Xuntos
loamos esa tarefa
en
compartir vocacións afines
reconducindo,
Xermán, camiño,
mesa,
proxectos e moitas verbas
á vez
que ideas que son firmes
nacementos
dos nosos escritos.
Talmente
es obreiro activo,
obreiro
e desta Terra servo,
resultas
eficaz, de amplo saber,
recorrente
xestor e ben lido,
eu
coido non coñecer suxeito
sexa
tan implicado como el;
de
non existir o noso Xermán
estariamos
como fillos sen pai.
A
manchea de gratitude douche
bo
home, meu compañeiro de lei.
¡Oxalá, Deus pague as débedas
a tanta
entrega que das decote
luz
que brilla na Mesa das Verbas.
19/7/22 17:13
Versos e verbas agarimosas dun amigo, non merecidos. Mais gábome de ser amigo de Lois e compartir parte do meu tempo, noso tempo para argallar ideas, proxectos e actividades na nosa querida Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa.
Parabéns e mil grazas amigo Lois.
No hay comentarios:
Publicar un comentario