domingo, 29 de abril de 2012
UN PARAÍSO CHAMADO GALICIA
Temos dito moitas veces que temos unha terra que non nos merecemos, Galicia rica en natureza e en paisaxes soberbios, entre outras moitísimas cousas, que na maioría dos casos, nin os propios galegos coñecemos nin valoramos nin coidamos como se debera.
Hai uns días fixemos unha viaxe pola cornisa cantábrica galega, chegando ata a fronteira con Asturias, visitando Vegadeo (terra natal dun dos mestres de Filgueira, D. Armando Cotarelo Valledor), Ribadeo, Viveiro, Foz, pricipalmente.
A primeira parada foi admirar e recorrer a praia das Catedrais, fermoso e salvaxe enclave marítimo. Un queda abraiado coa fermosura da paisaxe, coa súa bravura, cunha mar inmensa, forte, atractiva. O verde da terra co verde mar, as ondas ás veces furiosas, outras acariñando e facéndolle aloumiños á area ou batendo e ferindo ás rochas do acantilado... Que marabillosos intres contemplando tanta beleza, enchendo o peito co puro e salitroso aire mariño, sentindo a brisa nas meixelas...
Recomendo a visita á Mariña lucense. Lugo e Ourense as provincias da Galicia interior por descobrir e tantas veces descoñecidas para os propios galegos. Buscamos lonxe o que temos aquí preto. Galicia, unha terra por descobrir, unha terra para desfrutar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario