lunes, 23 de abril de 2012

XIII MESA DAS VERBAS - PRESENTACIÓN LIBRO EV.CALO

O pasado venres 13, celebramos a XIII Mesa das Verbas, no Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, onde ademais o noso compañeiro, Eduardo Víctor Castro López, "Ev.Calo" presentou o seu libro autobiográfico: MUXICAS DUN AROUSÁN. O poeta e editor, Fernando Luis Pérez Poza, fixo de mestre de cerimonias nesta presentación facendo a semblanza do autor e comentando esta nova publicación do seu fondo editorial./ Participaron nesta edición: - Ev.Calo - Fernando Luis Pérez Poza - Enrique Brumbéck - José Tizado - María Palacios - Isabel Pintos - Tito Porto - José González - Porto (neto de Porto Rei) - Carmen Abalo - Antonio Martínez Ferrer (poeta valencián) - Antonio Quiñoy - Ángeles Conde - Antonio Pinedo - Andrea Fernández, "Nei" - Gonzalo Bouza-Brey - José Luis Meléndez - Xermán Torres - Alfonso Saavedra.// ERGO OS MEUS OLLOS CARA O ALTO / Na honra de Ch. Chaplin polo seu O GRAN DICTADOR / Contemplo as estrelas,/ eu que sempre mirei cara o alto./ O ceo está limpo, escintilán os astros,/ Venus brila con máxima claridade. / Mira ao alto...,/ mira ao alto. / O que vexo aquí abaixo non me gusta,/ voitres que devoran os despoxos/ dos homes humildes/ que tratan de vivir do seu traballo. / Mira ao alto...,/ mira ao alto. / Os amos do mundo/ devoran aos fillos dos deuses,/ podredumes e andacios/ afectan ao mundo. / Mira ao alto...,/ mira ao alto. / Na noite escura do mundo/ miro abraiado cara ao alto./ Distingo na Osa Menor/ o norte; debemos coller o norte. / Mira ao alto...,/ mira ao alto.// (XERMÁN TORRES)

No hay comentarios: