jueves, 18 de julio de 2013

XXVIII MESA DAS VERBAS EN VILAXOÁN

O VENRES 19 DE XUÑO DE 2013, ÁS 21:00 H., CELEBRAREMOS A XXVIII MESA DAS VERBAS NA PRAZA DE RAFAEL PAZOS DE VILAXOÁN. NUNHA NOVA EDICIÓN DE POESÍA NA RÚA, AGARDAMOS XUNTARNOS OS AMIGOS DA POESÍA. UNHA VEZ CELEBRADO ESTE RECITAL POÉTICO, INCLUIREMOS UNHA PEQUENA REPORTAXE GRÁFICA.
Neste novo recital da serie da Mesa das Verbas, lemos poemas os seguintes amantes da poesía: Andrea Fernández "Nei", Tito Porto, Carme Darriba, José González, Carmen Abalo, Víctor Castro "EvCalo", Tere Briones, Ramón Quintáns, María Palacios, Antonio Quiñoy, Mª Xosé Rubianes, José Tizado, Finita, Porto, Jean Carballo, Rafa Gómez, Manoel Xosé, Xermán Manoel Torres. E ata outra millorada, como dicía Álvaro Cunqueiro. (Agradecemos ao Concello de Vilagarcía de Arousa e aos seus funcionarios a colaboración prestada nos permisos e autorizacións, na cesión da megafonía e no auxilio que nos prestou neste aspecto o amabilisimo funcionario e técnico electricista, D. Manuel Durán, os traballadores municipais que colocaron e recolleron as cadeiras). Quizais o menos positivo foi que o pobo de Vilaxoán con todas as actividades que coincidían non asistíu en gran número, aínda que algún vilaxoanés e vilaxoanesa si houbo. Ao principio e ao final do recital tivemos unha lembranza para todos e todas os traballadores da conserva que perderon ou teñen conflicto co seu posto de traballo (lembramos especialmente ás traballadoras de Peña e de Cuca) e todas as persoas que viven do mar concretamente en Vilaxoán, algúns poemas foron unha homenaxe aos pescadores, á Virxe do Carme, súa patrona e a todo o pobo de Vilaxoán que sabe cantar como ningún outro pobo, citouse o Vilaxoán Canta, que concretamente se celebrará o vindeiro luns, a partires das 20:00 h. Viva Vilaxoán, érguete Arousa!

3 comentarios:

Manoel Xosé dijo...

Unha boa e apacible xornada poética en un marco privilexiado: vila mariñeira de Vilaxoán. Os meus parabens o Liceo Casino i a sua alma mater: Xermán e Ney.

Quedan a vosa disposición os dous vídeos que se fixeron de dito evento, nos seguintes enlaces:

http://youtu.be/zdcV62bQlD8

http://youtu.be/zdcV62bQlD8

Unha aperta, Manoel Xosé

Manoel Xosé dijo...

Unha boa e apacible xornada poética en un marco privilexiado: vila mariñeira de Vilaxoán. Os meus parabens o Liceo Casino i a sua alma mater: Xermán e Ney.

Quedan a vosa disposición os dous vídeos que se fixeron de dito evento, nos seguintes enlaces:

http://youtu.be/zdcV62bQlD8

http://youtu.be/zdcV62bQlD8

Unha aperta, Manoel Xosé

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Sempre é un pracer compartir contigo, Manoel Xosé, e co grupo Brétema uns intres de amizade e poesía. En Vilagarcía, a túa patria, estamos moi compacidos de contar contigo e co teu grupo poético de Vigo.

Amigo e amigos, SAÚDE E POESÍA,

Xermán Manoel Torres