domingo, 17 de febrero de 2013
XXIII MESA DAS VERBAS
O venres 15 de febreiro de 2013, ás 21:00 h. no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa tivo lugar a XXIII edición da Mesa das Verbas. Vintetrés meses seguidos duns recitais poéticos basados no exercicio libre e respectuoso da arte de versificar. Un grupo xa importante de asíduos que gozan coa declamación e lectura de poemas; mais, segue a ser un grupo aberto e acolledor de todos os amantes da lírica, aínda que sexan malos tempos para a lírica. Tratamos de disfrutar debullando versos e liberando emocións e sentimentos no ar. Nesta ocasión recitaron poemas: Graciela, Elisabeth Millán (declamou un poema en polaco, que logo explicou a todos os presentes), Tito Porto, Ramón Torrado, Tere Briones, Jesús Recio, Carmen Abalo, Andrea Fernández, Antonio Quiñoy, José González, María Palacios, Rafa Gómez, José Tizado, Jean Carballo, Carmen Darriba, Antonio Pinedo, Ángeles Conde, Porto (recitando e recuperando poemas do seu avó: Francisco Porto Rey), Manoel Xosé de Oliveira e Xermán Torres. (Houbo comentarios e pareceres, así como preparativos do especial da Mesa das Verbas, que se celebrará o 19 de abril, coincidindo coa XXV edición). Tivemos unha lembranza especial para unha poetisa e mestra vilagarciana, a mestra de Cea, coñecida como dona Carme, a do Sagrado Corazón. Leron os seus versos a súa filla Carmen Abalo Noya e Andrea Fernández "Nei". Recollemos uns versos do seu poema, A GALICIA, aparecido no seu libro póstumo: POESÍAS AGARIMOSAS: ¡Galegos a moita honra / con moita, moita alegría / para berrar moi forte: / que viva a nosa terriña! / A nosa terra, Galicia / terra da gran Rosalía... / ( Carmen Noya Gasamáns e Mª del Carmen Abalo Noya).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario