domingo, 15 de septiembre de 2013
XLI CERTAME AUDIOVISUAL DO LICEO CASINO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
O Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa é unha sociedade recreativa, socio-cultural e deportiva centenaria, que conta na actualidade con cerca de seiscentos socios. É unha entidade histórica e representativa de Vilagarcía, que debería contar co apoio de todos e máis nestes intres tan difíciles que estamos a vivir. Entre as múltiples actividades que a sociedade oferta aos seus socios e a toda Vilagarcía está o Certame Audiovisual Internacional de Cine Afeccionado que chega a súa corenta e unha edición, sendo un dos máis antigos de Galicia e mesmo de España. Agora recibe este nome CURTAS FILM FEST, nesta edición participan máis de trescentos films, corenta, aproximadamente, de animación. Eu participei nesta edición no xurado seleccionador, cando fun Vicepresidente e Secretario de Cultura do Liceo Casino participei na organización e desenvolvemento da XXXVIII e XXXIX edicións e como afeccionado ao cine sempre seguín de preto este festival de cine que coñeceu anos de esplendor no tempo das vacas gordas. Agora máis que nunca hai que apoiar este certame, todos: O Liceo Casino, o Concello, a Deputación, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación e Cultura e habería que tocar tamén a Admón. da Unión Europea, se non botamos todos unha man, todo pode esmorecer e desaparecer definitivamente; sería unha mágoa. Nesta edición outorgóuselle ao Certame a prestixiosa medalla LUMIÈRE, estamos, pois, de noraboa. O venres 13, comezaron as proxeccións ao público no marco da Praza de Galicia, o que é un acerto (hai que achegar o certame ao público) e dita praza é actualmente a ágora de Vilagarcía. (Penso que o mes máis axeitado para a celebración do certame, é o mes de agosto, no marco das festas patronais de San Roque). Seguiron as proxeccións o sábado 14, sempre en horario das 20:30 h., bastante público puído gozar dalgúns dos films presentados a concurso. Hoxe domingo, no mesmo sitio se non chove, senón no Auditorio Municipal, ás 20:00 h. Gala de Entrega de Premios coa presentación e actuación do actor vilagarcián, Josito Porto, e a participación da Banda de Música de Vilagarcía que interpretará unha serie de Bandas Sonoras de películas moi coñecidas. Finalizado o acto, haberá un viño español para os galardoados, autoridades e invitados no Club de Mar de Vilagarcía de Arousa. Todos co Certame, todos co Liceo Casino; é moi necesario.
PALMARÉS DO FESTIVAL: Os premiados recibiron a cantidade económica estipulada nas bases e un trofeo de Sargadelos da serie As Meninas. As películas premiadas foron: AHORA NO_HD (mellor película novel) / UN MONDE MEILLEUR (mellor curta de ficción) / ALFRED & ANNA (mellor curta de animación).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario