Mostrando entradas con la etiqueta Centro Comercial Arousa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Centro Comercial Arousa. Mostrar todas las entradas
viernes, 7 de noviembre de 2025
domingo, 6 de octubre de 2024
X XORNADA FILGUEIRA VALVERDE, SEMPRE EN GALICIA - Luns, 28 - setembro - 2024 18:00
Sería para min un pracer contar coa súa presencia neste acto
no que imos lembrar a "un obreiro da causa galega"
REPORTAXE GRÁFICA
Diario de Arousa, 29/10/2024
lunes, 16 de octubre de 2023
9ª Xornada Filgueira Valverde, sempre en Galicia
REPORTAXE GRÁFICA DE LUÍS GONZÁLEZ DE LA BALLINA:
REPORTAXE EN IMAXES DE ROBERTO ABAL:
REPORTAXE DE XOSÉ DUARTE RAÑÓ:
VÍDEOCLIP DE PILAR LOJO PIÑEIRO:
Lembramos a Xosé Filgueira Valverde, erudito e profesor innovador e humanista, no día do seu nacemento, o 28 de outubro de 1906, hai xa 117 anos, o recordo da súa fecunda vida e a súa magna e impagable obra están vivas en nós, Galicia é moito o que lle debe a Filgueira.
Tivémolo presente e falei do profesor Filgueira Valverde como dramaturgo e pola súa sabia utilización do teatro no ámbito escolar, que aínda hoxe pode tomarse como exemplo e como modelo. O teatro escolar, lamentablemente, segue a ser na nosa Galicia unha materia pendente.
jueves, 20 de octubre de 2022
miércoles, 14 de octubre de 2020
VI XORNADA, FILGUEIRA SEMPRE EN GALICIA-17-10-2020
Para manter vivo e acceso o lume da galeguidade. E lembrar a Xosé Filgueira Valverde, gran "obreiro da causa galega". A súa magna obra e a pegada da súa personalidade permanecerán por sempre connosco. A lembranza vai relacionada coa efeméride do seu nacemento: Pontevedra, 28 de outubro de 1906. Parabéns Filgueira, ti que nos contemplas no alén, despois de ben cumprida a túa misión na Nosa Terra!!!
sábado, 5 de octubre de 2019
V XORNADA FILGUEIRA VALVERDE, SEMPRE EN GALICIA
V
XORNADA FILGUEIRA VALVERDE, SEMPRE EN GALICIA
Luns,
28 de outubro de 2018 20:00
Sala
de Xuntas no 3º andar do Centro Comercial Arousa
Vilagarcía
de Arousa
PROGRAMA
- Acollida e saúdo por parte de Luís
González de la Ballina González, director do Centro Comercial Arousa.
- Presentación do acto e palabras de
lembranza sobre D. Xosé.
- Disertación: Fraguas e Filgueira, Dous amigos para sempre, a cargo de Xermán M.
Torres.
- Coloquio dos asistentes, D. Xosé
Fernando Filgueira Valverde, no que sería o seu 113 aniversario.
- Ágape de confraternidade, xentileza
do Centro Comercial Arousa.
viernes, 17 de mayo de 2019
jueves, 28 de marzo de 2019
CONCURSO LETRAS GALEGAS - 19
ENTREGA DE ORIXINAIS: Ata o 25 de abril de 2019 (inclusive)
ENTREGA DE PREMIOS: Na XCIII Mesa das Verbas, que se celebrará o venres, 17 de maio de 2019, a partires das 20:00 h. na sala de Xuntas, no 3º andar do Centro Comercial Arousa.
Ánimo a escribir e a concursar!
Sorte a tod@s os participantes!!!
lunes, 29 de octubre de 2018
ENTRAÑABLE XORNADA EN LEMBRANZA DE FILGUEIRA VALVERDE
Imaxe de Al Guanella
Este pasado domingo tivemos a sorte de compartir unha agarimosa xornada celebrando o 112 aniversario de Xosé Fernando Filgueira Valverde (28/10/1906), galeguista e gran erudito.
Tivemos como anfitrión a Luis González de la Ballina González, quen nos acolleu na sala de xuntas do Centro Comercial Arousa. Congregámonos alí a partires das 20:00 h. amigos e admiradores de D. Xosé (moitos compoñentes e próximos á Mesa das Verbas) e tivemos a gran sorte de contar con familiares moi directos deste gran home da cultura galega.
Tivo un protagonismo moi especial Xacobe Medina Dacasa (Pontevedra, 2000), bisneto de Filgueira Valverde, que apunta maneiras do seu admirado bisavó. Xacobe presentounos o seu segundo libro: ADRAL DA FILOSOFÍA (Santiago de Compostela, 2018), despois de ter publicado en 2017 o seu primeiro libro: LA VIDA ACTUAL SEGÚN LOS DIOSES. É un mozo dunha formación moi completa: Música, deporte,... Actualmente, cursa 1º de Filosofía na USC e por libre Musicoloxía na UAX. Xacobe con Xermán Manuel Torres comentaron a vida e obra de Xosé Filgueira Valverde, vida fructífera e plena en múltiples e variadas facetas. Tamén tivo tempo para cantarnos unha súa canción acompañándose da guitarra.
O noso amigo e compañeiro da Mesa das Verbas, Antonio Pinedo, declamou o seguinte soneto con estrambote da súa autoría e a xeito de acróstico en homenaxe a Filgueira Valverde:
.
Logo, todos participamos nun ágape de confraternidade, xentileza do Centro Comercial Arousa.
jueves, 11 de octubre de 2018
IV XORNADA, FILGUEIRA VALVERDE, SEMPRE EN GALICIA
IV XORNADA FILGUEIRA VALVERDE, SEMPRE EN GALICIA
Domingo, 28 de outubro de 2018 20:00
Sala de Xuntas no 3º andar do Centro Comercial
Arousa
Vilagarcía de Arousa
PROGRAMA
-
Acollida e saúdo
por parte de Luís González de la Ballina González, director do Centro Comercial
Arousa.
-
Presentación de
Xacobe Medina Dacasa, bisneto de Filgueira Valverde, quen nos falará dos seus
últimos libros.
-
Xacobe Medina
Dacasa interpreta algunhas pezas ao violín.
-
Xacobe Medina e
Xermán Manuel Torres lembran neste día e conversan sobre Xosé Fernando
Filgueira Valverde, no que sería o seu 112 aniversario.
-
Ágape de
confraternidade, xentileza do Centro Comercial Arousa.
lunes, 11 de junio de 2018
Meu segundo premio no I Concurso Literario Letras Galegas
Nese mencionado Concurso, organizado polo Centro Comercial Arousa e a Mesa das Verbas, o traballo que ofrezo nesta entrada levou o 2º premio:
BUCLE
NO LABIRINTO
Sentados na ponte
pequena, preto da fermosa fervenza e dos antigos muíños, mollando os nosos pes
no río saudoso, que se perde nas brétemas do espazo e do tempo... eu co avó a
soñar coas estrelas e cos mundos ignotos poboados de verbas e maxestosas
bolboretas.
- - Avó colleranos aquí a noite?
- - Ti es aurora; eu lusco e fusco, a
noite moura virá.
- - E veremos o campo de estrelas que vai
cara o norte?
- - Así será, ti verás durante lúas e lúas
ese campo, eu axiña ficarei nel.
- - Nese campo haberá años e ovellas?
- - E haberá, irán pastar nas leiras de
algodón que ti verás. Nos recunchos escuros estarei eu.
- - Non digas iso avó que me pos triste,
poderei eu levarte a luz?
- - Ti es a luz, albíscase nos teus ollos.
- - E pasearemos ti e máis eu por alí?
- - Sempre que me nomees e me lembres eu
estarei en ti.
- - Entón, avó, sempre, sempre direi o teu
nome, berrareilles aos ameneiros e aos bidueiros como te chamas, non si?
- - E o murmurio das súas follas, levado
polo vento xunguirán as nosas voces, eu desde alá.
- - Avó porque agora me sinto tan triste?
- - Cala, cala... non me fagas chorar e
deitar as bágoas secas dos meus vellos ollos. Aquí, no río está o noso lugar
por sempre. As ninfas ancho lembrar.
- - Avó dille ás ninfas que non se
esquezan diso, por favor!
- - Cala, cala... que non o esquecerán...
... ... ...
O avó colle da man ao
seu netiño (e lémbrase da pasada e lonxana conversa co seu avó xa ido). Venus
comezaba a despuntar no ceo e cara a estrela Polar o campo de estrelas comezaba
a brillar... camiñaban de paseniño a carón do río, que deitaba mansamente as
súas augas cara o mar, que estaba ao lonxe, ben lonxe... O neto a soñar co seu
ledo parolar, o avó coa tristura nos seus ollos, en silencio, sabedor de que
axiña deixarán de alumear. Pasa o río como a vida para as súas augas finar no
mar e así a roda da vida, roda que roda sen parar.
sábado, 5 de mayo de 2018
LXXXII MESA DAS VERBAS - ESPECIAL LETRAS GALEGAS
Será unha edición especial no Día das Letras Galegas do 2018, dedicado a María Victoria Moreno, no que se procederá a entrega de premios do I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS e contaremos ademáis coa colaboración musical de Xosé Duarte Rañó. Os premiados no concurso lerán os seus traballos.
Vinde ceibar ao ár de Arousa versos e verbas!!!
domingo, 22 de abril de 2018
I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS - 18
Reunido o xurado o mércores, 18/04/2018 18:00 h, baixo a presidencia de Enrique Brumbéck e integrado ademais por Andrea Fernández, Ramón Torrado e Luís González, despois das súas deliberacións, emitiron o seguinte fallo:
1º PREMIO: Cristian Díaz Araújo, por "Esquecinme"
2º PREMIO: Xermán Manuel Torres, por "Bucle no labirinto"
3º PREMIO: Augusto Guedes, por "Miño"
O xurado tamén decidiu establecer un accésit para Alejandro Guanella, por "Vibracións"
A entrega de premios terá lugar o xoves, 17 de maio de 2018, Día das Letras Galegas, ás 20:00 h. na sala de xuntanzas, no 3º andar do Centro Comercial Arousa de Vilagarcía, nunha edición especial, a LXXXII Mesa das Verbas.
Parabéns para os máis de 70 participantes e noraboa a todos os premiados.
jueves, 15 de marzo de 2018
I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS
Imaxe de Noé Parga (Faro de Vigo)
Imaxe do Diario de Arousa
I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS / 18
CONVOCADO E
ORGANIZADO POLA MESA DAS VERBAS E O CENTRO COMERCIAL AROUSA
1.- Convócase
este I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS / 18, idea e organización da Mesa das
Verbas e do Centro Comercial Arousa co fin de promover e promocionar a creación
literaria en lingua galega.
2.- Poderá
participar neste concurso calquera persoa que o desexe que necesariamente
acepta as presentes bases, propostas polas entidades colaboradoras, así como
tamén acepta todas as decisións do xurado (que será elixido e conformado no seu
día e oportunamente) e que terá a capacidade de dirimir e interpretar todo o
concernente a este concurso e as súas decisións serán inapelables.
3.- Cada persoa
poderá presentar un máximo de tres obras, que poderán pertencer a calquera
xénero e estilo literario. A obra terá que estar escrita en idioma galego, ser
orixinal e inédita, de tema libre. Non podendo ser coñecida nin premiada en
calquera outro certame.
4.- A extensión
máxima de cada obra será dun folio por unha soa cara. No reverso do folio
figurará un número de teléfono de contacto. O folio non poderá conter ningún
sinal de identificación, tan só pola parte de atrás figurará o teléfono de
contacto.
5.- O prazo de
entrega será ata o 17/04/2018 (inclusive). As obras serán depositadas nas urnas
que se colocarán ao efecto nas dependencias do Centro Comercial Arousa.
6.- Os premios
non poderán declararse desertos.
7.- A entrega de
premios terá lugar o xoves, 17 de maio de 2018, Día das Letras Galegas, nunha
edición especial da Mesa das Verbas, a partires das 20:00 h. na sala de
xuntanzas, no 3º andar do Centro Comercial Arousa de Vilagarcía de Arousa.
8.- Os premios
serán os seguintes:
- 1º PREMIO: 90
€, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 50 €, e diploma.
- 2º PREMIO: 40
€, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 40 €, e diploma.
- 3º PREMIO: 30
€, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 20 €, e diploma.
9.- Os autores
ceden todos os seus dereitos sobre as obras, durante o prazo dun ano a partires
da data da entrega de premios, por se as entidades convocantes tiveran a
oportunidade da publicación das obras premiadas. Transcorrido ese ano,
reverterían de novo nos seus autores.
10.- As obras
non premiadas poderán retirarse ata o 17/06/2018, acreditando debidamente ser a
autora ou autor, despois desa data serán destruídas.
11.- A
participación neste concurso implica a total e plena aceptación destas bases.
Vilagarcía
de Arousa, 17 de marzo de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













































