jueves, 26 de septiembre de 2013
CUMPRIR AS PROMESAS
O pasado domingo 15 de setembro de 2013, na Gala de Clausura do XLI CURTAS FILM FEST do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa e no viño español ofrecido posteriormente no Club de Mar, as autoridades presentes: o Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole; a Concelleira de Cultura e Educación, Rocío Llovo; e o Presidente da Fundación Lumière, Antonio Mayoralas (que figuran nas imaxes xunta ao Presidente do Liceo Casino, Antonio Castro)comprometeron todo o seu apoio para que o certame audiovisual ou festival de cine non desapareza, senón todo o contrario, sairá reforzado e axudarán para relanzalo e que acade todo o esplendor e éxito posibles, que botarán unha man para conseguir todas as axudas das que é merecente. É unha experiencia, a do Liceo Casino de Vilagarcía, xa veterana, un dos festivais de cine máis antigos de Galicia e mesmo de España, que necesita a axuda e a colaboración de todos, a sétima arte e a súa maxia deben continuar; todas as manifestacións culturais e artísticas son a verdadeira riqueza dos pobos. Como vilagarcián, seguidor deste certame dende hai moitos anos e como socio do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa tómolle a palabra ás nosas autoridades locais e ao Presidente da Fundación Lumière, que vén de concederlle a medalla Lumière ao Certame, e agardo que cumpran as súas promesas, comprobarémolo o vindeiro ano (2014) na XLII edición deste festival de cine.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario