miércoles, 4 de septiembre de 2013

XXX MESA DAS VERBAS NO CENTRO COMERCIAL AROUSA

Este venres 6 de setembro, ás 21:00 h. celebraremos a XXX MESA DAS VERBAS na primeira planta do Centro Comercial Arousa, no parque da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, preto do Comercio OS TELARES. Seguiremos o seguinte guión: 1.- Actuación do Coro VOCES AMIGAS de Vilagarcía, dirixido por Chiruca Rivera, que interpretará tres cancións; 2.- Presentación do libro de Antonio Quiñoy: AMORES, PIROPOS, HOMENAJES; 3.- Recital poético XXX MESA DAS VERBAS; 4.- Poñerá fin ao acto o Coro VOCES AMIGAS interpretando outras tres cancións. // Agradecemos a acollida e colaboración ao Centro Comercial Arousa, aos nosos compañeiros e amigos Antonio Pinedo e Ángeles Conde, artífices desta edición e tamén manifestamos, unha vez máis, a nosa gratitude ao Concello de Vilagarcía de Arousa pola súa axuda co préstamo da megafonía e o auxilio técnico dos funcionarios municipais. Tamén gracias aos medios de comunicación que difunden este acto. E como non, mil gracias aos amantes da poesía que se veñen dando cita, mes tras mes, e xa van trinta./// Unha vez celebrado, colgaremos aquí unha reportaxe gráfica.
Nesta ocasión, recitaron poemas os seguintes amantes da poesía: Antonio Quiñoy, Jean Carballo, Begoña Moldes, Rafa Gómez, Juan José Porto, Finita, Manoel Xosé, Tere Briones, Ángeles Conde, Antonio Pinedo, Ventura Santórum, Mª José Rubianes, Eduardo Víctor Castro López, Tito Porto, José González e a súa dona, Maruxa Ribadulla, Alejandro Guanella, José Luis Meléndez, Carmen Abalo, Enrique Brumbéck, Augusto Guedes, Jesús Recio, José Tizado, Ramón Torrado, Andrea Fernández "Nei", Xermán Manoel Torres. // Grazas a todos os que contribuiron para que tiveramos a sorte de gozar duns intres poéticos e musicais inesquecibles. /// As fotografías desta reportaxe son de Manoel Xosé de Oliveira, membro do Grupo Poético "Brétema" de Vigo e asiduo participante e colaborador da MESA DAS VERBAS.

No hay comentarios: