Mostrando entradas con la etiqueta Mª del Carmen Abalo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mª del Carmen Abalo. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de junio de 2013

CONFERENCIA, POESÍA E CONCERTO NO LICEO CASINO

Hoxe, venres 28 de xuño de 2013, no Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa (Rúa Castelao, 5), desenvolveranse os seguintes actos culturais: - Ás 20:15 h.: CONFERENCIA de Santiago Losada Carregal, quen disertará sobre: 150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS, dita exposición estará ilustrada coa declamación de poemas de Rosalía de Castro por parte dos recitadores: Carmen Abalo e Enrique Brumbéck. // Seguidamente, ás 21:00 h.: CONCERTO do Coro Infantil e Xuvenil "Z. Kodály", dirixido polo mestre, Marco Lucato e acompañado polo pianista, Germán Jesús Torres Sánchez. Unha nova oportunidade cultural que nos brinda o Liceo Casino de Vilagarcía, tan precisado de que moitas persoas tomen a iniciativa de facerse socios, xuntos podemos!!///. A primeira imaxe, xentileza de FICHI. Unha vez celebrados os actos ofreceremos novas imaxes para ilustrar esta entrada.

domingo, 17 de febrero de 2013

XXIII MESA DAS VERBAS

O venres 15 de febreiro de 2013, ás 21:00 h. no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa tivo lugar a XXIII edición da Mesa das Verbas. Vintetrés meses seguidos duns recitais poéticos basados no exercicio libre e respectuoso da arte de versificar. Un grupo xa importante de asíduos que gozan coa declamación e lectura de poemas; mais, segue a ser un grupo aberto e acolledor de todos os amantes da lírica, aínda que sexan malos tempos para a lírica. Tratamos de disfrutar debullando versos e liberando emocións e sentimentos no ar. Nesta ocasión recitaron poemas: Graciela, Elisabeth Millán (declamou un poema en polaco, que logo explicou a todos os presentes), Tito Porto, Ramón Torrado, Tere Briones, Jesús Recio, Carmen Abalo, Andrea Fernández, Antonio Quiñoy, José González, María Palacios, Rafa Gómez, José Tizado, Jean Carballo, Carmen Darriba, Antonio Pinedo, Ángeles Conde, Porto (recitando e recuperando poemas do seu avó: Francisco Porto Rey), Manoel Xosé de Oliveira e Xermán Torres. (Houbo comentarios e pareceres, así como preparativos do especial da Mesa das Verbas, que se celebrará o 19 de abril, coincidindo coa XXV edición). Tivemos unha lembranza especial para unha poetisa e mestra vilagarciana, a mestra de Cea, coñecida como dona Carme, a do Sagrado Corazón. Leron os seus versos a súa filla Carmen Abalo Noya e Andrea Fernández "Nei". Recollemos uns versos do seu poema, A GALICIA, aparecido no seu libro póstumo: POESÍAS AGARIMOSAS: ¡Galegos a moita honra / con moita, moita alegría / para berrar moi forte: / que viva a nosa terriña! / A nosa terra, Galicia / terra da gran Rosalía... / ( Carmen Noya Gasamáns e Mª del Carmen Abalo Noya).