CONCLUSIÓN

Podemos chegar á determinación e á confirmación de que efectivamente o mundo castrexo do noroeste peninsular tivo conexións, contactos e comercio co mundo Mediterráneo e podemos tornar en afirmación a nosa pregunta de investigación e que con elo damos por conseguido o noso obxectivo e como correcta a idea central, podemos, pois concluír afirmando que:

O mundo castrexo galego (s. II a. C. – s. III d. C.) tivo conexión e contactos comerciais co mundo Mediterráneo antes da chegada de Roma. Os pobos cos que se establece relación son os chamados púnicos, cartaxineses, fenicios e tartessos.

 

7.- VALORACIÓN CRÍTICA

Considero de moito interese o coñecemento da nosa historia prehistórica e do apaixonante mundo castrexo, berce da nosa civilización e da nosa cultura galega. Mais deberase facer un maior esforzo e dotar dun maior orzamento para potenciar ditos estudos e investigacións e apoiar a realización de escavacións arqueolóxicas con metodoloxías e recursos actuais da ciencia arqueolóxica. Así como seguir os consellos dos técnicos e dos arqueólogos. Os artigos utilizados para este traballo e todas as investigacións realizadas ata o momento, deben poñerse en valor e ser divulgadas para o seu perfecto coñecemento pola sociedade no seu conxunto, non só pola comunidade científica.

Ao mesmo tempo, musealizar os traballos realizados nos castros e divulgar entre a poboación en xeral os traballos realizados e os contactos dos científicos co estudantado dos distintos niveis educativos. Penso que a historia galega é bastante descoñecida, deberanse emprender accións para mudar esa situación.

Tamén agudizar a sensibilidade polo coñecemento e a conservación dos vestixios do noso pasado. Por exemplo, o Castro Alobre non está suficientemente protexido, nin se divulga axeitada nin constantemente a súa existencia entre os nosos escolares e a poboación en xeral. Habería que concienciar á poboación da importancia deste xacemento castrexo e promover a súa conservación e o máximo respecto por preservalo, evitando ataques vandálicos provocados pola barbarie da ignorancia e pola pouca sensibilidade das autoridades para o bo trato e respecto deste tesouro, deste museo prehistórico ao aire libre. Tendo que prever orzamentos necesarios para o seu estudo, a súa conservación, a súa posta en valor e a súa difusión.

Baixo a miña opinión, este xacemento sufriu varios atentados ao longo do tempo para a plena conservación e o estudo axeitado das súas características. Sabíase xa desde o s. XIX que tiña que ter unha saída natural co mar. E en distintos momentos históricos, por especulación urbanística e mala planificación de que como debería configurarse a cidade e a comarca de Vilagarcía de Arousa, alterouse a primitiva configuración e situación deste importante xacemento de Alobre. No século XIX pola nefasta configuración das instalacións portuarias de Vilagarcía, como consecuencia o Castro Alobre sufre un grave atentado e unha grave desfeita. Os vilagarciáns fomos e somos pouco respectuosos co noso patrimonio histórico, monumental e urbanístico. Xa é hora de mudar de comportamentos e de actitudes e todos: cidadáns e administracións públicas amosar sensibilidade, gusto por coñecer o noso pasado e tomar as medidas oportunas para preservalo. A pouca educación e sensibilización sobre o patrimonio histórico, prehistórico e o pouco coidado e os poucos medios que se destinan a súa preservación non impiden que se sigan a cometer verdadeiros atentados, como por exemplo os últimos cometidos coa “vandalización” dos restos do Castro Alobre (18/02/2026 e 08/03/2026).[7] A falta de educación e de coidados e vixilancia por parte das autoridades competentes conducen ao maltrato e á desaparición dos vestixios do pasado. Sen deixar de mencionar o grave atentado sufrido ultimamente, da que son culpables as administracións públicas e Patrimonio ao autorizar a construción dunha grande superficie comercial no espazo que se sabía sería a saída do Castro Alobre ao Mar, terreos que deberan ser obxecto de especial protección polo seu gran valor prehistórico. Vilagarcía de Arousa non aprendeu nada e segue coa desfeita de claros vestixios do noso pasado prehistórico e histórico.

E un “desideratum” final, deberase tratar de realizar a transferencia do coñecemento científico e histórico máis alá do ámbito universitario e académico; facendo partícipe dos estudos e traballos científicos e históricos a toda a sociedade, dentro dunha coidada e pensada labor de divulgación.

Tamén concienciar ás persoas, concienciarnos todos do valor do coñecemento e do saber para preservar o noso patrimonio científico e histórico, non se pode amar o que non se coñece e ademais “o saber non ocupa lugar”. Coñecer e saber fannos máis humanos. E os científicos e educadores deben manter a ilusión e o interese por coñecer, por preguntar, por dubidar, por saber; todo iso fainos máis vivos e a chegar a ser máis persoas.

 

8.- BIBLIOGRAFÍA

 

González, A.; Ayán, X.; Rodríguez, R.M. (2010). Buscando a los púnicos en el Noroeste. Mainake, 32 (1), pp. 577-600. Murguía, M. (1888). Galicia, Serie España. Sus monumentos y Artes – Su Naturaleza e Historia. Barcelona.

Murguía, M. (1888). Galicia, Serie España. Sus monumentos y Artes – Su Naturaleza e Historia. Barcelona.

Piay, D.; Rodríguez R.; Casal, L.; Fernández, C.; González, E. e.p. Entre espinas y restos de metal: evidencias de actividades pesqueras en el yacimiento de Alobre (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra). Madrider Mitteilungen, 60.

Rodríguez, R.M. et al. (2011). Una posible factoría prerromana en el noroeste. Primeras valoraciones de la intervención en el Campo de A Lanzada (Sanxenxo, Pontevedra). Fervedés, 7, pp. 159-168.

Rodríguez Martínez, R.M. et Al. (2020). Tras las huellas de Himilcón: materiales púnicos y tardopúnicos en las Rías Baixas gallegas. IX Congreso Internacional de Estudios Fenicios y Púnicos / International Congress of Phoenician and Punic Studies. MYTRA 5: 1413-1426.

Rodríguez Martínez, R.M. et Al. (2020). Un askós de producción mediterránea en el confín del mundo. IX Congreso Internacional de Estudios Fenicios y Púnicos / International Congress of Phoenician and Punic Studies. MYTRA 5,: 1821-1827.

Sarmiento, M. (1950). Viaje a Galicia (1754-1755). Cuadernos de Estudios Gallegos, Anejo III, Santiago de Compostela.

Torres de Aboal, G.M. O Castro Alobre. Filgueira Valverde, un sabio na corte do Teucro. Blogger:

https://filgueiravalverde.blogspot.com/2009/09/o-castro-alobre.html  

https://filgueiravalverde.blogspot.com/2017/05/o-castro-alobre-lugar-das-nosas-orixes.html


[1] Rodríguez et al. (2020, 1415).

[2] Rodríguez et al. (2020, 1415).

[3] Rodríguez et al. (2020, 1419).

[4] Idem.

[5] Rodríguez (2020, 1420).

[6] Rodríguez (2020b, 1821-1827.

[7] Faro de Vigo, Arousa, 18/02/2026 https://www.farodevigo.es/arousa/2026/02/18/castro-alobre-victima-botellon-gamberros-126993377.html

Nós Diario, 08/03/2026: https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/nova-agresion-ao-patrimonio-vandalizan-pintadas-castro-alobre-vilagarcia-arousa/20260308172855249663.html


INFORMACIÓN GRÁFICA


VISTA AÉREA

MATERIAIS ATOPADOS



ACTO VANDÁLICO RECENTE



VIDEOCLIPS:


O Castro Alobre, tristemente de novo agredido (15/05/2026)


O Castro Alobre nunha visita antes do acto vandálico (03/03/2026)

O que non coñece nin valora o seu pasado nin valora o patrimonio histórico e cultural, semella máis unha mala besta que un humano.





















 

martes, 14 de mayo de 2024

UN DÍA INESQUECIBLE, 14-05-2024 11:00


Dr. Cid, Dr. Sotelino, Dr. Torres, Dr. Escolano, Dra. Míguez

 Despois de tantos anos, desde o ano 1998, que comecei os meus estudos e investigacións sobre os aspectos referidos á educación e á cultura do profesor, "vello profesor" e sabio profesor Xosé Filgueira Valverde, hoxe, no Salón de Graos "Vicente Risco" da Facultade de Educación e Traballo Social do Campus Auga - As Lagoas da Universidade de Vigo, na cidade de Ourense, procedín a dar cumio ao meu traballo coa defensa da miña tese de doutoramento:

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, UNHA TRAXECTORIA COMO EDUCADOR (1939-1996)


Dirixida polo Sr. Dr. D. Xosé Manuel Cid Fernández e actuando no tribunal:

PRESIDENTE: Sr. Dr. D. Agustín Escolano Benito

SECRETARIA: Sra. Dra. Dna. Carla María Míguez Álvarez (Uvigo)

VOGAL: Sr. Dr. D. Alexandre Sotelino Losada (USC)

Agradezo moi especialmente o acompañamento neste acto á miña familia: á miña dona Carmen, ao meu fillo Germán Jesús, á miña filla Marta, á miña nora Dayana e á miña netiña Ainara Valentina, sentín moito a ausencia por motivos de traballo da miña filla María, xa Dra. en Bioloxía, a primeira doutora da miña familia; agora somos dous, se exceptuamos á miña curmá Marina, tamén doutora en Bioloxía; entón seriamos tres.

Aos membros da miña querida familia Filgueira, moi ben representados por Fernando e Silvia e por Xacobe Medina Dacasa.

Aos meus queridos amigos, os Luíses González; Bravo e de la Ballina.

Aos meus compañeiros de Facultade Alicia e Jairo e ao meu admirado Dr. D. Antón Costa.


A todos moitas grazas por bridarme a súa compaña neste día tan especial para mín.


REPORTAXE EN IMAXES

  Fernando Filgueira, Cid, Sotelino,Torres, Escolano, Míguez, Sánchez

                                    Germán Jesús, Dayana, Ainara, Carmen, Marta





Os dous Luíses con Xermán


                                 O TRIBUNAL: Dr. Sotelino, Dr. Escolano, Dra. Míguez

TRES AMIGOS


VÍDEO CLIPS







MOITAS GRAZAS E LEMBRANZA AGARIMOSA E NOSTÁLXICA AO SR. DR. D. XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, QUE FOI OBXECTO DA NOSA ATENCIÓN


SEMPRE APRENDO!!!


























 

martes, 31 de mayo de 2022

O PROFESOR LÓPEZ FARIÑA DESCRIBE A CANTIGA 104 DE AFONSO X

 



SEGUINDO AS DISTINTAS IMAXES DAS VIÑETAS OU ENCADRES DAS ILUSTRACIÓNS DA CANTIGA, LÓPEZ FARIÑA EXPLICA O SEU CONTIDO COMO IREMOS VENDO NOS SEGUINTES MICRO VÍDEOS:






Imaxes obtidas por Xermán Manuel Torres





viernes, 14 de enero de 2022

Xosé Filgueira Valverde, innovative teacher - Xosé Filgueira Valverde, profesor innovador

 

RESULTADOS Y CONCLUSIONES DEL CONGRESO CUICIID-2021

PARA MANTENER LA TESIS DE QUE XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE FUE UN PROFESOR INNOVADOR, DIGNO DE SER TOMADO POR MODELO 

Germán Manuel Torres de Aboal 


Durante los días 6, 7 y 8 de octubre de 2021 participé telemáticamente en el Congreso Universitario Internacional sobre la Comunicación en la Profesión y en la Universidad de hoy: Contenidos, Investigación, Innovación y Docencia como ponente / asistente presentando la ponencia titulada “PRÁCTICA INNOVADORA EN LA DOCENCIA DEL PROFESOR JOSÉ FILGUEIRA VALVERDE (1906-1996), CATEDRÁTICO DE INSTITUTO DE LENGUA Y LITERATURA ESPAÑOLA (1935-1976)”, ponencia “aceptada para su publicación después de superar un proceso de doble revisión ciega por pares académicos y que ha sido publicada en el Libro de actas del CUICIID 2021”

Este hecho constituyó una satisfacción por poder defender postulados y contenidos de la tesis doctoral que estoy preparando XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, EDUCADOR (1928-1976), bajo la dirección del Dr. Xosé Manuel Cid Fernández de la Facultad de Educación y Trabajo Social del Campus de Ourense de la Universidad de Vigo, al que agradezco públicamente su orientación, sus atenciones y su dedicación a dirigir mi tesis, que espero pronto defender, intentando romper las reticencias, los miedos y las inseguridades que me provoca tal defensa pública.

El Congreso, a pesar de las dificultades técnicas que supuso mantener en línea a numerosísimos profesores e investigadores de todo el mundo, especialmente de Latinoamérica y de Portugal, pudo desarrollarse y fue muy interesante y enriquecedor para mí. Fue una experiencia extraordinaria y muy formativa. (Pueden seguirse las ponencias tecleando en la plataforma Youtube: CUICIID-2021).

Y puedo mantener la tesis que el “viejo profesor” José Filgueira Valverde, para muchos “don José” fue un extraordinario docente y gestor de instituto, un profesor innovador y lo razonamos de la siguiente manera:

-         Entendía la enseñanza de la lengua y literatura de una forma activa, por el uso, motivaba a sus alumnos a la lectura, la escritura, a preparar y pronunciar conferencias, a representar teatro, etc. Todo mediante una práctica interesante.

 

-         Se preocupaba de que su instituto tuviese una proyección en la comunidad.

 

-         Valoraba y apreciaba la música, la educación física y el deporte, como buen profesor humanista que era. (Creación en 1955 de los Cantores del Instituto, participación en los campeonatos deportivos escolares a nivel nacional, obteniendo en 1957 el premio de campeón nacional, la primera vez que un centro público se hacía con tal galardón).

 

-         Instauró en su instituto la figura pionera de los alumnos colaboradores. Creó por primera vez en España los alumnos colaboradores de un museo, en este caso del Museo de Pontevedra, que con gran acierto también dirigió durante muchos años (1940-1986).

 

-         Escribió y publicó diez libros de texto de su asignatura.

 

-         Entendía la educación con un enfoque multidisciplinar, global, integrador.

 

-         Y lo que es muy importante, se preocupaba por conocer a su alumnado y a sus familias y se interesaba por el desenvolvimiento y evolución académica y vital de sus alumnos.

 

Con la Rondalla del Instituto de Pontevedra

Por lo que podemos concluir que su práctica docente fue innovadora. Procuraba una enseñanza activa, variada, rica y motivadora y con una proyección social en la comunidad. Una praxis docente bien pensada y preparada con rigor. Destacando la preocupación y el seguimiento que hacía de su alumnado y de su orientación académica y personal. Creó en su instituto un gabinete médico y psicológico (un antecedente de los actuales departamentos de orientación), aplicando una variada gama de test con el fin de orientar bien al alumnado y a sus familias, al igual, que al profesorado. Su instituto organizaba una variada propuesta de actividades extraescolares, destacando el capítulo de viajes culturales y excursiones (por Galicia, Portugal, Europa).


Con la copa de campeones en los Juegos Escolares Nacionales de 1957

La práctica docente de Filgueira Valverde a través de su cátedra de Lengua y Literatura Española (1935-1976) y su función como director (1946-1976), como gestor de un instituto pueden tomarse como modelo hoy en día. Su trayectoria como profesor humanista puede ser significativa y de utilidad para los docentes actuales, teniendo en cuenta la contextualización y las diferencias sociales con nuestro tiempo, pero puede ser paradigmático por su carácter dinámico, humanista y totalizador, preconizaba una enseñanza activa y útil para la vida, pretendió crear en su alumnado el descubrir el placer de leer y de escribir, algo que predicó ampliamente con su propio ejemplo.



viernes, 5 de junio de 2020

Antón Fraguas Fraguas e Xosé Filgueira Valverde



Antón Fraguas (1905-1999) and Xosé Filgueira Valverde (1906-1996), were two Galician scholars that shared a lifelong friendsship with the same goal. They both dedicated their life and work to uplift Galician education, culture, and science during the 20th century. In this article, we honoured their achievements  aiming to keep their memory alive.

Prezadas amigas e amigos teño o pracer de compartir convosco o novo libro que veño de publicar, no seu día, será unha satisfacción presentar este libro na presencia e compaña queridas de todos vós.

SAÚDE E LETRAS!!!

Tamén o podedes atopar on-line clicando aquí:

 

miércoles, 18 de abril de 2018

A UNHA "EUGENIA DE MONTIJO"



Esplendorosa cor, vida
dunha "Eugenia de Montijo",
ledicia en vermello,
plenitude de camelia;
un segundo de carmesí,
instante cromático paralizado,
amor no meu corazón,
instantánea sensación
de xenerosidade natural.

---

Na sinxeleza das cousas,
como nunha flor,
agóchase a plenitude da vida.

martes, 10 de abril de 2018

O tío Manolito na lembranza




Xogo de verbas para o meu tío Manolito

Están tristes os xiríns,
xa non cantan os merlos
vaise a ledicia polo río,
foise o tío Manolito ao alén.

Leváronse os seus sorrisos,
anda de estrela en estrela
buscando nos niños os ovos
de novas e siderais aves.

Desde alá verá a Galicia,
a súa amada terriña,
desexando máis xustiza
e máis ledicia para todos.

Chouta ledo meu querido tío
desde planeta en planeta
que interesantes documentais ves,
que a viaxe sexa para ti feliz.

Os teus lembrarante por sempre,
a Puca triste sen ti
envíache seu mellor ladrido.
Túa terra caldense nota túa ausencia.

Voa libre polo espazo
nos nosos corazóns repousas,
tempo de paz e de estrelas,
es capitán do tempo inabarcable.

                      Xermán Manuel Torres

domingo, 3 de diciembre de 2017

FILGUEIRA, PREGOEIRO EN VILAGARCÍA (III)





Nestas últimas entradas estou a ofrecer unha síntese dos materiais que pescudei e utilicei na miña pasada conferencia na III Xornada Filgueira Valverde, sempre en Galicia, do pasado 28/10/2017. Agardo que servan para dar a coñecer e recoñecer o labor cultural de Xosé Filgueira Valverde. A niguén se lle escapa o moito que traballou por Galicia e o galego o eximio vate pontevedrés.


CITAS

1.- Personaxes literarias
2.- Personaxes históricas
3.- Padroeiros das parroquias
4.- Os eruditos locais


1.- PERSONAXES LITERARIAS

        DA BANDA DE ALÁ: García Mattí, Castelao, os Dieste, Manuel Antonio, Fernández Mato.
        DA BANDA DE ACÓ: Barreiro, Cabanillas, os Camba, os Bouza Brey, Valle Inclán.

2.- PERSONAXES HISTÓRICAS

        García Caamaño, o fermoso, o vello (1461), os García Caamaño (Rubiáns, O Rial)
        Rodrigo de Mendoza Soutomaior (1589)
        García Manrique e Enrique III, rei de Castela e León
        Juan Mariño de Soutomaior (Vilaxoán)

3.- PADROEIROS DAS PARROQUIAS E CAPELAS

        Santa Olaia de Arealonga
        Santiago de Carril
        San Cristobo
        San Bartolomeu
        San Pedro (Cea, Cornazo, Fontecarmoa)
        Santa María de Rubiáns
        San Martiño de Sobrán
        San Salvador de Sobradelo
        San Xinés de Bamio
        Capelas (San Cibrán, Santa Rita, Nosa Señora de Cortegada)


4.- Os eruditos locais

        Núñez Búa, Garrido, Aquilino (Colexio León XIII)
        Fernández
        Del Valle
        Viqueira
        García Lago
        Valle, Barreiro, os Bouza Brey (os poetas)


CARACTERÍSTICAS

        Rigor (traballado, documentado e fundamentado).
        Calidade literaria e expositiva; carácter didáctico.
        Integrador, global (non se circunscribe só ao centro da cidade, refírese a todo o Concello).
        Contextualización xeográfica e histórica.
        Exaltación das bondades e das belezas.
        Obra dun mestre pregoeiro.

DOCUMENTACIÓN

        Arquivo Concello de Vilagarcía de Arousa.
        Arquivo Museo de Pontevedra.
        Fortes Alén, Mª Xesús: Ó Dr. Filgueira Valverde nos seus noventa anos (1906-1996). Bibliografía. Traballos. Eloxios. Caixa de Aforros de Pontevedra, 1996, pp. 153.
        Garrido Castromán, Daniel: Da terra, do mar e do ceo. Concello de Vilagarcía, 2003.
        Hemeroteca La Voz de Galicia-Arousa.
        www.filgueiravalverde.gal