lunes, 2 de abril de 2012
UNHA EXPERIENCIA GRATIFICANTE: CONTACONTOS NO PIÑEIRIÑO
Sempre pensamos que un colexio é unha comunidade educativa, onde o alumnado, as familias, e o profesorado teñen o seu lugar de encontro e un papel que desenvolver nel.
Nesta segunda experiencia de contacontos, no presente curso escolar, un grupo de pais e nais co patrocinio da ANPA "O PIÑEIRO" e coa colaboración do profesorado do CEIP "O PIÑEIRIÑO" de Vilagarcía de Arousa ofrecímoslle ao noso alumnado un novo conto, escrito, deseñado e vivido por uns entusiastas pais e nais. O acontecemento foi todo un éxito e nesta actividade vemos cousas moi positivas:
- Traballo conxunto e cooperativo entre os pais e as nais e o profesorado.
- Fonte de desfrute e expresividade para todos.
- Fomento da lectura, da escrita, da oralidade, da convivencia.
- Intercambio e traballo sobre valores e oportunidade da sociabilidade.
- Facer grupo, comunidade por medio de algo moi positivo.
- Traballo artístico, tecnolóxico, lingüístico, expresivo.
- Coñecemento da contorna.
- Oportunidade para o modelamento de conductas e actitudes.
- Sentar precedentes para motivar á participación na vida da escola.
- Posibilidade de extender e de replicar a experiencia.
- Proxección social.
En síntese, todos gozamos coa presencia de todos nun espectáculo sinxelo, non exento de calidade, onde cada un aportou o mellor de si mesmo. E sobre todo houbo moita calidade humana.
Grazas a todos por facernos pasar uns intres tan máxicos e tan ledos, e para descubrir que todos levamos un pallaso dentro de nós.
Visiten esta bitácora:
http://anpaopineiro.blogia.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario