sábado, 27 de octubre de 2012
MEDITACIONES SINFÓNICAS
(NA PRIMEIRA FOTOGRAFÍA, AO LONXE, ELIGIO SAÚDA AO DIRECTOR; NA SEGUNDA, CUNS AMIGOS ÁS PORTAS DO PAZO DA ÓPERA DA CORUÑA).
Trátase dunha Obertura composta por Eligio Vila (1943) por unha encarga da Orquestra Sinfónica de Galicia. O venres 26 de outubro de 2012, ás 20:30 h. e no Pazo da Ópera da cidade da Coruña, asistimos a súa estrea absoluta. Nela, unha vez máis, o noso amigo Eligio Vila amosa a súa exquisita, elitista sensibilidade e mestría para compoñer. A Obertura irrumpe dun xeito enérxico para introducirnos pouco a pouco nun ambiente etéreo e meditativo de reflexión. Altérnanse a potencia coa suavidade; a brusquedade coa templanza, como a vida mesma. Amósase un espírito de inquedanza e de búsqueda, de meditación. Unha música chea de matices, dunha gran riqueza tímbrica con mestura de estilos e de influencias, clasicismo, orientalismo; en definitiva, unha peza musical de gran beleza, cun final pletórico, obra de serena madureza. Eligio Vila, un compositor galego con gran dominio do seu arte e ao que lle agarda un gran futuro nos dominios de Euterpe. A obra constituiu un enorme éxito, o público agasallou á obra e ao seu autor con entusiastas aplausos e co agrado xeral do cheo absoluto do Pazo da Ópera da cidade herculina, nunha memorable xornada musical. Parabéns e noraboa para Eligio Vila, músico.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario