Mostrando entradas con la etiqueta Vilaxoán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vilaxoán. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de julio de 2013

XXVIII MESA DAS VERBAS EN VILAXOÁN

O VENRES 19 DE XUÑO DE 2013, ÁS 21:00 H., CELEBRAREMOS A XXVIII MESA DAS VERBAS NA PRAZA DE RAFAEL PAZOS DE VILAXOÁN. NUNHA NOVA EDICIÓN DE POESÍA NA RÚA, AGARDAMOS XUNTARNOS OS AMIGOS DA POESÍA. UNHA VEZ CELEBRADO ESTE RECITAL POÉTICO, INCLUIREMOS UNHA PEQUENA REPORTAXE GRÁFICA.
Neste novo recital da serie da Mesa das Verbas, lemos poemas os seguintes amantes da poesía: Andrea Fernández "Nei", Tito Porto, Carme Darriba, José González, Carmen Abalo, Víctor Castro "EvCalo", Tere Briones, Ramón Quintáns, María Palacios, Antonio Quiñoy, Mª Xosé Rubianes, José Tizado, Finita, Porto, Jean Carballo, Rafa Gómez, Manoel Xosé, Xermán Manoel Torres. E ata outra millorada, como dicía Álvaro Cunqueiro. (Agradecemos ao Concello de Vilagarcía de Arousa e aos seus funcionarios a colaboración prestada nos permisos e autorizacións, na cesión da megafonía e no auxilio que nos prestou neste aspecto o amabilisimo funcionario e técnico electricista, D. Manuel Durán, os traballadores municipais que colocaron e recolleron as cadeiras). Quizais o menos positivo foi que o pobo de Vilaxoán con todas as actividades que coincidían non asistíu en gran número, aínda que algún vilaxoanés e vilaxoanesa si houbo. Ao principio e ao final do recital tivemos unha lembranza para todos e todas os traballadores da conserva que perderon ou teñen conflicto co seu posto de traballo (lembramos especialmente ás traballadoras de Peña e de Cuca) e todas as persoas que viven do mar concretamente en Vilaxoán, algúns poemas foron unha homenaxe aos pescadores, á Virxe do Carme, súa patrona e a todo o pobo de Vilaxoán que sabe cantar como ningún outro pobo, citouse o Vilaxoán Canta, que concretamente se celebrará o vindeiro luns, a partires das 20:00 h. Viva Vilaxoán, érguete Arousa!

viernes, 1 de marzo de 2013

A VILAGARCÍA DE AROUSA (1913-2013)

Vilagarcía de Arousa ben te podes loar / que Santiago con ser Santiago / non ten porto de mar. // Vilagarcía, cidade do Xiabre, / nos seus pazos vizosas camelias, / o loureiro en Cortegada, / no seu mar, camelias salgadas. // A Ría ten uns lunares / que fan fermoso o seu rostro, / moi preto de nós / ten ás Malveiras / e outro grande lunar, / moi belido e moi ben posto, / Cortegada quédalle ben / á faciana de Arousa. // Xa se oen ao lonxe/ as campás de San Martín de Sobrán/ para chamar e festexar / aos garridos mariñeiros de Vilaxoán. / Tres veleiros moi fermosos / surcan a nosa bahía, / Vilaxoán, Carril, Vilagarcía,/ tres vilas unidas nesta longa travesía; / xuntas forman o mellor da nosa Ría! Nesta panorámica de Manuel Vega comprobamos en que lugar tan fermoso temos a sorte de vivir, un dos dedos de Deus quedou impreso na nosa belida Ría, da que forma parte o Concello de Vilagarcía de Arousa, que hoxe cumple cen anos. Felicidades para todos e mil primaveras máis para o noso Concello. Traballemos por unha mellor situación social, démoslle a mocedade un futuro, traballo para todos e seguridade aos nosos maiores. O noso Concello ten potencial, non agochemos tan valioso tesouro e SAÚDE E POESÍA.