Mostrando entradas con la etiqueta Parroquia de Santa Baia de Arealonga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Parroquia de Santa Baia de Arealonga. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de marzo de 2025

UNHA EMBAIXADA DA PARROQUIA SANTA BAIA DE AREALONGA NA TVG-30/03/2025 10:00 - 10:30

 





O domingo, 30 de marzo de 2025 de 10:00 h. ás 10:30 h. un centenar de feligreses da parroquia de Santa Baia de Arealonga de Vilagarcía de Arousa participaron na misa dominical retransmitida pola Televisión de Galicia (TVG) desde a parroquia de San Fructuoso de Santiago de Compostela, o que supuso unha experiencia inesquecible para todos os asistentes e constituiu todo un fito para a nosa parroquia. Estamos moi agradecidos con D. Manuel Bueno, sacerdote celebrante desta Eucaristía polo convite e ao seu auxiliar e coordinador desta actividade José Luis por todas as atencións recibidas e polo seu estupendo labor de preparación desta misa televisada.

Despois do acto litúrxico, todos os parroquianos que participaron nesta embaixada e expedición a Compostela visitamos o magnífico Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compotela (actividade financiada pola parroquia, como agasallo a todos os participantes).

Finalizada a visita ao Museo, tivemos un piscolabis no fermoso parque e lagoa preto das instalacións museísticas. (Tamén xentileza da parroquia coa colaboración das empresas: Hiper Froiz e Montiño).

A parroquia agradece a todos os participantes e colaboradores.

Esta interesante actividade vivida fíxome lembrar o labor desenvolvido por Xosé Filgueira Valverde e os seus mestres e amigos Antón Losada Diéguez e Antonio Iglesias Vilarelle a prol da galeguización da nosa Igrexa e da liturxia en lingua galega. Tamén recordín a pioneira revista pontevedresa LOGOS (1931-1936), que perseguía os mesmos fins e constitúe un antecedente da revista ENCRUCILLADA  (27/02/1977).

Onda ti, noso pai á tardiña,
onda ti que nos levas da man,
axuntámonos para agradecerche
a ledicia do día que cae.

30/03/2025  23:57

miércoles, 22 de octubre de 2014

CONFERENCIA: FILGUEIRA E AS SÚAS CIRCUNSTANCIAS


Meus amigos, quero compartir con todos vós algunhas das cuestións da miña investigación sobre o insigne pontevedrés, Xosé Fernando Filgueira Valverde (Pontevedra, 28/10/1906-13/09/1996). Levo dende o ano 1999 intentanto confeccionar a miña tese de doutoramento: José Fernando Filgueira Valverde, su proyección como intelectual y educador,  dirixida polo Dres. Paloma Pernil Alarcón e Anxo Serafín Porto Ucha, e cada día descubro algo novo dunha figura extraordinaria da nosa cultura. Na conferencia tentarei amosar as influencias que recibe Filgueira e que o converten no último polígrafo das nosas letras, nun home imprescindible no mundo cultural da nosa Galicia do pasado século XX.

Temos unha cita o martes 28, ás 20:30 h. no Salón de Actos da parroquia Santa Baia de Arealonga de Vilagarcía de Arousa.

Conto con veros a todos vós.

martes, 14 de octubre de 2014

II FESTIVAL CÁRITAS PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE AREALONGA


TODOS CON CÁRITAS PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE AREALONGA DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Coa túa colaboración axudarás a financiar o labor a prol da xustiza  e do sentido humanitario e solidario da vida.

Este ano, ademáis de todo o que vimos facendo, comenzamos un proxecto ilusionante, para ir dando pasos en solucionar o 100% de fracaso na ESO da mocedade cigana do poboado da rúa Depuradora de Vilagarcía de Arousa.

A partir de xaneiro de 2015, tentaremos poñer en marcha un plan de arranxo de infraviviendas e mellora de vivendas  de persoas marxinadas.

TI CONTAS, A TÚA AXUDA É IMPRESCINDIBLE

sábado, 3 de mayo de 2014

O ROMÁNICO LUCENSE DA RIBEIRA SACRA (I)

O día 1 de maio, o colectivo de catequistas da Parroquia de Santa Baia de Arealonga fixemos unha viaxe cultural e de convivencia á Ribeira Sacra da parte da provincia de Lugo. Como xa temos indicado noutras oportunidades a Ribeira Sacra é unha comarca ben rica (magníficas paisaxes, riqueza natural, cultural, termal,...), unha zona para descubrir e gozar. Nós imos ir ofrecendo algunhas instantáneas e experiencias vividas nesta extraordinaria viaxe desde todos os puntos de vista (da convivencia, da cultura, dos encontros...).

A primeira parada foi en Ferreira de Pantón, onde visitamos o interesante mosteiro das bernardas, que foi fundado no século X pola comunidade benedictina. No século XII, pasa a pertencer á orde do Císter, de aí o nome que recibe das bernardas. Un complexo histórico e monumental con restos medievais e de distintas épocas por exemplo da época barroca e tamén neoclásica. Pero, o fundamental e de máis interese é todo o que se conserva do románico. Na desamortización non sufríu moito porque había no mosteiro monxas da comarca que de forma disimulada foron coidando e protexendo o máximo que puideron, por eso foi posible que chegará ata nós tan ben conservado. Entre as cousas de máis valor e que a comunidade garda como ouro en pano, unha imaxe románica da Virxe María, do século XII.

Recomendamos a visita obrigada a este mosteiro e non deixen de mercar os gorentosos doces que elaboran as monxas da comunidade. Ademais de mercar outros obxectos como lembranza do paso por este marabilloso entorno, onde tamén as cegoñas fan o seu niño.
















jueves, 3 de octubre de 2013

FESTIVAL DE CÁRITAS

FESTIVAL BENÉFICO (06/10/2013)/ PROGRAMA/ CORO SANTA EULALIA-NOSA SEÑORA DA XUNQUEIRA 1.- Cantares 2.- Eres tú 3.- Te quiero 4.- Negra Sombra // CORO “VOCES AMIGAS” DE VILAGARCÍA 1.- Xa non sei cantar 2.- Perdóname 3.- La chilena 4.- D. Gil de Alcalá 5.- El Peregrino // GRUPO DE ACORDEÓNS E VOCES “AROUSA BAY” 1.- Miudiño 2.- Celoso 3.- Alecrín 4.- Despierta 5.- Veinte años // ORQUESTRA DE PULSO E PÚA “AROUSA” 1.- Valsecitos del Perú 2.- Recordando a The Beatles 3.- Boleros eternos 4.- Paseo musical americano 5.- El huéped del sevillano (lagarteranas)///. RESULTOU UN ACTO MOI AGRADABLE. O NÚMERO DA RIFA AGRACIADO CO ÓLEO E A PEQUENA BIBLIOTECA QUE SE SORTEARON, FOI O NÚMERO 16 (DEZASEIS) TRANSCORRIDOS TRES MESES SE NINGUÉN RECLAMA O PREMIO, ACUMULARANSE OS OBXECTOS PREMIADOS PARA OUTRA POSIBLE RIFA QUE SE POIDA ORGANIZAR. GRAZAS A TODOS OS QUE COLABORARON NESTE ACTO SOLIDARIO.