Mostrando entradas con la etiqueta AROUSA BAY. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AROUSA BAY. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de octubre de 2014

II FESTIVAL CÁRITAS PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE AREALONGA


TODOS CON CÁRITAS PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE AREALONGA DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Coa túa colaboración axudarás a financiar o labor a prol da xustiza  e do sentido humanitario e solidario da vida.

Este ano, ademáis de todo o que vimos facendo, comenzamos un proxecto ilusionante, para ir dando pasos en solucionar o 100% de fracaso na ESO da mocedade cigana do poboado da rúa Depuradora de Vilagarcía de Arousa.

A partir de xaneiro de 2015, tentaremos poñer en marcha un plan de arranxo de infraviviendas e mellora de vivendas  de persoas marxinadas.

TI CONTAS, A TÚA AXUDA É IMPRESCINDIBLE

jueves, 12 de junio de 2014

CONCERTO DE "AROUSA BAY" NO LICEO CASINO DE VILAGARCÍA


O Liceo Casino de Vilagarcía, organiza un concerto de verán de entrada libre e de balde, ata completar aforo, no seu Salón de Actos (R/ Castelao, 5), o vindeiro venres día 13, ás 20:30 h., actuará o magnífico e recoñecido Grupo de Voces e Acordeóns "AROUSA BAY", dirixido por Alfonso Galbán.
Todos os que pasen do sobredimensionado mundo do fútbol e dos seus supermillonarios protagonistas, teñen unha cita coa boa música, a música deste grupo tan especial e querido "AROUSA BAY", non se esquezan venres 13, día de San Antonio, temos unha cita no Liceo Casino ás 20:30 h.

martes, 11 de febrero de 2014

AROUSA BAY NO CENTRO COMERCIAL AROUSA



OS NOSOS AMIGOS DO GRUPO DE VOCES E ACORDEÓNS "AROSA BAY" ACTUARÁN O VENRES 14, DÍA DE SAN VALENTÍN, DÍA DOS NAMORADOS, NO CENTRO COMERCIAL AROUSA DE VILAGARCÍA, ÁS 20.30 H., SEN DÚBIDA PASAREMOS UN MOMENTO MUSICAL MOI AGRADABLE E GRATIFICANTE. ANÍMENSE A ASISTIR, NON QUEDARÁN DEFRAUDADOS.