Despois de tantos anos, desde o ano 1998, que comecei os meus estudos e investigacións sobre os aspectos referidos á educación e á cultura do profesor, "vello profesor" e sabio profesor Xosé Filgueira Valverde, hoxe, no Salón de Graos "Vicente Risco" da Facultade de Educación e Traballo Social do Campus Auga - As Lagoas da Universidade de Vigo, na cidade de Ourense, procedín a dar cumio ao meu traballo coa defensa da miña tese de doutoramento:
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, UNHA TRAXECTORIA COMO EDUCADOR (1939-1996)
Dirixida polo Sr. Dr. D. Xosé Manuel Cid Fernández e actuando no tribunal:
PRESIDENTE: Sr. Dr. D. Agustín Escolano Benito
SECRETARIA: Sra. Dra. Dna. Carla María Míguez Álvarez (Uvigo)
VOGAL: Sr. Dr. D. Alexandre Sotelino Losada (USC)
Agradezo moi especialmente o acompañamento neste acto á miña familia: á miña dona Carmen, ao meu fillo Germán Jesús, á miña filla Marta, á miña nora Dayana e á miña netiña Ainara Valentina, sentín moito a ausencia por motivos de traballo da miña filla María, xa Dra. en Bioloxía, a primeira doutora da miña familia; agora somos dous, se exceptuamos á miña curmá Marina, tamén doutora en Bioloxía; entón seriamos tres.
Aos membros da miña querida familia Filgueira, moi ben representados por Fernando e Silvia e por Xacobe Medina Dacasa.
Aos meus queridos amigos, os Luíses González; Bravo e de la Ballina.
Aos meus compañeiros de Facultade Alicia e Jairo e ao meu admirado Dr. D. Antón Costa.
A todos moitas grazas por bridarme a súa compaña neste día tan especial para mín.
REPORTAXE EN IMAXES
Germán Jesús, Dayana, Ainara, Carmen, Marta
2 comentarios:
Moitos parabens profesor e amigo das letras e das musicas das ialmas e dos sons do uni-verso
Moitas grazas. Foron intres moi emotivos e agradables para min. O cumio a un traballo de tanto tempo. Apertas, prezado Xosé Duarte.
Publicar un comentario